corentena

Xosé Ignacio Taibo, primeiro gañador do premio
CULTURA

Os nomes da narrativa en corenta anos do máis antigo premio literario galego

En 1975 concedíanse por vez primeira os premios que hoxe levan o nome de Modesto Rodríguez Figueiredo, outorgados pola Fundación Pedrón de Ouro. A edición que pecha o prazo de presentación o vindeiro 15 de novembro conmemora o 40 aniversario da primeira convocatoria. 

Evo
Mundo

Bolivia acode ás urnas con Evo Morales con corenta puntos de vantaxe nas enquisas

O líder indíxena é o principal favorito nas presidenciais, que probabelmente confirmarán o terceiro mandato do actual presidente, que tamén será o último dun ciclo que iniciou en 2006.

Manifestación polo Aborto
Galiza

Os corenta anos de loita polo dereito ao aborto que Gallardón quere tombar

Documentos, datas, imaxes... todo un conxunto documental a través do que se explican corenta anos do movemento feminista a loitar polo dereito ao aborto libre. O Álbum de Mulleres da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura galega publica as probas dunha longa reivindicación que o ministro Gallardón quere botar abaixo. 

Puig Antich
MEMORIA E HISTORIA

Corenta anos sen facer xustiza polo asasinato de Puig Antich

Salvador Puig Antich foi asasinado con só 23 anos a garrote vil na noite do 2 de marzo de 1974. A resposta internacional non foi quen de parar unha das máis terríbeis execucións do fin do franquismo. A irmá de Salvador, Merçona Puig, reclama que a xustiza arxentina emita orde de busca e captura contra o sogro de Gallardón, ex-ministro franquista José Utrera 

Carolina Otero
CULTURA

Cento corenta e cinco anos do nacemento da Belle Otéro en Valga

Hoxe 4 de novembro hai cento corenta e cinco anos que naceu en 1868 en Valga Agustina Otero Iglesias, máis coñecida como Carolina Otero, a Belle Otéro.

Manuel Bragado, presidente da AGE
CULTURA

Máis de corenta finalistas para a Noite da Edición

A Asociación Galega de Editores prepárase para a súa festa anual que terá lugar o 15 de marzo en Vigo, na que se darán a coñecer quen gañará cada unha das dez categorías dos seus premios anuais do que veñen de facer públicos os nomes finalistas.
pobreza EUA
INTERNACIONAL

Corenta e dous millóns de estadounidenses reciben axuda para xantar en Acción de Grazas

Desde o estourido da crise o número de estadounidenses que recorren ás organizacións non gobernamentais para obeteren cupóns de comida, aumentou nun 70%. A data de Acción de Grazas sitúa o número de persoas beneficiarias desta axuda perto do equivalente á poboación do Estado español.
Tumba de García Barros
HOMENAXE A GARCÍA BARROS

Ken Keirades, corenta anos despois

O sábado 14 de abril celebrábase no Concello da Estrada diversos actos de recordo de Manuel García Barros, escritor recluído no exilio interior do franquismo ao que combateu até o último día.