comunicación

Sede central de Telefónica en Madrid. (Foto: Ricardo Rubio / Europa Press)
ECONOMÍA

O principal operador de Arabia Saudita, novo accionista maioritario de Telefónica

O grupo Saudi Telecom (STC) adquire 9,9% das accións da compañía española de telecomunicacións, impedindo así que o Goberno active o 'escudo antiopas' por non alcanzar o 10%.
Estudantes universitarios na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. (Foto: Arxina) #universidade #universidades #xornalismo #facultade #abau #selectividade
Agora

A USC impartirá desde o vindeiro curso un novo Mestrado en Xornalismo e IA

RTVE Instituto, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Fundació Universitat Politécnica de Catalunya lanzan, a través da plataforma 'Haz', o Mestrado de Formación Permanente en Xornalismo e Intelixencia Artificial, unha proposta educativa que aborda as demandas actuais do sector. O programa, que ten como obxectivo "cubrir un baleiro" e preparar o alumnado para enfrontar os novos retos do xornalismo na era dixital e a intelixencia artificial, ten unha duración dun ano e comezará o próximo 16 de outubro. O período de preinscrición ficará aberto até o 31 de agosto e a matriculación será do 15 ao 30 de setembro. O mestrado, que se imparte na modalidade híbrida —10% presencial—, está aberto a un máximo de 40 estudantes e diríxeno por Miguel Túñez, da USC, e Pere Vila Fumas, de RTVE Instituto.
O xornalista Ignacio Ramonet. (Foto: Editions Galilée via Wikimedia Commons)
Seminario

Ignacio Ramonet analiza na USC as chaves da xeopolítica actual

Acontecementos recentes que ocasionaron un forte impacto no mundo como a pandemia do coronavirus ou a guerra en Ucraína serán algúns dos eixos do seu relatorio.

Medios informativos manipulados

O prazo para que chegue aos 14,55 metros remata o 30 de xullo. (Foto: Nós Diario)
DEPORTES

As mulleres deportistas continúan minorizadas na radio e na televisión

Protagonizan só unha de cada dez pezas informativas.
Craig Willis é investigador en linguas minorizadas. (Foto: Arxina).
Entrevista

Craig Willis, especialista en linguas minorizadas: "Os medios son un piar para normalizar as linguas"

Craig Willis, (Illa de Wight, Reino Unido, 1989) é investigador no European Centre for Minority Issues, especialista en medios de comunicación en linguas minorizadas. Vén de estar na Galiza para analizar canda outros investigadores o papel do galego e doutros idiomas minorizados no ámbito dos medios de comunicación.
O alumnado do IES Perdouro
durante unha das gravacións do programa radiofónico 'Proxecto Neo' en colaboración con Radio Burela. (Foto: Lucía Rivas)
star
Semana da Prensa

Teatro, prensa, radio, mapas e máis ideas para tratar a inmigración nas escolas

Para conmemorar a semana da prensa no ensino, que comezou esta segunda feira, 'Nós Diario' conversa con docentes de distintos niveis da Educación Primaria e Secundaria para coñecer como se trasladan  ás aulas diversas temáticas de carácter social.
O presidente do comité, Tiago Alvite, da CIG. (Foto: Arxina)
SOCIAL

Tiago Alvite (Comité Intercentros): "A CRTVG está secuestrada polo PP para manterse no poder"

O Comité Intercentros da CRTVG convocou unha manifestación para este domingo en Compostela, secundada por máis de 60 colectivos sociais, culturais e formacións políticas, para exixir “unha CRTVG ao servizo do pobo”. Nós Diario conversa co presidente do Comité Intercentros e sindicalista da CIG, Tiago Alvite, para coñecer as razóns da protesta.
Obelleiro, De Paz, García, Carballa, Hervella e Rodríguez, na xornada de hoxe. (Foto: Arxina)
SOCIAL

María Obelleiro reivindica o futuro do xornalismo multisoporte e aproveitar as sinerxías de papel e dixital

A directora de 'Nós Diario' participa nunha xornada sobre xornalismo.

Manipulación certificada

A psicose das elites

Raquel Lema, Juan Oliver, Alexandra Pacheco,  
Alberte Mera e David Lombao (Foto: CUT).
SOCIAL

Xornalistas reflexionan sobre a "manipulación" que padece a CRTVG

A igualdade de xénero na televisión e as radios públicas ou a "vulneración dos dereitos" que padece o cadro de persoal tamén saíron á palestra. 
ctualmente, indica o documento, na Galiza non se rexistra brecha de xénero en uso de dispositivos electrónicos
SOCIAL

A Galiza "rompeu" por primeira vez en 2020 a fenda dixital de xénero, segundo a Consellaría de Emprego e Igualdade

O 91,4% das mulleres galegas, fronte ao 91,2% dos homes, utilizaron este tipo de dispositivos no últimos tres meses, cunha porcentaxe feminina igual ou superior ao masculino entre as mulleres de máis de 34 anos.
Dous camións pasando pola AP-9 (Foto: Arxina).
ECONOMÍA

O sector galego do transporte non garante o abastecemento no Nadal

Apetamcor afirma que faltan profesionais e destaca o aumento dos custos.
móbil redes internet
SOCIAL

Que pasará se non aceptas as novas condicións de WhatsApp?

As usuarias e usuarios que non o fagan antes do 6 de novembro ficarán sen algunhas funcións importantes da aplicación
Brais Nogueira está especializado en cinema (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Brais Nogueira, Balea Cultural: "Cubrimos eventos culturais de vangarda en galego e cunha perspectiva alén da dos medios xeneralistas”

Balea Cultural é un medio de comunicación dixital que naceu en 2018 e que está especializado no xornalismo cultural. Os seus fundadores, Mario Fernández e Mauro Borrazás, buscaban confeccionar un espazo no que tratar sobre eventos culturais non tan comerciais. Brais Nogueira, que se uniu pouco tempo despois do seu nacemento, explica que o obxectivo de Balea Cultural é tender cara á profesionalización do medio ao tempo que lle dan presencia e voz a proxectos culturais feitos en lingua galega.  
 
Darío puido xuntar dúas das súas paixóns o xornalismo e o Celta. (Foto: Nós Diario) #celta #galego #concurso #deportes #daríoeyré
Darío Eyré, xornalista gañador de 'A voz do celtismo'

Darío Eyré: "É un sopro de aire fresco para a comunicación deportiva que se pule por normalizar o galego"

Darío Eyré é un xornalista de Chantada que este verán gañou un concurso do Real Club Celta de Vigo chamado A voz do celtismo. Isto permitiulle narrar algúns partidos de pretempada do equipo vigués para a súa canle oficial. Darío Eyré destaca o bo trato das traballadoras de comunicación do Celta, ao tempo que valoriza a “concienciación” do club galego tras o auxe nas redes da campaña #FainoEnGalego, que instaba os clubs deportivos da Galiza a empregaren e fomentaren o uso e a normalización da lingua galega.  
Persoal da OMIX de Tomiña prepara o inicio da actividade de comunicación e reinserción social.
SOCIAL

De Tomiño a Cáceres: 'Palabras libres para mulleres presas' nunha carta manuscrita

A Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias vén de darlle o visto bo a un proxecto da Oficina Municipal de Información Xuvenil de Tomiño que quere impulsar un intercambio epistolar entre mulleres do Baixo Miño e reclusas dun cárcere de Cáceres. Cartas manuscritas para mudar a mirada sobre a catividade.
Lucía Rodríguez é socia fundadora da Asociación Ser de Oliver Laxe, na imaxe en Navia de Suarna (Ángela Álvarez).
SOCIAL

Lucía Rodríguez: "A xente nova, coa pandemia, valoramos máis o sitio en que vivimos e a liberdade que temos"

Lucía Rodríguez ten 21 anos e vive nas Salgueiras, lugar da parroquia de Son situada no val do río Ser, no concello de Navia de Suarna. Na súa aldea só viven ela e a súa familia, o resto de casas están abandonadas ou deshabitadas. O amor pola súa comarca fixo que iniciara, como proxecto de fin de grao en Publicidade e Relacións Públicas, a páxina de Facebook 'O Argueiro dos Ancares'. 
Montse Vázquez no seu despacho da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación en Pontevedra (Nós Diario)
SOCIAL

Montse Vázquez: "A tecnoloxía tivo avances, mais o cerebro é a materia máis importante"

Os vindeiros días 27 e 28 de maio Pontevedra acollerá o I Congreso Internacional de Creatividade e Universidade, organizado polo profesorado das universidades de Vigo e do Minho. Co lema "Pensar creando, crear pensando", a proposta, que contará coa posibilidade de ter un carácter presencial, vai máis alá dos estudos de publicidade e presenta unha fórmula válida para resolver problemas. Nós Diario fala coa responsábel de coordinar este evento, a profesora Montse Vázquez da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.