Curso de horta na casa

Durante o outono debemos fertilizar e reparar os terreos e bancais. (Foto: Adobestock)
star
SOCIAL

Curso de horta na casa: Preparar o horto para a seguinte tempada

Cando chega o outono e remata a tempada de colleitas segue a haber moito traballo na horta para deixala preparada de cara á seguinte tempada. Aínda que non hai moitos cultivos que poidamos sementar nos meses de outono si que podemos ir facendo labores de preparación e mantemento do terreo, que nos axudará a que a seguinte tempada sexa moito máis proveitosa.
Os tarros de cristal son perfectos para conservar alimentos e sementes. (Foto: Adobestock)
star
SOCIAL

Curso de horta na casa: Técnicas para conservar alimentos

En breve chegará o verán e con el a máxima época de produción da horta, despois de meses e semanas de moito traballo, a terra comeza a agasallarnos os froitos de todo o sementado. O problema é que non fai unha regulación natural de cultivos, senón que adoitan nacer todos xuntos salvo que fixeramos unha planificación excelente que nos permita obter escalonadamente a cantidade xusta e precisa dos alimentos que somos quen de consumir. No caso de non ser así, o habitual é que nesta época nos encontremos cunha gran cantidade de vexetais e hortalizas que precisan un oco no noso fogar.
Os porros, cebolas, allos e cenorias arríncanse de raíz. (Foto: Pexels)
star
SOCIAL

Curso de horta na casa: Consellos para unha boa colleita

Se algo esperamos con ansia despois de meses de traballo e esforzo é o momento da colleita. Lograr por fin ver os nosos produtos medrados e sans é das cousas máis satisfactorias de plantar un horto ao igual que o momento de preparalos, cociñalos e consumilos. Pero para recoller debemos ter diversas cuestións en conta, xa que poderemos estragar o traballo de tantos meses se realizamos mal o apañado ou conservado, podendo perder a colleita.
Bancal con acolchado. (Foto: Eva Cameán)
star
SOCIAL

Curso de horta na casa: Malas herbas na horta

Aínda que nas leccións anteriores vimos que non hai herba mala e que a maioría de plantas, mesmo as silvestres, proporcionan infinidade de propiedades beneficiosas na horta, o certo é que non por iso debemos descoidarnos e deixar que estas medren en calquera parte. Para que os cultivos crezan fortes deben ter espazo para desenvolverse e contar cun substrato aireado e brando. É por isto que as herbas silvestres que medren polo medio dos cultivos poden ser transmisoras de pragas e enfermidades, competir cos nosos cultivos sacándolles nutrientes e humidade, ademais de compactar o terreo restándolles osíxeno e espazo, dificultando que os cultivos se desenvolvan de modo óptimo.
Botellas reutilizadas para fabricar un horto vertical. (Foto: Adobestock)
star
SOCIAL

Curso de horta na casa: Recoller herbas medicinais

Na lección pasada vimos algúns exemplos de herbas medicinais que son sinxelas de plantar e cultivar, mais tamén vimos plantas e herbas, como por exemplo a menta ou o dente de león, que nacen silvestres en moitos lugares. Hai moitas máis plantas que as tratadas anteriormente con innúmeras propiedades e que son grandes aliadas na cociña e para a saúde, e os meses de primavera e verán son perfectos para abastecer a nosa caixa de urxencias natural e ter herbas para todo o ano. Para isto debemos informarnos correctamente de que plantas queremos obter e asegurarnos ben da súa identificación

Pneumáticos reconvertidos en testos e bancais. (Foto: Adobestock)
star
SOCIAL

Curso de horta na casa: O horto medicinal

As plantas silvestres empréganse na alimentación e na medicina desde tempos inmemoriais, debido ás súas propiedades, en moitos casos xa coñecidas e recoñecidas pola maioría da sociedade (como, por exemplo, a macela ou o té), pero abranguen máis do que imaxinamos. Na antigüidade xa se coñecían as propiedades de moitas plantas para mellorar a saúde e para o seu uso como condimentos perfectos na cociña. Mais as plantas medicinais non só poden medrar e apañarse de forma silvestre, senón que tamén as podemos cultivar no noso horto, dispondo, desta maneira, de gran variedade de plantas e beneficios a un paso.
Tubo de PVC reciclado como testo para amorodos. (Foto: Adobestock)
star
SOCIAL

Curso de horta na casa: Flores comestíbeis

Cultivar flores comestíbeis na horta, xardín ou interior resulta moi sinxelo ademais de divertido, xa que son cultivos que nos alegran a vista e que fan a nosa horta ou fogar moito máis fermosos, pero tamén serven como complementos perfectos aos nosos pratos, engadíndolle novos sabores, texturas e cores que farán da cociña un momento divertido e no que probar novas experiencias. Ademais, as flores e as plantas aromáticas teñen unha infinidade de propiedades, vitaminas e nutrientes que farán a nosa dieta moito máis completa e equilibrada.
Madeira convertida en fermosos testos para o xardín. (Foto: Adobestock)
star
SOCIAL

Curso de horta na casa: Aliados naturais na horta

Na horta contamos cun gran número de aliados naturais que fan que os nosos cultivos crezan sans e fortes. Aliados que axudan a loitar contra pragas, outros que favorecen a polinización... pero o certo e os insectos, aves e plantas que interveñen positivamente nas nosas hortas vense cada vez máis limitados e en maior perigo debido á destrución dos seus hábitats, usos de pesticidas, insecticidas e produtos nocivos que acaban coas súas vidas. É por iso que debemos tentar favorecer a biodiversidade da nosa horta e tentar convertela nun verxel de vida onde animais e plantas formen un tándem perfecto.
As xoaniñas son un depredador natural dos pulgóns (Foto: Pexels)
star
SOCIAL

Curso de horta na casa: A saúde da horta

Nunca faltan entre as preocupacións na horta as enfermidades e pragas que adoitan afectar os cultivos e que, no caso de non sermos quen de diagnosticalas a tempo, poden provocar que perdamos a colleita ou unha determinada planta. As enfermidades e pragas acostuman provocar un crecemento anormal da planta, ou interferencias no seu correcto desenvolvemento, podendo chegar a causar a súa morte.
A regadeira é moi útil en interior e exterior (Foto: Pexels)
star
SOCIAL

Curso de horta na casa: o regado

Unha das cuestións que máis nos adoitan preocupar cando temos plantas ou cultivos ao noso cargo é cantas veces temos que regar e a cantidade de auga que cómpre proporcionar, xa que a auga é imprescindíbel e esencial para a vida, mais de excedérmonos, podemos encharcar os cultivos e favorecer que contraian enfermidades como fungos. A resposta é moi sinxela: débese regar as plantas e cultivos cando o precisaren. Mais a isto cómpre engadir matices que veremos ao longo desta lección. 

É moi importante respectar as distancias de cultivo na horta (Foto: Freepick)
star
SOCIAL

Curso de horta na casa: Como planificar correctamente a horta?

Comezamos a cultivar a nosa horta e é moi importante planificala e estabelecer o lugar, distancias e capacidade dos espazos onde vaiamos situar os cultivos xa que, dependendo da especie, esta precisará duns coidados ou doutros, unhas distancias maiores ou menores, máis capacidade ou menos etc. Outra cuestión a ter en conta é a asociación de cultivos, é dicir, que plantas se poden situar perto entre si ou mesturadas con outras para que ambas se beneficien.

mini invernadoiros feitos con garrafas
star
'Mans á terra'

Curso de horta na casa: cultivos sinxelos para iniciarse

Se miramos o noso redor e observamos un pouco, darémonos conta da infinidade de elementos aos que podemos dar unha segunda vida na horta. Uns deses elementos son as garrafas de auga. Son perfectas para fabricar mini invernadoiros que protexan os cultivos e acheguen a calor necesaria aos semilleiros. Debido ao seu tamaño e a que son transparentes, cumpren estas funcións á perfección. O único preciso para utilizalas é cortar a base para poder encaixalas sobre os cultivos. Recoméndase facer algúns buratos pequenos para que transpire e evitar así a proliferación de fungos. Outro uso das garrafas é enchelas de terra e facerlles uns buratos duns 3 ou 4 cm de diámetro para, desta maneira, poder ter un recipiente para plantar fresas. 
Neste mes podes transplantar ao exterior cultivos como os pementos. (Foto: Pexels)
star
SOCIAL

Curso de horta na casa: a horta en abril

O mes de abril é un dos máis importantes na horta, xa que nel xúntase gran cantidade de traballos, desde colleitar a sementar ou transplantar. Neste mes adoitamos sufrir menos descensos térmicos e menos xeadas que poidan estragar os cultivos, mais aínda así nunca podemos estar seguros de non sufrilas polo que haberá cultivos que deberemos protexer se os plantamos no exterior. Ademais, este mes é perfecto para plantar algunhas flores comestíbeis e menciñeiras como a caléndula, a capuchiña ou os pensamentos. Servirán de aderezo e tamén como control de pragas.

sementeira
star
SOCIAL

Curso de horta na casa: cultivar desde a semente

Para comezar a cultivar os nosos propios alimentos temos diversas opcións para escoller. Facelo a través de sementes que previamente debemos xermolar ou mercar directamente o plantón xerminado, o cal soamente precisará ser transplantado á súa situación definitiva.
Unha horta en Sanxenxo (Imaxe: P.Lameiro na Wikipedia).
star
SOCIAL

Curso de horta na casa: elixir correctamente o lugar para cultivar

As botellas de plástico son uns dos elementos máis comúns en moitos fogares. A auga embotellada, os refrescos, os produtos de limpeza... case todo vén en envases plásticos, producindo un gasto enerxético e unha cantidade de residuos alarmantes. Polo que imos descubrir como darlles un segundo uso. As botellas de plástico teñen moitas utilidades na horta, por exemplo: 1. Cortándoas para usar como pequenos testos para facer sementeiros tanto en vertical como en horizontal. 2. Se son transparentes, podemos recortar a parte inferior e usalas como pequenos invernadoiros para os cultivos. 3. Enchéndoas de area ou terra e usándoas para fabricar os bancais (é dicir, como unha especie de ladrillos que irán enterrados ao redor dos bancais para que termen da terra)