Costa da Morte

Construcións nun dos núcleos rurais que ten á venda o portal inmobiliario Galician Country Homes, neste caso perto do Cebreiro. (Foto: GalicianCountryHomes) #aldea #despoboamento #rural
SOCIAL

Estrear a vida no rural con aldea propia

O salto á fama do lugar de Candelago, na Costa da Morte, vén de lembrar a posíbeis investidoras -particulares ou grandes empresas- a existencia de numerosas localidades en venda na Galiza. As aldeas que se ofertan superan con diferencia os doutros territorios e vendelos suporía loitar contra o despoboamento.
Vista do faro de punta Nariga. (Foto: Camiño dos Faros)
SOCIAL

O percorrido máis iluminado do litoral galego que non podes perder

Unha das propostas de lecer que resulta máis atractiva quer para turistas, quer para galegas e galegos na actualidade é unha ruta alternativa por algúns dos faros da Costa da Morte. É unha boa proposta sempre e cando se dispoña dunha semana para camiñar ou se organice o paseo en varias fins de semana.
eolicos_paxareiras2
SOCIAL

Berro desde o alto de Paxareiras contra "este modelo eólico"

Arredor de 150 persoas concentráronse no miradoiro de Carnota desafiando o temporal de chuvia e vento.
Manifestación en Compostela contra os eólicos, o pasado 5 de xuño (Foto: Arxina).
SOCIAL

Veciñanza afectada convida doce alcaldes a debater sobre o modelo eólico

O primeiro encontro intermunicipal sobre a política enerxética decorrerá nesta sexta feira en Santa Comba.
Solpor na praia de Doniños, en Ferrol, cun barco debuxando a liña do horizonte. (Fotografía: Antía Castro - @sonantia) #solpor #doniños #máis #antíacastro
star
Caderno de Verán 'Máis'

O espectáculo dos solpores galegos

A hora en que o sol se pon, na Galiza, é máxica, especialmente no verán. Poucos lugares contan coas características idóneas que permitan observar solpores no mar como os galegos. A paisaxe, as cores, a vexetación e a fisionomía das praias son algúns dos trazos que definen as mellores postas de sol do mundo. 
Mapa cos parques eólicos de Greenalia que conforman o complexo do Alto da Croa, en Vimianzo (Infografía: Nós Diario).
star
ECONOMÍA

Greenalia inaugura un "macroparque" en Vimianzo

A enerxética rematou onte mesmo a construción dos parques eólicos Alto da Croa, Alto da Croa II e Monte Tourado (Vimianzo), e na cuarta feira iniciou a tramitación dun novo. Desde Greenalia afirman que se presentaron por separado "por razóns de organización interna" e aseguran que todos eles foron sometidos "á avaliación ambiental máis exixente", polo que negan que se puidese tratar dun posíbel caso de "fragmentación fraudulenta" como fora o caso de Sasdónigas, en Mondoñedo.
Mapa que recolle os parques eólicos que están operativos ou en fase de tramitación na Costa da Morte (Infografía: Nós Diario).
SOCIAL

A Costa da Morte, albo dos eólicos: 21 novos parques en proxecto

Unha vintena de parques eólicos cérnese sobre a Costa da Morte, un territorio no que xa están operativos outros 24. Colectivos veciñais e ecoloxistas alertan das "graves afeccións" a espazos protexidos como os penedos de Pasarela e Traba, nunha comarca que vive principalmente do turismo rural e do sector primario.
Natali Asorey Zorraquino creou en 2013 o centro de formación e ocio Colaxe (Nós Diario).
SOCIAL

Natali Asorey: "Os macrocentros xeriátricos enriquecen só as catro persoas que os xestionan"

Natali Asorey Zorraquino creou en Laxe no ano 2013 Colaxe, un centro de formación e ocio. Coa súa experiencia na primeira Casa do Maior da comarca, decidiu, xunto a sete mulleres máis, presentar unha cooperativa sen ánimo de lucro coa idea de impulsar centros interxeracionais en Traba (Laxe), O Couto (Ponteceso), Xaviña (Camariñas), Erbecedo (Coristanco), Cee e Mazaricos. Agora están á espera de que sexa aprobada a proposta para comezar a traballar.
Acto nos Penedos, ao carón da Pedra Multiforme (Foto: Plataforma Salvemos os Penedos)
SOCIAL

Acto reivindicativo nos Penedos de Traba e Pasarela contra os parques eólicos

Decenas de persoas acudiron ao acto 'Poesía polos penedos' para defender dos parques eólicos "un dos principais bens patrimoniais de Vimianzo e Laxe, mais tamén da Costa da Morte e Galiza", sosteñen desde a plataforma.
Megalitismo2
CULTURA

Novo impulso ao Parque do Megalitismo

O edificio do Forum de Carballo acolleu esta segunda feira a xuntanza entre a Deputación da Coruña e os dez concellos da Costa da Morte que integran o Parque do Megalitismo.
As cruces presentes na contorna do faro Roncudo, onde traballan os percebeiros de Corme, lembran as persoas falecidas no mar. (Foto: Brais Lorenzo).
star
Sermos Galiza

O paradoxo do percebe

As cruces do Roncudo son elocuentes, un recordatorio eficaz do que pode acontecer ao internarse no mar. Alí traballan os percebeiros e percebeiras da confraría de Corme, cuxa contorna agocha percebes de fama mundial. Á súa calidade súmanse a estacionalidade e o perigo asumido para obtelos, que conforman un contundente valor engadido. Porén, cada vez son menos as persoas que conseguen gañar a vida con este oficio que unicamente pode desenvolverse cando quere o mar. É a gran contradición que marca as xentes do percebe: arriscar a vida para poder gañala.

Ghaitas

388 repor 1
star
Reportaxes

O esqueleto da balea

Combustíbel, margarina, xustillos, paraugas ou carne para as cociñas xaponesas son algúns dos destinos finais da caza dos cetáceos. Esta actividade realizouse na costa galega, polo menos, dende o século XII. O final deste lucrativo negocio chegou cunha moratoria en 1982. Despois dela, nos lugares onde se despezaban os animais, só quedan fábricas en ruínas.
Lois Patiño (Foto: Julia Llerena)
star
Entrevistas

Lois Patiño: mito e identidade

Lois Patiño vén de gañar a Biznaga de Prata á Mellor Película Española na sección Zonazine do Festival de Málaga con Lúa Vermella (Zeitun Films), a súa segunda longametraxe. Lúa Vermella forma, xunto con Costa da Morte, unha exploración da relación entre os humanos e a paisaxe, pasada pola experiencia da morte, que en Lúa Vermella se achega máis ao mito, á fantasía, que á realidade etnográfica que quería ollar o filme anterior. Lúa Vermella estrearase na Galiza no festival Curtocircuíto antes de chegar en outubro aos cines.
Cabo Vilán e illotes de Vilán de Terra e Vilán de Fóra, declarado Sitio Natural  de Interese Nacional en 1933. O faro foi o primeiro do Estado en funcionar  con corrente eléctrica (desde 1896) (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

Do Cabo Vilán a Santa Mariña

Olitoral de Camariñas acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico e está protexido no LIC/ZEC e ZEPA Costa da Morte e no Sitio Natural de Interese Nacional Cabo Vilán.
Panorámica desde o miradoiro da Aguieira, na punta de Tabuído. (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

A costa de Cabana de Bergantiños, litoral con sorpresa

Cabana de Bergantiños, na banda sur da ría de Corme e Laxe, ten un litoral con dúas partes diferentes: unha abrigada e baixa, detrás da Barra do río Anllóns, e outra de cantís expostos, un tramo que habitualmente é pouco visitado porque non ten camiños que o percorran nin demasiados puntos aos que achegarse desde o interior.
Malpica (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

A contorna da praia de San Miro

Na costa de Malpica é imposíbel facer un percorrido continuo polo abrupto do relevo, altos cantís separados por vales fondos e estreitos polos que escoan cara ao mar, en forma de minguados regueiros, as augas dos arredores. 
387 Andar e Ver
star
Andar e Ver

De Santa Mariña a Camelle

Unha camiñada pola cerna da Costa da Morte. Día claro, mar de fondo, grandes ondas que escachan desde lonxe, vento lixeiro en contra que ergue e despeitea as cristas... E camiño por diante para horas
383 Andar e ver
star
Andar e Ver

Da praia de Valarés a Corme

Os camiños pola costa de Ponteceso son escasos, o relevo abrupto, con caídas verticais de ata máis de 100 metros, e sen abrigos, o que non fai nada doada a subsistencia nin favorece o asentamento de poboacións, e se non hai xente non hai camiños, tanto é así que nos máis de 40 quilómetros de costa do concello só se atopa unha poboación litoral, a vila de Corme, asentada no abrigo da súa enseada e xa dentro da ría. 
380 Andar e ver
star
Andar e Ver

De Corme ao faro do Roncudo

Unha camiñada para coñecer polo miúdo un tramo que xa tiñamos feito en coche varias veces, é un dos puntos da Costa da Morte máis visitados, e facendo nel as paradas nos sitios habituais, pero para velo de vagar, facendo que os escasos 3 quilómetros vaian a máis de 4 e o tempo se alongue mentres se goza dos detalles e dun día de bo tempo, é outra cousa.