Semente Trasancos mestura música e poesía nun libro-cd
Guadi Galego presentará o número cero de Nós Diario no Culturgal
O Culturgal 2019 aposta pola cultura “diversa e accesíbel”
O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle, un ano máis, a Feira das Industrias Culturais da Galiza (Culturgal), que se desenvolverá entre os días 29 de novembro e 1 de decembro. Nesta edición, a organización quixo demostrar que se trata dun certame “sen estereotipos” elaborando unha programación marcada pola diversidade.
A poesía que se soña no Courel
O sector cultural selecciona tres proxectos referente pola súa actividade no país
Volve Marful
Marful volve aos escenarios o sábado 30 de novembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra, dentro da programación da Culturgal. Neste agardado reencontro a banda estará acompañada de Sabela Ramil, quen interpretou o tema Tris-Tras na final de Operación Triunfo.
A nova edición do Culturgal fará unha reestruturación “profunda” de espazos e contidos
Sermos O Diario Galego, no Culturgal
Sermos O Diario Galego ten caseta propia na 11 edición do Culturgal que está a ter lugar nesta primeira fin de semana de decembro. Podes adquirir os libros publicados por Sermos Galiza, S.A. e subscribirte ao proxecto para lanzarmos o diario en papel en 2019.
Todo pronto para o Culturgal 2018
A sexta feira 30 de novembro dará comezo a undécima edición do Culturgal no Pazo da Cultura de Pontevedra. Durante toda a fin de semana o público poderá visitar máis de 80 postos adicados ás Industrias Culturais.
A Casa de Rosalía gaña o premio do público do Culturgal 2018
Foi a escollida, por diante do Chanfaina’Lab e a Rede Cultural da Deputación de Cultura
Finalistas do Premio do Público Culturgal
O público do Culturgal, a feira das industrias culturais de Galiza que decorrerá a primeira fin de semana en Pontevedra, optará entre tres proxectos para outorgar o seu galardón: a Casa Museo de Rosalía de Castro, o Chanfaina Lab de San Sadurniño e a Rede Cultural da Deputación da Coruña.
O Culturgal abre o prazo para recibir propostas de programación
Culturgal, a feira galega das industrias culturais, atinxirá o vindeiro mes de decembro a súa décimo primeira edición. Farao baixo o lema Ti levas o compás. Agora acaba de abrir o prazo para recibir porpostas de programación, que se estenderá ate outubro.
Xulio Amigo toma o relevo de Bragado no Culturgal
Xulio Amigo será o novo presidente de Culturgal. Asume o cargo en substitución de Manuel Bragado, que dirixiu a asociación responsábel da feira das industrias culturais entre 2014 e este ano. Amigo é, ademais, o director comercial da emblemática Editorial Galaxia.
O Culturgal celebra a súa edición máis especial
Chega a cita máis esperada do ano no ámbito da cultura, o Culturgal, que neste 2017 fai o seu décimo aniversario. Sen dúbida, é este o proxecto coa rede máis ampla de colaboradoras e colaboradores institucionais, asociativos e empresariais. O Culturgal conmemora os seus dez anos cunha edición que presenta dúas novidades: a maior presenza da cultura portuguesa e a participación das artes plásticas contemporáneas. Eis un extracto da información publicada no Sermos en papel.
A décima edición de Culturgal contará con Portugal como cultura convidada
A décima edición do Festival Culturgal, que se desenvolverá no Pazo da Cultura de Pontevedra, terá lugar entre os días 1 e 3 de decembro. Esta edición estará marcada pola participación do país veciño como cultura convidada e pola adhesión do espazo Arte Contemporánea na programación da feira.
Adeus ao Culturgal coa cabeza posta no décimo aniversario
O Culturgal deste ano despediuse até o vindeiro ano repetindo cifras de público e apuntando cara a novos retos no futuro. E tomen nota xa: en 2017 -será do 1 ao 3 de decembro- Culturgal cumpre dez anos e prometen afrontar novos retos.
O Culturgal marca a axenda da finde
A fin de semana chámase desta volta Culturgal. A grande feira decorre durante a finde en Pontevedra. Mais non todo se esgota no Pazo de Cultura da cidade do Lérez. A oferta destes días pasa tamén pola Festa da Chanfaina, monólogo de Pepo Suevos e diversos espectáculos teatrais ou exposición
Xa está aquí o Culturgal, o maior escaparate da cultura galega
Hoxe, no Pazo de Cultura de Pontevedra, abre as súas portas o Culturgal, o maior evento da cultura galega que decorrerá durante toda a fin de semana e que xa concentra arredor de si a maioría das novidades do libro, da música ou do audiovisual que se producen ao longo do ano.
Volve un Culturgal protagonizado por Sondeseu, Budiño e María Fumaça
Volve o Nadal e con el, o seu preludio no que a cultura galega se refire: o Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, que nesta ocasión celebra a súa novena edición os días 2, 3 e 4 de decembro.