Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
A Iniciativa Galega Pola Gratuidade da Sanidade e SOS Sanidade Pública convocan mobilizacións para a segunda feira, 27 de xaneiro, diante dos hospitais para esixiren que a Xunta non aplique o repagamento farmacéutico a doentes crónicos. A medida, segundo di, “é cruel porque establece un imposto á enfermidade”.
A Iniciativa Galega pola Gratuidade realizou un encerramento na sede da Xunta en Lugo e anunciou ''movilizacións permanentes'' até que @s enferm@s non teñan que re-pagar os medicamentos.
O "copagamento mata" é o lema que encabezará a manifestación convocada pola Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade este domingo ás 12.00h na Alamenda de Compostela.
O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, vén de anunciar unha liña de axudas para os concellos que asuman o copagamento de medicamentos de dispensación hospitalaria para pacientes con patoloxías graves. A Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade Pública convoca este domingo unha manifestación nacional en Santiago (12 h, Alameda).
Doce cidades e vilas galegas acollen nesta sexta concentracións contra o repagamento farmacolóxico convocadas pola Iniciativa Galega pola Gratuidade na Sanidade.
Os alcaldes de Monforte e Ribadeo, Severino Rodríguez e Fernando Suárez (BNG), anunciaron que nos orzamentos para 2014 haberá unha partida para dar “total cobertura” a doentes de Monforte que teñan que facer fronte a ese gasto. Tamén desde Pedrafita (PSdeG) sinalan que van dar este paso.
O alcalde, o nacionalista, Federico Gutiérrez, considera inhumano que o PP penalice a aquelas persoas que están enfermas de cancro e afirma: “o Concello cubrira a totalidade dos veciños independentemente da renda posto que a sanidade é universal”.
A partir de mañá aplicarase en boa parte do Estado o copago imposto polo PP a determinados medicamentos enfermidades como leucemia, cancro de mama ou ril, tumores cerebrais ou hepatite C. Unha concentración na tarde desta segunda feira diante do Hospital de Burela convocada polo BNG reclama que a Xunta non se sume ao repagamento de medicamentos.
En Galiza hai máis de 250.000 persoas en situación de discapacidade “e pagan os medicamentos”, denuncian desde o PSOE