Daveiga

Deleite, Caixa Rural Galega e Daveiga traballan e comunican en galego. (Fotos: Arxina | Nós Diario)
LINGUA

A actividade económica acrecenta o uso do galego

O Consello da Cultura Galega (CCG) conmemora esta terza feira o 25 aniversario dos Encontros para a Normalización Lingüística cunha nova achega centrada no ámbito socioeconómico. 'Economía, lingua e sustentabilidade' é o título da xornada que dará conta das iniciativas normalizadoras de máis dunha ducia de profesionais e empresas da Galiza arredor da lingua.
Xosé Lois Lamazares é o coordinador xeral de Daveiga. (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Xosé Lois Lamazares: "O futuro pasa por potenciar proxectos vencellados ao territorio"

As galletas mariñeiras de Daveiga son un clásico da alimentación na Galiza. Este aperitivo, que recolle a tradición do centenario 'pan de barco', triunfa en Portugal e comeza a destacar no resto do mundo. A empresa, aliás, non é como outra calquera do sector: aposta por un modelo de economía social, que fomenta o desenvolvemento local e no que as persoas traballadoras son tamén propietarias. Xosé Lois Lamazares é o seu coordinador xeral.