comunicación

Unha persoa usa o móbil (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Que pasará se non aceptas as novas condicións de WhatsApp?

As usuarias e usuarios que non o fagan antes do 6 de novembro ficarán sen algunhas funcións importantes da aplicación
Brais Nogueira está especializado en cinema (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Brais Nogueira, Balea Cultural: "Cubrimos eventos culturais de vangarda en galego e cunha perspectiva alén da dos medios xeneralistas”

Balea Cultural é un medio de comunicación dixital que naceu en 2018 e que está especializado no xornalismo cultural. Os seus fundadores, Mario Fernández e Mauro Borrazás, buscaban confeccionar un espazo no que tratar sobre eventos culturais non tan comerciais. Brais Nogueira, que se uniu pouco tempo despois do seu nacemento, explica que o obxectivo de Balea Cultural é tender cara á profesionalización do medio ao tempo que lle dan presencia e voz a proxectos culturais feitos en lingua galega.  
 
Darío puido xuntar dúas das súas paixóns o xornalismo e o Celta. (Foto: Nós Diario) #celta #galego #concurso #deportes #daríoeyré
Darío Eyré, xornalista gañador de 'A voz do celtismo'

Darío Eyré: "É un sopro de aire fresco para a comunicación deportiva que se pule por normalizar o galego"

Darío Eyré é un xornalista de Chantada que este verán gañou un concurso do Real Club Celta de Vigo chamado A voz do celtismo. Isto permitiulle narrar algúns partidos de pretempada do equipo vigués para a súa canle oficial. Darío Eyré destaca o bo trato das traballadoras de comunicación do Celta, ao tempo que valoriza a “concienciación” do club galego tras o auxe nas redes da campaña #FainoEnGalego, que instaba os clubs deportivos da Galiza a empregaren e fomentaren o uso e a normalización da lingua galega.  
Persoal da OMIX de Tomiña prepara o inicio da actividade de comunicación e reinserción social.
SOCIAL

De Tomiño a Cáceres: 'Palabras libres para mulleres presas' nunha carta manuscrita

A Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias vén de darlle o visto bo a un proxecto da Oficina Municipal de Información Xuvenil de Tomiño que quere impulsar un intercambio epistolar entre mulleres do Baixo Miño e reclusas dun cárcere de Cáceres. Cartas manuscritas para mudar a mirada sobre a catividade.
Lucía Rodríguez é socia fundadora da Asociación Ser de Oliver Laxe, na imaxe en Navia de Suarna (Ángela Álvarez).
SOCIAL

Lucía Rodríguez: "A xente nova, coa pandemia, valoramos máis o sitio en que vivimos e a liberdade que temos"

Lucía Rodríguez ten 21 anos e vive nas Salgueiras, lugar da parroquia de Son situada no val do río Ser, no concello de Navia de Suarna. Na súa aldea só viven ela e a súa familia, o resto de casas están abandonadas ou deshabitadas. O amor pola súa comarca fixo que iniciara, como proxecto de fin de grao en Publicidade e Relacións Públicas, a páxina de Facebook 'O Argueiro dos Ancares'. 
Montse Vázquez no seu despacho da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación en Pontevedra (Nós Diario)
SOCIAL

Montse Vázquez: "A tecnoloxía tivo avances, mais o cerebro é a materia máis importante"

Os vindeiros días 27 e 28 de maio Pontevedra acollerá o I Congreso Internacional de Creatividade e Universidade, organizado polo profesorado das universidades de Vigo e do Minho. Co lema "Pensar creando, crear pensando", a proposta, que contará coa posibilidade de ter un carácter presencial, vai máis alá dos estudos de publicidade e presenta unha fórmula válida para resolver problemas. Nós Diario fala coa responsábel de coordinar este evento, a profesora Montse Vázquez da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

Abril de libros mil

Logopedia aspergiana

Tenda de Zara (Nós Diario)
LINGUA

A mocidade, a favor de que o téxtil galego comunique na lingua propia

A Mesa pola Normalización Ligüística publica A lingua galega no sector téxtil. A súa autora, a publicista Anabel Antela Castro, baséase nas enquisas realizadas entre mocidade galegas para instar ás marcas de moda galegas a "se dean a coñecer ao seu público polas súas orixes; as cales se asociarían a todos os valores positivos que a xente recoñece como galegos".

Redacción de El Punt (Foto: El Punt).
star
Reportaxes

Contar o propio: crónicas do xornalismo en linguas minorizadas

Sermos Galiza chega con estas páxinas aos seus 400 números de compromiso co galego. Aproveitamos a ocasión para facer balance da situación das linguas minorizadas dentro do Estado, para o que nos acompañan os testemuños dos nosos parceiros cataláns e euskaldúns.
CREATOR: gd-jpeg v1.0 (using IJG JPEG v62), quality = 80
star
Reportaxes

A linguaxe de bronce: o murmurio das últimas badaladas

Desde hai centos de anos, o son das campás fica incorporado á nosa vida cotiá como un elemento máis que identifica as nosas vilas, parroquias e cidades. Malia que na actualidade o seu protagonismo semella estar a esmorecer, noutro tempo pretérito, os seus tanxidos e repeniques xogaron un papel fundamental á hora de transmitirlle á veciñanza os acontecementos máis relevantes que se producían en cada núcleo de poboación. Porén, e coa axuda dun dos campaneiros máis lonxevos da Galiza, abordamos a orixe e a evolución das campás, repasando algúns dos toques máis senlleiros da linguaxe de bronce.

O outro

margaritaledo
No VII Congreso da AE-IC en Valencia

Margarita Ledo, merecedora dunha homenaxe ao labor comunicativo

O vindeiro 28 de outubro farase público o recoñecemento en Valencia no marco do VII Congreso Internacional da Asociación Española de Investigación da Comunicación (AE-IC).
Silvana Moril no programa 'Aqui hai verán' (TVG)
SOCIAL

A TVG estrea este domingo 'Aquí hai verán'

O obxectivo do novo programa que se emitirá os domingos ás 21.55 horas é dar a coñecer as iniciativas públicas e privadas de lecer para non esquecer que estamos en tempo de lecer.

Web do programa de radio online A Tribo.
SOCIAL

Nace A Tribo, unha radio online creada no confinamento

O primeiro programa estará dispoñíbel esta sexta feira e os podcast poderánse escoitar na súa web e en varias plataformas. Está presentado por Bocixa e baixo a coordinación de Verónica Álvarez. 
2020032011394399371
SOCIAL

O confinamento polo coronavirus saca á luz a fenda dixital da Galiza

O Colexio Oficial de Enxeñería Técnica de Telecomunicacións (Coettga) advirte que a alta demanda de medios telemáticos por parte da poboación, derivada do confinamento pola crise do coronavirus, pon en evidencia as desigualdades que existen na Galiza en canto a acceso dixital, onde o rural segue a ter peores condicións, con "puntos escuros" ao longo do territorio, malia os avances dos últimos anos en moitas zonas. 
cuac FM
Imponlle ademais os custos procesais

O Supremo nin sequera admite a trámite o recurso da Xunta contra Cuac FM

A Xunta de Galiza embarcouse, con cartos públicos, nun proceso xudicial contra a emisora comunitaria Cuac FM. Esta segunda feira o Tribunal Supremo puxo o ramo e nin sequera admitiu a trámite o recurso do Goberno galego contra a sentenza do Superior que recoñecía o dereito á emisión da canle en frecuencia modulada.

Tati Moyano
As eleccións a ollos de... Tati Moyano

"Galiza precisa mudar escanos pasivos por unha representación que mire por nós”

Diante do 28A, a presentadora e xornalista Tati Moyano considera que “Galiza xógase mudar escanos pasivos, afeitos a render contas ante intereses que non teñen Galiza como eixo das súas estratexias”, por unha representación “que mire por nós e polo desenvolvemento transversal do país”.

cuac volve
SOCIAL

Cuac FM celebra a súa vitoria xudicial sobre a Xunta cunha xornada de portas abertas

Desde as 13.34 horas deste sábado, 3 de novembro, Cuac FM celebra a súa vitoria xudicial sobre a Xunta e o seu retorno ás ondas. Faino cunha xornada de portas abertas e unha maratón de programas que se estenderá, no mínimo, deica as sete do serán.
 

mani medios públicos 5 xornalistas galegas
SOCIAL

Histórica manifestación en defensa dos medios públicos

Unha manifestación histórica percorreu esta mañá a distancia que afasta San Marcos -o lugar de Compostela onde teñen a sede os medios públicos de comunicación de Galiza- do corazón da capital do país. Os comités de empresa da CRTVG e da RTVE en Galiza convocaron a cidadanía a defender a comunicación pública baixo o lema Pola dignidade dos medios públicos. Esta respondeu por centos.