Consello da Xunta

Alfonso Rueda esta quinta feira (foto: Arxina).
Consello da Xunta

Rueda fecha a porta á petición do CES dunha empresa de enerxía "pública"

O Consello Económico e Social (CES) reclamou á Xunta da Galiza a posta en marcha dunha empresa pública de enerxía e Alfonso Rueda nega esta posibilidade, que si existe noutros países europeos. O presidente galego defendeu o peso da participación privada —case 70%— na xestión e explotación dos recursos naturais a través da sociedade mixta 'Recursos de Galiza'.
SOCIAL

ENQUISA | Cres que se debe prohibir o uso do móbil nos centros de ensino fóra do período lectivo?

O Consello da Xunta acordou hoxe estender o veto ao uso de teléfonos móbiles por parte do alumnado en todos os centros de ensino —colexios e institutos— tamén aos recreos, os comedores escolares, as actividades extraescolares e as entradas e saídas dos recintos, polo que os centros xa non poderán decidir se os permiten ou non nestes espazos.

E ti, que opinas? Cres que se debe prohibir?

A Xunta falará agora con Anpas e representantes dos centros de ensino. (Foto: Nós Diario)
Consello da Xunta

Galiza estenderá a prohibición de usar o teléfono móbil a recreos, comedores e actividades extraescolares

O obxectivo da Xunta é que a nova normativa entre en vigor en xaneiro.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez (Foto: Xunta da Galiza).
Consello da Xunta

A Xunta pagará a promotoras até 50.000 euros para que poñan pisos en aluguer

A Xunta da Galiza pagará aos promotores a cambio de que destinen os pisos que constrúan a aluguer. Esta é a aposta do Goberno galego para facer fronte a unha demanda de vivenda de aluguer que a día de hoxe na Galiza ten máis de 12.000 demandantes rexistrados. 
Acto de recepción na praza do Obradoiro á 'Peregrinación Europea da Mocidade', en agosto do pasado ano. (Foto: Arxina)
Consello da Xunta

200 euros para facer o Camiño de Santiago: a Xunta estende o bono á mocidade de todo o Estado

O programa Xacobeo Xove renóvase até novembro de 2024 e amplía o número de persoas beneficiarias e o rango de idade: de 12 a 30 anos.
O presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, esta quinta feira no Consello de Goberno galego. (Foto: Xunta da Galiza)
Consello da Xunta

Rueda segue as ordes de Feixoo e Ayuso e pide unha Conferencia de Presidentes

A confrontación gaña peso a medida que se achegan unhas novas eleccións. O presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, aproveitou o Consello da Xunta desta quinta feira para volver á carga contra Pedro Sánchez. Esa confrontación co Estado está a marcar o fío condutor da actuación do Executivo galego.

O presidente Alfonso Rueda, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta de hoxe. (Foto: Arxina)
Consello da Xunta

Rueda "non renuncia" a pedir a condonación da débeda, medida que figura no acordo BNG-PSOE

O presidente da Xunta da Galiza recoñece que "non renuncia" a pedir para o país que se condone parte da débeda que a Galiza ten co Estado, no que suporía sumarse a unha das medidas que figuran no acordo de investidura entre BNG e PSOE asinado esta semana: a de que a Galiza tería unha quita "análoga" na súa débeda á que se fixou para Catalunya (20% do total).
Diego Calvo, Alfonso Rueda e Ángeles Vázquez. (Foto: Xunta da Galiza)
POLÍTICA

O mapa das concesións de buses precisa "correccións", admite Rueda

O presidente di que "o ideal sería un rescate" das autovías con peaxe
Alfonso Rueda durante a comparecencia após o Consello da Xunta que decorreu esta quinta feira. (Foto: Arxina)
Consello da Xunta

Rueda cre que o Estado "non é quen" de pór o galego na UE

O presidente galego, Alfonso Rueda, ve difícil que a lingua galega sexa oficial na Unión Europea. Para o titular da Xunta da Galiza, o Goberno español comprometeuse a oficializar galego, vasco e catalán e "non é quen de cumprir".
O presidente Alfonso Rueda, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta de hoxe. (Foto: Arxina)
Consello da Xunta

Rueda non ve unha "emenda" á súa política eólica nas sentenzas do TSXG: "O contrario suporía que algúns xuíces fan política"

"Se pensase que é unha emenda á política da Xunta sería tanto como pensar que os tribunais están a facer política, e non creo que sexa así, nin que debese selo", dixo, en resposta a unha pregunta de 'Nós Diario'.
O presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, esta quinta feira durante o Consello da Xunta. (Foto: Arxina)
POLÍTICA

Alfonso Rueda e o seu Goberno soben os seus soldos para 2024

Os salarios do Executivo repuntarán por volta de 0,5%, polo que o presidente Rueda pasará a cobrar 83.247,72 euros, e os seus conselleiros e conselleiras, 72.655,8 euros.
De esquerda a dereita e de arriba abaixo: Alfonso Rueda após o Consello da Xunta; Miguel Corgos, Ana Pontón e Luís Álvarez, durante o debate na Cámara sobre o teito de gasto. (Fotos: Arxina)
star
Consello da Xunta

Orzamentos 2024: a Xunta bota o freo ás partidas sociais

O Goberno galego aprobou esta cuarta feira o proxecto de Orzamentos para 2024, ano electoral. Un visto e prace que o Executivo deu ás contas apenas uns momentos despois de que o Parlamento aprobara o teito de gasto: 13.257 millóns de euros. E esa cifra, 13.257 millóns, é a dos Orzamentos para o vindeiro ano. De novo, a Xunta da Galiza refírese a unhas contas de "récord". Porén, a suba da inflación prevista neste ano fai que importantes partidas —sanidade, emprego ou ensino— fiquen 'conxeladas' a respecto dos orzamentos en vigor.
O presidente Alfonso Rueda, no Consello do Goberno galego desta cuarta feira. (Foto: Xunta)
Consello da Xunta

O Goberno galego eleva o teito de gasto nos orzamentos de 2024 a unha cifra récord de 13.257 millóns

A cifra parte de estimacións "realistas" e "prudentes", afirma o presidente Alfonso Rueda.
O presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, esta quinta feira durante o Consello da Xunta. (Foto: Arxina)
POLÍTICA

Rueda e a patronal apostan por explotar "o potencial mineiro da Galiza"

O Consello da Xunta censurou os "atrasos" do Estado nos trens Avril
Reunión do Consello da Xunta esta quinta feira (Foto: David Cabezón / Xunta da Galiza).
LINGUA

A Xunta aproba, con case unha década de retraso, o Observatorio Paz Andrade de lusofonía

O Observatorio Paz Andrade será unha entidade que asesorará como "foro de diálogo permanente" en todo o que ten a ver coa lusofonía e dará cumprimento, así, ao estabelecido na Lei que leva o mesmo nome, aprobada en 2014.
Entrega da denuncia de Ecoloxistas en Acción (Foto: Ecoloxistas en Acción).
SOCIAL

Ecoloxistas en Acción rexistra a súa denuncia ao Consello da Xunta por prevaricación

O portavoz de Ecoloxistas en Acción, Cristóbal López, rexeitou, con motivo da presentación da denuncia, que a Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360, que o Real Club Celta de Vigo impulsa no concello de Mos, se trate dun proxecto "estratéxico" e argumentou que se busca "dar legalidade a algo que non o ten".
Reunión do Consello da Xunta presidida por Alfonso Rueda. (Foto: Arxina)
Xustiza

Ecoloxistas denuncian a Xunta polo proxecto do Celta en Mos: prevaricou o Goberno ao declaralo "de interese autonómico"?

Ecoloxistas en Acción vén de denunciar ante o TSXG a totalidade do Consello da Xunta por "prevaricación administrativa" ao declarar de "interese autonómico" o 'macroproxecto' do Real Club Celta nos montes de Tameiga, en Mos.
Proxección da 'Factoría do Deporte - Galicia Sports 360' que o Celta quere erguer nos montes de Tameiga. (Foto: RC Celta)
SOCIAL

Denuncian a totalidade do Consello da Xunta por prevaricación

Ecoloxistas en Acción presentou denuncia na sala do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) ao considerar que o Consello da Xunta cometeu un delito de prevaricación ao declarar de interese autonómico o proxecto GS360 do presidente do Celta de Vigo, Carlos Mouriño.

Alfonso Rueda, ao remate do Consello da Xunta desta quinta feira. (Foto: Xunta da Galiza)
Consello da Xunta

Rueda di que "como presidente" non lle "importa" o galego no Congreso

O presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, considera que hai cuestións "máis importantes" que a oficialidade do galego no Congreso. Por exemplo, apunta, canto lle vai "custar" a Galiza a negociación do PSOE "cos independentistas cataláns" para lograr o apoio á investidura de Pedro Sánchez. "Como presidente da Xunta o que me importa é iso [o 'custo' desas negociacións] e non o idioma que se fale no Congreso".
Alfonso Rueda, após unha rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. (Foto: Arxina)
POLÍTICA

Rueda evita dar o seu apoio á oficialidade do galego na UE

Nin no Congreso nin na Unión Europea, o galego que non saia da Galiza. O presidente da Xunta da Galiza, Afonso Rueda, volveu reiterar esta quinta feira que "non ten moito sentido" o uso da linga galega na Cámara baixa española. A maiores, a preguntas de Nós Diario sobre se apoiaba que o galego poida ser oficial na Unión Europea, Rueda evitou dar unha resposta, limitándose a sinalar que "se fala disto por non falar doutras cousas".