Antón Escuredo
08/xul./22 22:01
Un dos elementos patrimoniais máis comúns da paisaxe galega, os cruceiros, contan desde hai algo máis de dez anos cunha entidade dedicada a realizar un completo inventario da súa situación e estado. Trátase da Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de pedra e Petos de Ánimas. Recoñécense herdeiras e herdeiros do traballo realizado por Castelao e asumen un papel que, se cadra, quererían que levase nas súas costas a Administración galega. Entre as súas arelas figura que, algún día, estas construcións sexan Patrimonio da Humanidade.