convenios

Estudantes dun centro de titularidade privada. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press)
star
Ensino

Educación renova concertos con colexios do Opus que segregan por sexo

A Xunta da Galiza mantén concertos con catro centros de ensino do Opus Dei na Galiza que segregan o alumnado por sexo. Esta é a denuncia que fixo onte a CIG-Ensino, que insta Inspección, tanto da Administración galega como da estatal, a que investigue a situación.