competencias

CkqYQ5qWkAA__Re
POLÍTICA

O PSdeG pide as transferencias de tráfico, inspección de traballo, policía autonómica e AP9

Xaquín Fernández Leiceaga, candidato do PSdeG á Xunta, e Pilar Cancela, nº1 ao Congreso pola Coruña, deron a coñecer en rolda de prensa as propostas económicas da formación socialdemócrata para Galiza. Entre elas, atópase a transferencia das competencias de tráfico, inspección de traballo, policía económica e AP9.

Callón Nós Cultura
POLÍTICA

Callón propón suprimir o Ministerio de Cultura e trasladar as competencias a Galiza

O número 1 de Nós Candidatura Galega pola Coruña asegura que o modelo actual “da as costas ao carácter plurinacional e pluricultural do Estado”.

Os gandeiros e a libre competencia

As  sancións impostas polas autoridades estatais da Competencia ás grandes industrias leiteiras reflicten  que o sector da transformación láctea xoga coa inestabilidade da demanda  (“mañán non che recollo ou che recollo só a metade”),  coa estabilidade da oferta e  co carácter perecedoiro do produto (“mañá produzo outros dous mil litros e teño que vendelos xa”) para acadar prezos moi baixos que moitas veces non acadan os custos de produción.

Cadea de envasado do leite
ECONOMÍA

Competencia multa a industria láctea por máis dunha década pactando prezos

A comisión impón unha multa de 88 millóns de euros a 9 empresas por unha práctica "continuada" entre os anos 2000 e 2013.

Home sachando
SOCIAL

"A competencia desleal é a das grandes áreas comerciais"

Desde Fruga exixen a "suspensión inmediata" do decreto que restrinxe a venda directa en mercados e feiras locais. Denuncian que a medida "pretende acabar" con este modelo comercial tradicional.

Capitalismo: da competencia á guerra

Dise que a crise comezou porque estoupou a burbulla inmobiliaria. Porén, a esta hai que engadir a especulación financeira, a queda do consumo pola inmensa concentración da riqueza, os capitais ociosos nos paraísos fiscais, os límites ecolóxicos e de materias primas e enerxéticas, e o exceso relativo de capacidade produtiva. 

Ana Rúa 340
ANA RÚA SOUTO COORDINA ESTE A FONDO

"O goberno galego non pelexa para defender as propias competencias en comercio"

Como David fronte a Goliat. Esa é a situación do comercio galego fronte ao titán neoliberal e centralista co que se enfronta. Entrevistamos a Ana Rúa Souto, ex directora xeral de Comercio e coordinadora do A Fondo desta semana.

ECONOMÍA

Competencia frea o 'tarifazo' da luz por "circunstancias atípicas" na poxa

Coida que puideron existir irregularidades no proceso de poxa eléctrica perante "a concorrencia de circunstancias atípicas". A decisión da CNMC podería paralizar un incremento do custe da luz proximo ao 11% a partir de xaneiro.

prestige
POLÍTICA

Nen PP nen PSOE apoian a transferencia á Galiza do salvamento marítimo

O Congreso d@s deputad@s rexeitou a proposición non de lei defendida pola parlamentar do BNG Olaia Fernández Davila en que denunciou que as decisións a respeito da maior catástrofe ecolóxica da historia do País e do Estado español se tomaran desde Madrid sobre uns feitos que estaban a acontecer na costa galega.

gales
INTERNACIONAL

Cymru (Gales) decidirá en referendo se quer ter máis competencias

O primeiro ministro británico, David Cameron, anunciou unha lei para permitir que @s gales@s poidan decidir se queren xestionar parte dos impostos e afirmou: "Durante demasiado tempo as decisións sobre o futuro de Gales tomáronas burócratas a centos de millas de distancia, en Westminster (parlamento británico)”.


 

ECONOMÍA

AGE recórdalle a Currás que evitar a venda de preferentes era competencia da Xunta

Denuncian que o Executivo “mirou para outro lado mentres se perpetraba a estafa das preferentes e subordinadas”.

Comedor escolar
SOCIAL

A Xunta recorta competencias aos consellos escolares dos centros educativos

Mandou unha circular notificando que limitan contratacións de servizos, no que desde a CIG entenden como un adianto do que vai vir coa Lomce

Hospital do Meixoeiro en Vigo
ECONOMÍA

A CIG di que a Xunta renuncia as competencias de inspección sanitaria en prol das mutuas privadas

A CIG vén de denunciar a intención da Xunta e da Consellería de Sanidade de camiñar cara á privatización da xestión das Incapacidades Temporais (baixas médicas).
ECONOMÍA

Navantia non construirá o dique flotante, considerado por Bruxelas 'competencia desleal'

Así o anunciou a SEPI durante a comisión de seguimento que celebra esta segunda feira cos traballadores de Navantia.
POLÍTICA

Seis edís crític@s do PP de Ames renuncian ás súas competencias no Goberno local

O rexedor conservador Santiago Amor seguirá á fronte deste municipio de 30 mil habitantes, mais farao en minoría ao contar co apoio de cinco reprensentantes d@s 21 que fan parte da corporación
LINGUA

Queremos Galego exíxelle á Xunta "que non abdique" nin das competencias nin da defensa da lingua

Ducias de persoas concentráronse ás portas da consellaría de Educación para reclamaren a volta do galego ás aulas, exixindo a derrogación do decreto de Feijóo e que o goberno galego lle faga fronte á lei de Wert. O Apalpador repartiulles noces e mandarinas, após deixarlle a Jesús Vázquez algúns sacos de carbón e un feixe de libros de texto iguais aos que o PP tirou por estaren redactados no idioma propio, gastando nesta medida máis dun millón de euros
ECONOMÍA

Competencia expedienta a nove lácteas por pactar imposicións @s gandeir@s


A Comisión Nacional de Competencia vén de incoar expediente sancionador a Asociación de Empresas Lácteas de Galicia e outras oito compañías por posíbeis conductas acticompetitivas.
Galiza

O BNG quere que a Xunta faga valer as súas competencias sanitarias e elimine o repago

Outros gobernos autonómicos elaboraron este tipo de normativas, para minimizar así o seu impacto entre @s pensionistas
Manifestación de afectad@s polas preferentes
ECONOMÍA

O comisario da UE de Competencia partidario de que o Goberno asuma o custo das preferentes

Joaquín Almunia defendeu esa vía como posíbel solución ao problema d@s afectad@s