Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
A candidatura 'Coidando a Casa' impúxose á de 'Entre todas' nas votacións celebradas esta fin de semana ao obter case 60% dos apoios (1.596 sufraxios). A lista liderada por David Bruzos logrou o voto de 1.098 persoas inscritas (40,7%). Esta candidatura esixe unha auditoría independente antes da proclamación definitiva dos resultados: "Denunciamos indicios claros de falta de imparcialidade".
David Bruzos, candidato da lista Entre Todas ao Consello das Mareas, reaxiu ao anuncio das medidas anunciadas o sábado após a reunión do órgano de dirección de En Marea, que considera “unha farsa”, ao se atopar “en funcións”. Afirma que os responsábeis da situación do partido “teñen nomes e apelidos, son Luís Villares e a actual Coordinadora”.
O cartaz de Entre Todas —a candidatura do sector crítico que compite coa de Luís Villares pola direccion de En Marea— pon en dúbida a imparcialidade do responsábel da custodia do censo, Gonzalo Rodríguez. "Non se pode separar a intervención de Gonzalo Rodríguez da de Luís Villares", dixo esta terza feira David Bruzos.
Non é seguro que as primarias se vaian realizar finalmente esta fin de semana. A dirección da confluencia —informou o integrante da Comisión de Garantías Gonzalo Rodríguez en conferencia de imprensa— quer introducir novas medidas de seguranza no sistema. Os resultados das autorías encarregadas pola Comisión de Garantías, xa en mans deste órgano, apuntan a que dous membros do comité electoral, controlado polo sector crítico, si que terían accedido ao censo, a pesar de non teren autorización para o facer. Con todo, non hai indicios de alteración dos datos das persoas inscritas.
A partir das 11 horas do sábado o sistema electrónico para a votación interna de En Marea ficou suspendido por decisión da actual dirección do partido por unha presunta “intrusión” no censo electoral.
Coidando a Casa, a candidatura encabezada por Luís Villares, dá por suspendidas as eleccións primarias ante a resolución da Comisión de Garantías, que apreciou irregularidades no censo de inscritas e inscritos. Entre Todas, a lista encabezada por David Bruzos, continúa co calendario previsto e ás 12 horas valorará a xornada electoral.
David Bruzos (Ourense, 1979) encabeza a candidatura Entre Todas ao Consello das Mareas. Este profesor de Física e Química, ex deputado no Congreso español durante a efémera undécima lexislatura, fala da necesidade de recuperar a “ilusión” do que cualifica como “espazo de cambio” e nega que a súa lista sexa froito dun pacto de cúpulas, como critica Villares. “Aquí non sobra ninguén”, reafirma.
A candidatura 'Entre Todas' ao Consello das Mareas presentouse en Compostela.
As primarias de En Marea están en marcha e o confronto non ten volta atrás. Esta segunda feira, Luís Villares, candidato á reelección ao fronte da candidatura Coidando a Casa, puxo directamente no albo Podemos Galicia, a quen atribúe intencións de controlar a confluencia. As primarias son sinteticamente o combate entre dous modelos distintos de organización: ou o soberano ou o dependente, veu dicir.
O exdeputado ourensán no Congreso encabeza a candidatura pactada entre Podemos, Esquerda Unida e as marés de Compostela, Ferrol e A Coruña. Villares incorpora na súa lista varios deputados no Parlamento e a eurodeputada Lidia Senra.