confinamento

Confinamentos

O confinamento máis solitario

Burato do inferno (Foto: Tensi Xesteira).
star
Reportaxes

Ons literaria

A illa de Ons conquista autoras e autores que crean historias nas que esta terra é protagonista. Coincidindo co confinamento domiciliario por mor da COVID-19, destacamos títulos como A bordo das Ons, de Marta Lemos, Ons no meu corazón, de Julio Santos, Ons, ondas do mar riso, de Emilio Araúxo, Ons, de Carlos Meixide, e Namoreime en Ons, de Staffan Mörling. Todos eles propoñen olladas sobre a fermosura deste lugar e o seu acubillo, mais tamén da complexidade de habitalo. Pois como recoñece a veciñanza, vivir en Ons supón estar illadas todo o ano. 
castroferro_bn
star
Reportaxes

Castroferro: Interiores emocionais

Moitas das lectoras e lectores que se atopan nas súas casas darían en reflexionar sobre a importancia que ten o interior dos nosos fogares para sermos felices. Estes días de reclusión forzada valórase moito que na vivenda entre o sol, que teña un balcón ou terraza ao que saír, que a distribución permita ter espazo de intimidade, que se adapte ao teletraballo... En definitiva, que os espazos onde convivimos sexan lugares confortábeis e flexíbeis. Nunca tantas horas pasou o país dentro da casa para poder examinar o funcionamento do seu fogar.
Max Richter (Foto: Nós Diario).
star
Escena

Durmir en comunidade

A regra maniféstase cunha dolorosa evidencia nestes días de feche universal: o teatro gravado, virtual, ou reproducido por calquera medio, non pode substituír a experiencia real que supón o encontro dun actor e un espectador no mesmo espazo.
Edificios na Galiza (Foto: Nós Diario).
star
Arquitectura

A urbanidade de cada casa

Desde que abrimos as xanelas ao estrear casa até que as fechamos definitivamente ao deixala, realizamos infinitas accións nos ocos desa parede que compartimos cos nosos veciños.
Rúa das Carretas antes da reforma (Compostela, 2011).Rúa das Carretas reformada (Compostela, 2019).Captura de Street View da avenida Omotesando (Tokio, 2018).Captura da vista oblicua de Vigo sobre a rúa Urzáiz en dirección a Cangas (Foto: Google).
star
Arquitectura

Explorar a rúa global

Sabemos que nada substitúe a experiencia do noso corpo no espazo, pero está cada vez máis preto o achado de algo equivalente. Do mesmo modo que acontece con certos contidos, que xa non somos quen de lembrar se lemos en formato dixital ou en papel, poderá ocorrer algo semellante coa memoria vencellada a nosa presenza en espazos virtuais ou reais?
390 Arquitectura
star
Arquitectura

Nas xanelas

Nestes intres iniciais de confinamento, a limpeza constitúe un escape e un ritual de preparación. 
Berlai no videoclip de 'No water', adianto do disco.
Entrevista

Xiao Berlai: "Non quería cantarlle a un rural bucólico nin facer unha crítica do feísmo"

"Derrubaches os valos das miñas leiras / e rozaches as silvas do meu camiño / e aprendíchesme a sacar as malas herbas / aínda que ti xa non sempre ves comigo", canta Xiao Berlai nun dos temas do seu último disco, 'Cas Berlai'. Cun son acústico, celebra a beleza do cotián desde o espazo doméstico no que foi gravado por completo. 
Alumeado de Nadal en Compostela no ano 2018. (Foto: Concello de Compostela)
Expertas chaman á prudencia nos encontros e a seguir as pautas de seguridade

Nadal enmascarado para coidar os seres queridos

Ventilar os cuartos, reducir ao máximo o número de asistentes ou empregar máscaras axeitadas. Son algunhas das medidas ás que apuntan as persoas expertas consultadas por Nós Diario de cara ao Nadal. Todas lembran á poboación os riscos que comportan as reunións de persoas non conviventes. Temen que a relaxación das restricións teña chegado demasiado cedo e piden vivir "non con medo, pero si con prudencia" pois o virus segue aí.
As terrazas fecharon a mediados de novembro en Sanxenxo (Europa Press)
SOCIAL

A hostalaría está de volta: que se pode facer e até que hora

Cafetarías, bares e restaurantes poden volver a abrir desde esta sexta feira en toda Galiza, mais as condicións en que o farán dependen do concello no que se asenten e da incidencia do coronavirus nesa zona, segundo recolle o plan deseñado pola Xunta para rebaixar as restricións, que estabelece catro distintos niveis en función da situación epidemiolóxica
Feixoo con Díaz Ayuso nunha imaxe de arquivo. (Foto: Europa Press)
Análise

Feixoo quería fecharse só a Portugal e finalmente cedeu ao fechamento total

O obxectivo inicial do presidente da Xunta de cinguir só as restricións aos cidadáns portugueses non atendía a criterios técnicos e fíxose pública cando os responsábeis do Centro Europeo de Alarmas advertiron de que a situación de Madrid está descontrolada.
O feche da hostalaría e a prohibición de xuntarse con non conviventes afecta a 60 concellos e perto de 60% da poboación galega. Arxina
SOCIAL

A Xunta avanza "boas novas" para bares e restaurantes de cara a vindeira ponte

Ultima o plan propio de restricións para a hostalaría, que consta de catro niveis. O segundo nivel corresponde aos municipios nos que se alivian as restricións máis duras e permite a consumición de persoas convivintes e un aforo limitado até as 17 horas.
Control de mobilidade en Compostela durante o confinamento. (Europa Press)
SOCIAL

A Xustiza anula as sancións por desobediencia no confinamento

Os xulgados galegos están a anular de forma sistemática as multas interpostas por saír do domicilio durante o confinamento da primavera. O motivo, que todas elas foron tramitadas como desobediencias á autoridade, cando o que se infrinxía era o estado de alarma. Hoxe xa se tramitan por outros mecanismos.
Os últimos datos colocabanse en 11.737 novos casos de coronavirus en 24 horas en Irán [Europa Press / Ahmad Halabisaz].
INTERNACIONAL

Irán planea un confinamento indefinido para controlar a nova vaga de coronavirus

O aumento drástico de contaxios obriga a cambiar a liña que estaba a seguir a política sanitaria no país. A medida entrará en vigor o 21 de novembro.
Xurxo Souto a bordo do Chasula nun percorrido por Vilaxoán de Arousa incluído na programación do Revenidas 2020 [Laura Rabizal].
CULTURA

Os relatos confinados de Xurxo Souto reúnense en 'Pangalaica'

O confinamento non só trouxo malas novas. Desde o 18 de marzo Xurxo Souto acompañounos nas contracapas de Nós Diario con historias da súa biografía emocional, textos breves atravesados pola súa cosmovisión e un certo desexo de percorrer o país "face a face". 'Pangalaica'  reúne agora estes "recortes poderosos" nun único volume.
hostaleiros_lugo
ECONOMÍA

Os gastos continúan mais non hai ingresos, clama a hostalaría

Hoxe leváronse a cabo senllas concentracións de profesionais do sector nas cidades de Lugo e de Ferrol para demandar axudas económicas que lles permitan superar a actual situación.
Atascos en Madrid ao anunciarse o estado de alarma. Moitos aproveitaron a caída do fechamento até a tarde da sexta feira para viaxar.
POLÍTICA

253 concellos galegos "abertos" a Madrid

60 concellos galegos están fechados perimetralmente, polo que 253 están abertos e, como tamén a Comunidade de Madrid está aberta, unha cidadá da capital española pode ir dar unha volta por Baiona ou calquera dos 253 concellos abertos, mentres que unha de Vigo non. "A nosa situación epidemiolóxica permítenos ese ofrecemento", di o presidente da Xunta.
A Xunta decretou o pasado día 7 o fechamento da hostalaría en 60 municipios galegos (Álvaro Ballesteros / Europa Press).
Matemáticos da Universidade de Vigo e da Universidade de Santiago de Compostela

"Porfiar en medidas locais para un asunto global exponnos a unha terceira onda"

Matemáticos da Universidade de Vigo e da Universidade de Santiago de Compostela avogan por un confinamento europeo que ofreza unha solución global ao problema que representa a pandemia da Covid-19.
O feche da hostalaría e a prohibición de xuntarse con non conviventes afecta a 60 concellos e perto de 60% da poboación galega. Arxina
SOCIAL

Un mes de novas restricións: guía para non se perder

As medidas anunciadas polo presidente da Xunta para frear a propagación do novo coronavirus durante as próximas catro semanas chegaron ao Diario Oficial da Galiza con mudanzas que aclaran as condicións dos feches acordados polo Goberno galego para "salvar" a campaña de Nadal e "resetear" o sistema sanitario.