condena

ONU
INTERNACIONAL

A ONU condena o Estado español por neglixencia nun caso de feminicidio

Galiza

O PP aproba en Ponteareas que o Concello asuma a defensa do alcalde

O alcalde de Ponteareas non terá que pagar a súa defensa. O PP aprobou que sexa o Concello quen a asuma, o que levou en Compostela á condena xudicial, inhabilitación e demisiónd e 7 concelleir@s.

Pablo Hásel
INTERNACIONAL

A Audiencia Nacional española condena a 2 anos de cadea o rapeiro Pablo Hásel

O rapeiro catalán foi acusado de enaltecemento do terrorismo pola súa canción Democracia su puta madre. Segundo o tribunal "o discurso do odio non está amparado pola liberdade de expresión". 

CIG
Galiza

A xustiza condena o alcalde-senador de Verín por violación dos dereitos fundamentais da CIG

É a terceira ocasión en que o xulgado do contencioso-administrativo falla contra o rexedor por vulnerar dereitos fundamentais da central sindical nacionalista.

 

Carlos Negreira
POLÍTICA

A xustiza condena o Concello da Coruña por vulnerar os dereitos fundamentais dun edil do BNG

O xulgado do contencioso-administrativo da Coruña recoñece que o goberno de Carlos Negreira vulnerou os dereitos fundamentais de Xosé Manuel Carril ao lle negaren acceso ás auditorías de Nostián. O edil do BNG advirte que se a equipa municipal non muda de actitude, serán demandad@s pola vía do penal.

O 'non fútbol' do Levante condena ao Celta

Perder contra o Levante é das peores cousas que che poden pasar na Liga. E perder como onte perdeu o Celta é, por utilizar un símil comprensible, como cando pasas toda a noite estudando un exame, suspendes pola mínima e ben o chulo de turno, saca catro chuletas e aproba o exame raspado. Un noxo.

Audiencia Nacional
SOCIAL

A Audiencia Nacional considera probada a existencia de Resistencia Galega

A sala 3 da Audiencia Nacional española condena a penas de entre 10 e 18 anos de cadea @s catro independentistas xulgad@s o pasado mes de xuño. O tribunal considera probada a existencia dunha organización terrorista na Galiza. Os avogados coñeceron a sentenza polos medios de comunicación.

INTERNACIONAL

A OEA condena o trato dado a Morales e pide aos países europeos que se desculpen

A Organización de Estados Americanos aprobou unha resolución pola cal se condena o trato dado ao presidente de Bolivia, Evo Morales, e fai un chamamento aos estados español, francés, italiano e portugués a se desculpar

Carga policial no despexo de Aurelia
POLÍTICA

Delegado do Goberno acusa a Jorquera de manipular politicamente o despexo de Aurelia e pídelle ao BNG unha condena clara de RG

Samuel Juárez afirma, nunha entrevista en La Voz de Galicia, que no expediente aberto ao portavoz parlamentar nacionalista a policía “aturou acometidas de bárbaros”. Aliás, sinala que cando goberna o PP "hai partidos interesados en incendiar a rúa" e di que Resistencia Galega comparte obxectivos con "grupos políticos".

Ence-Elnosa
Galiza

A Audiencia Nacional condena ao Estado español a parar a actividade de Ence

Nunha sentenza do 19 de abril o tribunal obriga ao Estado español a paralizar a actividade da pasteira por non posuír concesión para a "ocupación do dominio marítimo terrestre"

Javi Varas
DEPORTES

Un gol no desconto condena o Celta en Mallorca após o árbitro non asubiar dous penaltis

Un gol de Giovanni dos Santos no desconto deixa o Celta a 4 pontos da liña de salvación. O combo celeste foi superior na segunda metade, mas a falta de acerto e as decisións arbitrais -dous penaltis non pitados- determinaron o desenlace.

Galiza

"Entón eu non era presidente e a outra persoa non tiña ningunha condena"

Entrevista a Feijóo en El Mundo. O presidente do goberno galego relativiza a súa estreita amizade co narco Dorado porque mentres se mantivo "eu non era presidente e a outra persoa non tiña ningunha condena". Dorado tórnase agora "na outra persoa". Feijóo nega que as fotos fosen filtradas desde o propio PP.

"A televisom é a metade da condena. Fai-te com unha"

"A televisom é a metade da condena. Fai-te com umha". Fôrom as últimas palavras do Chefe de Serviço da prisom de Soto del Real depois de deitar-me na cela de isolamento. Afortunadamente levava umha rádio de mam quando, andando polo monte, se me botárom enriba maís de dez encarapuzados que durante máis de dúas horas se adicarom a denigrar-me, golpear-me e torturar-me psicologicamente.
DEPORTES

Un gol do Valencia no desconto empurra o Deportivo ao abismo

O efeito Paciência pasou á historia e o Deportivo sumou unha nova derrota na Liga. A equipa galega careceu da solvencia defensiva que se lle supón ás escadras treinadas polo técnico portugués.
Galiza

A tesoira de Feijóo condena á desaparición os programas de prevención de drogodependencias

A Asociación Galega de Profesionais de Drogodependencias e outras Condutas Aditivas denuncia o "inminente risco de desaparición" dos programas de prevención de drogodependencias en Galiza por mor do recorte do financiamento
DEPORTES

Un agasallo en defensa condena o Celta en Cornellá

Un erro na entrega de Krohn-Dehli, no ecuador da primeira parte, sentenciou ao Celta en Cornellá. A equipa de Herrera só marcou 3 goles nos últimos 5 encontros.
Senlheiro Liberdade
Galiza

Concentración en solidariedade co detido en Ames

O Partido Popular vén de facer público que proporá na cámara unha condena institucional do "terrorismo en xeral e de Resistencia Galega en particular". O detido, será trasladado a Madrid para prestar declaración perante a Audiencia Nacional. Convocan unha manifestación de apoio en Compostela.
Galiza

Rebaixan a condena a David Reboredo a dous anos

O Tribunal Supremo vén de anular a resolución da Audiencia de Pontevedra que condenou o vigués a tres anos e medio de prisión en 2003 por intercambiar unha papelina con 300 miligramos de heroína. Estimou o Supremo que a cantidade de droga era "nimia", que "nunca" abandonou o tratamento de deshabituación e que conta cun "sólido" apoio familiar e veciñal
Compostela con Palestina
Galiza

Galiza móvese contra os "brutais ataques" ao pobo palestino

Concentracións nas principais cidades do País mostrarán a repulsa contra a operación 'Piar defensivo', que entra no seu sexto día e asasinou xa máis de 90 cidadá(n)s palestinian@s. Hai catro anos outra operación desenvolvida polo exército israelí, a 'Chumbo fundido', matou 1.300 persoas. A comunidade internacional,  nomeadamente os EUA, din recoñecer ''o dereito de Israel a se defender'' e olla para outro lado.
SOCIAL

O BNG condena a nova agresión de Israel contra Palestina

A formación nacionalista aproba unha proposta de resolución na que se solidariza co pobo palestiniano, denuncia a pasividade da comunidade internacional e convoca a manifestacións nas cidades galegas esta segunda feira ás 20 horas.