custodia

ria muros noia
SOCIAL

Arquivan a denuncia contra a xuíza que quitou a custodia a unha nai por vivir na “Galiza profunda”

O Consello Xeral do Poder Xudicial acordou na sexta feira o arquivo da denuncia interposta contra a titular do Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Marbella pola letrada dunha muller á que privou da garda e custodia do seu fillo ao considerar que no auto se empregaban expresións, como a da "Galiza profunda", que podían ser constitutivas dunha infracción das previstas na Lei Orgánica do Poder Xudicial.

O pleno do Parlamento galego aprobou o ditame da comisión de reactivación da Galiza.
SOCIAL

BNG insta a Xunta a "actuar" ante o auto sobre custodia na “Galiza profunda” e impulsa unha declaración no Parlamento

Pontón mostra o seu apoio á nai de Muros á que se lle cuestiona a custodia e reivindica o valor do rural galego fronte a "prexuízos"

SOCIAL

Denuncian eivas na custodia do presunto autor do crime machista de Ourense

O Sindicato Unificado da Policía advirte de que un só axente realiza a vixilancia no hospital onde continúa ingresado o agresor. A xuíza decretou prisión provisional sen fianza á espera de que poda declarar.

Custodia compartida e separación de bens

Galicia, por tradición histórica e por expresa atribución estatutaria, desfruta de competencias exclusivas no ámbito do Dereito Civil propio. Na historia da autonomía xa se promulgaron dúas regulacións xerais, contidas en cadansúas leis do 1995 e 2006.

Països Catalans

Unha xuíza retira a custodia dunha nena á nai ''polas dificultades'' de aprender catalán

A muller mudouse de Tenerife a Barcelona e a sentenza sinala que a crianza terá problemas de adaptación ao ter que aprender a lingua propia da Catalunya, malia que o translado se debe a que conseguiu un emprego que a quitou do paro. 

Proxecto Ríos
Galiza

A custodia compartida dos ríos

Canda sete asociacións, ADEGA promoveu o proxecto de “Custodia Fluvial no Ulla, Umia, Lérez” que desenvolveu iniciativas de recuperación, conservación e promoción dos tres ecosistemas fluviais. Agora presentan un balance no que destacan, en especial, a corresponsabilidade diante dos rios, o achegamento e o compromiso da cidadanía co seu patrimonio natural. 

Proxecto Ríos
Galiza

A custodia compartida dos ríos

Canda sete asociacións, ADEGA promoveu o proxecto de “Custodia Fluvial no Ulla, Umia, Lérez” que desenvolveu iniciativas de recuperación, conservación e promoción dos tres ecosistemas fluviais. Agora presentan un balance no que destacan, en especial, a corresponsabilidade diante dos rios, o achegamento e o compromiso da cidadanía co seu patrimonio natural. 

Custodia compartida da dependencia

O Tribunal Supremo estableceu a custodia compartida da descendencia da parella como regra. Aducen o interese superior do menor, cando, nunha grande parte dos casos é o interese do maior, do pai que maltratou a nai e as criaturas, ou mesmo dun pai incestuoso.  Unha condena horripilante para a/o menor.

elisabeth
SOCIAL

O Concello da Coruña dille a Elisabeth Sanlés que "non ten pisos" para lle ofrecer

Segundo os dados de Stop-desafiuzamentos, son 20.000 as vivendas que están baleiras na cidade. En conversa con Sermos Galiza, Sanlés dixo atoparse "con moito ánimo" e "moi avergoñada" pola acción dos antidisturbios que blindaron seu despexo.

Països Catalans

Deputada do PP nas Illes ameaza a nais e pais con lles quitar a custodia das crianzas se seguen coa greve do ensino

Publicou un chío no Twitter coa advertenza dando por certo o que conta un columnista de 'El Mundo' que define a greve como unha ''tropa soberanista nutrida de descerebrados'. O protesto iniciouse hai máis dunha semana após a aprobación do decreto do 'Tratamento integral das linguas', que reserva para o catalán nas aulas a mesma porcentaxe, o 33%, que para español e inglés. 

A controvertida custódia compartida

Não temos precedentes ainda que nos ensinem como amar depois de ter amado.

Gallardón
SOCIAL

Gallardón impón a custodia compartida aínda contra a vontade das nais e dos pais

Na reforma do Código Civil que aprobou o Concello de ministr@s a mediación familiar aparece como procedemento preferente para resolver conflitos pola custodia das crianzas