De Vacas

A nova imaxen promocional de De Vacas (Foto: De Vacas).
star
CULTURA

De Vacas homenaxea as 'divas' da música

O cuarteto De Vacas abriu en Compostela a súa nova xira, ‘Rebobina Divas Live’, un paseo polas mellores voces femininas da música pop mundial das últimas décadas coa ollada humorística e irreverente desta formación. Inés Salvado, Faia Díaz, Paula Romero e Guillerme Fernández apostaron, desta vez, por unha coidada escenografía que levarán por todo o país a partir deste mes.