Culleredo

Os vehículos sinistrados. (Foto: Policía Local de Culleredo)
SOCIAL

Interceptado un condutor que se dera á fuga en Culleredo após bater contra tres coches

O home admitiu o contratempo, alegando que quedara durmido e que se ausentara do lugar por motivos persoais, conducindo o coche até o seu garaxe no centro da Coruña.
Sede da Audiencia Provincial da Coruña.
SOCIAL

Un exhibicionista acusado de se masturbar diante de crianzas en Culleredo acorda coa Fiscalía o pagamento dunha multa

Segundo o escrito de cualificación fiscal, sobre as 17.30 horas dese día unha persoa que pasaba pola ponte situada na zona viu como o acusado se atopaba espido de cintura para abaixo masturbándose a unha distancia duns dez metros de onde se atopaban crianzas pequenas e adolescentes.
Laterais noroeste e suroeste da torre de Celas  (Foto: Héitor Picallo).
'30 CASTELOS PARA DESCUBRIR UN REINO'

Torre de Celas de Peiro (Culleredo), un testemuño dunha historia descoñecida

Na bisbarra da Coruña, e máis concretamente nos termos municipais de Culleredo, persiste unha torre que vén ser o último testemuño arquitectónico dunha fortaleza da que se ignoran as súas orixes, malia sabermos que na segunda metade do S. XIV estaba erguida e habitada. Denominada Torre de Celas de Peiro, outrora foi coñecida tamén co nome de fortaleza de Val de Veiga. Este último –que lle procede da parroquia de San Silvestre de Veiga– serviu tamén para designar o couto xurisdicional homónimo.

casteloconta
Máis

O Castelo Conta co poder da palabra

A oralidade como forma de conservación da tradición é o fundamento que guía a organización do festival Castelo Conta en Culleredo, unha iniciativa pensada polo humorista Xosé Touriñán para reunir a veciñanza nun espazo no que se dan cita actividades diversas coa palabra como elemento condutor.
Baldeo nas rúas do concello de Culleredo, esta cuarta feira. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Concellos da comarca da Coruña comezan a aplicar restricións pola seca

Inés Rei remitiu unha carta aos alcaldes da área con recomendacións para un "consumo racional e responsábel dos recursos".
O Campo de Billarda de Nantes coa liga en marcha (Foto: LNB).
DEPORTES

O mellor deporte autóctono chega o sábado a Culleredo

Campionato de Seleccións Norte-Sur de chave e billarda.
Rueda, esta mañá no acto do Partido Popular en Culleredo (Foto: PPdeG).
28-M

Rueda desprázase até Culleredo para apoiar Izaskun García

No seu primeiro aniversario á fronte do Goberno galego, defendeu que “cando as cousas están ben feitas, todo funciona”

Formoso (centro) esta sexta feira en Culleredo (Foto: PSdeG).
28-M

Formoso reivindica en Culleredo a "capacidade transformadora" dos gobernos do PSdeG

O número un dos socialistas galegos falou nun mitin dun municipio simbólico para o seu partido logo de manter a Alcaldía desde a recuperación da democracia, “acompañando o seu crecemento” até converterse “nunha cidade”.
A entrada do domicilio deste veciño de Orro (Culleredo), precintada pola Garda Civil. (Foto: TVG)
Agora

Achan sangue e un casco de bala no domicilio do veciño de Culleredo desaparecido a pasada semana

A Garda Civil mantén abertas todas as hipóteses en relación á desaparición dun veciño de Culleredo (comarca da Coruña) en cuxa casa atoparon restos de sangue e un casco de bala. Trátase dun home de 50 anos que falta do seu domicilio na zona de Orro desde a pasada sexta feira. Foron os seus familiares quen denunciaron a desaparición. Ao lugar desprazáronse axentes da Garda Civil que acharon os restos de sangue nalgunhas zonas da vivenda e o que podería ser un intento de limpar os mesmos. Sobre os fragmentos de munición, fontes próximas ao caso citadas pola axencia Europa Press precisaron que o home era "afeccionado ás armas". Aliás, o coche deste home tíñao un amigo ao que xa se tomou declaración.
Gas pementa. (Foto: Nós Diario)
Agora

Detido un veciño de Culleredo por esparexer gas pementa dentro dun autobús

A Garda Civil detivo un veciño de Culleredo (comarca da Coruña) como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria e outro de lesións, por esparexer gas pementa no interior dun autobús o pasado 24 de abril. Segundo informa o Instituto Armado, ocorreu nun autocar que cubría a liña A Coruña-Carral e o condutor viuse obrigado a deter a marcha e desaloxar os viaxeiros en Vilaboa. Algúns deles, de feito, sufriron lesións leves e precisaron asistencia sanitaria por irritación de ollos e gorxa. Dado que o autor dos feitos fuxiu ante a inminente chegada da Policía Local de Culleredo, a Garda Civil iniciou unha investigación para identificalo. A través de recoñecementos practicados a testemuñas prexudicadas, o Instituto Armado conseguiu dar co responsábel.
Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
SOCIAL

Ferido un home en Culleredo tras caerlle encima do peito o brazo dun tractor

A peza golpeouno directamente no tórax, provocándolle lesións, polo que urxencias sanitarias trasladouno ao centro hospitalario da Coruña.
Ana Pontón e Tono Chouciño (no centro) esta quinta feira na presentación (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

O BNG de Culleredo presenta Tono Chouciño como o seu candidato á Alcaldía

No acto de presentación estivo presente a portavoz nacional da organización nacionalista, Ana Pontón que destacou de Chouciño a súa “tenacidade na defensa dos intereses da veciñanza dun concello que coñece como a palma da man”.

Vehículo da Garda Civil (Foto: Alberto Ruiz / Europa Press).
SOCIAL

Deteñen en Culleredo un home que se dera á fuga após deixar unha muller atada e ensanguentada nunha furgoneta

As primeiras pescudas apuntan a un crime de violencia machista.
Ibuprofeno Teatro.
Axenda

Espectáculo en Culleredo: "Smoke on the water" de Ibuprofeno Teatro

A obra de Ibuprofeno Teatro terá lugar a partir das 20.30 horas no Auditorio Edificio Servizos Múltiples de Culleredo
Esta nova Romaxe, que decorrerá en Culleredo, leva o lema 'Fóra do pobo non hai salvación'. (Foto: Asociación Irimia)
SOCIAL

Este sábado decorrerá a Romaxe de crentes que homenaxea a figura de Moncho Valcarce

Este sábado a Asociación Irimia organiza a Romaxe de crentes galegos e galegas. Esta 44 edición do acto preséntase co lema ‘Fóra do pobo non hai salvación’, en homenaxe a Moncho Valcarce, e decorrerá en Castelo, Culleredo. Nós Diario conversa co párroco Rubén Aramburu, membro da asociación, sobre a romaxe desta fin de semana.
Carlos Blanco.
Axenda

"Castelo Conta" en Culleredo con Carlos Blanco e Luis Davila

Carlos Blanco e Luis Davila serán os protagonistas da xornada de hoxe do "Castelo Conta" de Culleredo
Marta Gilino escóndese tras de Dj Russinha.
Axenda

Programación de hoxe do Castelo Conta 2022 en Culleredo

Consulta quen estará hoxe animando na VII edición Castelo Conta 2022 de Culleredo
O elenco principal do filme Cuñados.
Axenda

Cinema en Culleredo: "Cuñados" de Toño López

O filme "Cuñados" poderá verse no Xardín Botánico de Culleredo ás 22.00 horas
A última xornada da Conferencia Noroeste disputouse en Culleredo. (Foto: Billardeiros Musicais de Ribadeo).
DEPORTES

Billarda: gran debut dos Musicais de Ribadeo

Na proba disputada en Vilaboa estaban en xogo tres prazas para participar na inminente Supercopa de nova creación.
O Morriña Festival de Culleredo na edición 2021 (Foto: Morriña Festival)
CULTURA

Denuncian que o Concello de Culleredo pagou "de forma ilegal" facturas do Morriña Festival

O BNG local asegura que no expediente consta unha autoliquidación, a nome do Concello de Culleredo, dun Canon de ocupación do dominio público, por valor de 17.391,28€ e hai dúas facturas pagadas con reparos da Intervención por valor de 32.360,90€, en concepto de compra de entradas para o Festival.