COP27

Unha crianza camiña cara á súa casa en Somalia despois de conseguir auga nun centro de distribución organizado para enfrontar a seca. (Foto: Mustafa Olgun)
star
INTERNACIONAL

36 millóns de persoas tratan de sobrevivir ao cambio climático no leste de África

Seguen sen callar os debates no Comité de Transición da COP27 para implementar un fondo de danos polo cambio climático ao tempo que un novo traballo científico resolve que a peor seca en 40 anos en África oriental está directamente vinculada co quecemento global.
Protestas onte na COP27. (Foto: Christophe Gateau / dpa)
INTERNACIONAL

Os países en desenvolvemento piden máis ambición climática na COP27

Publicado o primeiro documento marco no que se basean as negociacións para a resolución final da cimeira, e que, segundo os países menos desenvoltos, precisa moita máis ambición, amais de non recoller a súa exixencia para crear un fondo de danos e perdas por mor do cambio climático.
"Non hai xustiza climática sen dereitos humanos", berraron onte en Sharm El-Sheikh (Exipto) activistas polos dereitos civís e o clima. (Foto: Gehad Hamdy / dpa)
INTERNACIONAL

A competición para evitar o gas natural ruso pon en risco os obxectivos climáticos

Moscova duplicaría as súas exportacións mundiais en 2030 grazas ao exceso de oferta a nivel global que está provocando o intento dos países occidentais de substituír a toda présa as importacións de gas natural ruso, facendo case imposíbel o cumprimento do obxectivo de limitar a 1.5ºC a alza na temperatura global en 2100.
Rescate de persoas afectadas polas inundacións sen precedentes en Xingyang, China, en 2022. (Foto: Organización das Nacións Unidas)
INTERNACIONAL

Arranca a cimeira sobre cambio climático da ONU após "un ano perdido"

Os cambios graduais xa non valen de nada, reiteran os expertos, que instan a lanzar transformacións radicais ante as últimas oportunidades para moderar o quecemento global. 
Fincas inundadas esta terza feira en Moree, no sueste de Australia, un dos lugares máis afectados polo cambio climático no país. (Foto: AAPIMAGE / DPA)
INTERNACIONAL

Os plans actuais dos Estados impiden limitar a 1,5ºC o quecemento global

Ás portas da cimeira da COP27 (Conferencia das Partes das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático) en Exipto o próximo 6 de novembro, a ONU fixo esta cuarta feira pública unha análise do impacto dos plans actuais contra o cambio climático, desvelando que o mundo está moi lonxe de parar o quecemento global.