star
Entrevistas
Cristina Pato: "Os artistas sempre están moito máis avanzados que as chamadas políticas culturais"
08/xul./22
Cristina Pato é moito máis que a gaiteira de cabelo verde sobre cuxa imaxe quizais pesaron moito, nalgúns momentos, os estereotipos. Ademais de desenvolver unha exitosa carreira internacional como pianista está implicada en varios proxectos musicais e educativos alicerzados na responsabilidade social a través das artes. Vén, ademais, de presentar a súa primeira novela, No día do seu enterro (Galaxia), inspirada na memoria do seu pai. Falamos con ela deste libro e da súa traxectoria profesional en xeral.