Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
A vivenda de segunda man na Galiza encareceu 3,39% en maio a respecto do mesmo mes de 2022, segundo o último informe do portal inmobiliario Pisos.com, que sitúa o prezo do metro cadrado en 1.347 euros, o mesmo que en abril. No conxunto do Estado español subiu o seu custo por volta de 6,47% en maio, até os 2.053 euros o metro cadrado. Por circunscricións, Pontevedra foi a que rexistrou un maior incremento, subindo 7,55%, até os 1.601 euros o metro cadrado. Na Coruña só creceu 0,07%, até 1.378 euros, mentres que en Lugo o incremento foi de 2,18%, con 910 euros, e en Ourense, de 0,74%, até 951 euros o metro cadrado.
En outubro vendéronse 1.645 vivendas no país, o que representa un descenso de 1,7% en comparanza co mesmo mes de 2021.
O Goberno modificou a lei para deixar que os comercios podan limiten de forma temporal a venda de produtos ante un risco xustificado de falta de subministración.
Un informe do departamento de Vivenda do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana amosa como o incremento da demanda despois do confinamento pola Covid-19 axudou ao valor taxado dos bens residenciais a seguir crecendo. Así, igual que os alugueiros, as contías que se demandan para mercar unha casa, con independencia das condicións nas que se atope non deixan de medrar.
O Índice de Prezos de Consumo (IPC) continúa coa súa escalada en outubro na Galiza e dispárase un 5,7% en relación ao mesmo mes do ano anterior, por riba da media estatal (+5,4%).