comercio

Carteis de rebaixas este sábado en dúas tendas dun centro comercial de Santiago (Foto: Nós Diario).
LINGUA

O galego segue fóra das rebaixas nos grandes centros comerciais

Co inicio das rebaixas os centros comerciais anuncian os descontos empregando, na súa gran maioría, o castelán. A profesora  Ana Fernández Soneira, da UVigo, alerta da perda da "lembranza de marca" con esta situación.
Rebaixas no casco histórico de Noia (Foto: Beatriz García).
ECONOMÍA

Comerciantes esperan unhas rebaixas "sen euforias" e piden que se volvan regular os períodos de descontos

Comerciantes galegos prevén un período de rebaixas de verán "sen euforias" aínda que si con algún día no que aumentará a facturación, polo que insistiron en pedir ao Goberno central que volva regular os períodos de descontos.

camareiro bar hostalaría cervexa restaurante
Agora

Galiza lidera a caída de ofertas de emprego

Galiza foi o territorio do Estado español onde máis se reduciu a oferta de emprego o pasado ano, cun descenso de 18,43% que contrasta cun contexto estatal no que o número de vacantes aumentou 25,31% a respecto do ano anterior, segundo recolle o informe 'Oferta e Demanda de Emprego en España', de Infoempleo e o Grupo Adecco. No conxunto do Estado, o sector servizos é o que máis postos de emprego ofreceu en 2022, con 8,97% do total, o que implica 2,60 puntos porcentuais máis que en 2021.
rebaixas (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
TRABALLO

O persoal de H&M vai hoxe á folga, no inicio da campaña de rebaixas

Os sindicatos convocaron esta quinta feira os 4.000 traballadores e traballadoras da multinacional en todo o Estado español após os paros parciais da pasada terza feira. Buscan que a empresa sente a negociar novas melloras salariais.
Terrazas de estabelecementos hostaleiros na praza da Constitución de Vigo (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press).
star
ECONOMÍA

O sector servizos aumenta a súa dependencia do comercio e da hostalaría

A suba da facturación no sector servizos na Galiza, de 0,2% na taxa interanual de abril, sustentouse nos incrementos das vendas da hostalaría (20%) e do comercio (2,2%). Porén, a evolución das vendas destas actividades non se viu reflectida no emprego. A Galiza fica lonxe do crecemento da actividade científica e técnica rexistrado no Estado.
Manifestación da CIG con persoal de comercios de alimentación (Foto: CIG).
TRABALLO

Persoal do comercio de alimentación maniféstase en Lugo da man da CIG para reclamar "un convenio digno"

A marcha precede á xornada de folga convocada para a vindeira sexta feira 23 de xuño, coincidindo coa celebración do Arde Lucus, unha das datas de maior afluencia de xente na cidade lucense.
Unha persoa enche o depósito do seu vehículo nunha gasolineira (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

O prezo dos carburantes acumula tres semanas consecutivas de alza

A UE busca en Venezuela un socio para a importación.
A presidenta da C. Europea, Ursula von der Leyen, e o do Brasil, Lula da Silva. (Foto: Ricardo Stuckert / Palacio Planalto / DPA)
star
INTERNACIONAL

Mercosur reclama cambios á UE para ratificar o pacto comercial

Após definir o bloque comunitario a ratificación do acordo comercial entre a UE e o Mercosur como unha prioridade, a presidenta da Comisión Europea discute a cuestión cos líderes latinoamericanos, que piden un acordo equilibrado perante as últimas modificacións ao acordo introducidas por Bruxelas.
Cabeceira da mobilización decorrida este domingo en Vigo reclamando un convenio digno para o sector do comercio de alimentación. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

O comercio de alimentación irá á folga por un convenio digno

Centos de persoas percorreron este domingo as rúas de Vigo.

O potencial acordo comercial entre a UE e Mercosur xa fora tratado nun cumio dos Estados comunitarios o pasado 23 de marzo (Foto: Dario Pignatelli / Belga / DPA).
star
ECONOMÍA

A UE busca en Mercosur un socio para reducir a súa dependencia dos EUA e da China

A excesiva e crecente dependencia da UE con respecto aos Estados Unidos (EUA) e á China está a obrigar Bruxelas a buscar maior influencia noutros mercados. Neste sentido, a Comisión Europea quere acelerar a sinatura dun acordo comercial co bloque de Mercosur e estabelece como estratexia o acceso prioritario ás materias primas e outros recursos de América Latina.
Estabelecemento adherido ao programa dos bonos de descontos 'Activa Comercio'. (Foto: Xunta)
ECONOMÍA

Tes o bono 'Activa Comercio' e aínda non o gastaches? Esquécete del, xa quedou sen saldo

A Xunta mobilizou na convocatoria deste ano 2,5 millóns de euros, a metade que o pasado ano e a cuarta parte do destinado en 2021. O saldo esgotouse en menos de tres semanas e moitas persoas quedaron sen poder usar os seus bonos.
Varias persoas agardan no mostrador de facturación do aeroporto Rosalía de Castro de Compostela (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

O tráfico aéreo mundial recupera en abril 90,5% do nivel prepandemia grazas ás viaxes interiores nos Estados

O transporte aéreo de viaxeiros no interior dos Estados aumentou 2,9% en abril respecto a 2019, mentres que no mercado internacional alcanzouse 83,6% dos niveis prepandemia.
Compostela é das cidades que máis turistas recibirá (Foto: Arxina)
TRABALLO

O sector servizos lidera a caída do paro na Galiza

No mes de maio rexistráronse 4.909 persoas desempregadas menos que en abril.
Posto de 'souvenirs' na praza da Quintana, en Compostela, ateigada de turistas. (Foto: Nós Diario)
star
Análise

Coidar o comercio para coidar a cidade

Iago Lestegás é arquitecto urbanista.
Elaboración propia a partir de datos do IGE (2023).
star
Análise

Galiza e o seu sector exterior

Adrián Dios é profesor de Historia Económica na USC.
Mostrario de pendentes exhibido durante o Encontro Internacional de Torneiros da Madeira da Galiza en Xermade, A Terra Chá, en 2022. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
star
Análise

Luxo silencioso, o momento da artesanía

Sara Mandiá Rubal é doutora en Comunicación e Información Contemporánea.
Persoa mercando alimentos (Foto: Arxina).
ECONOMÍA

80% da poboación ve no prezo un obstáculo para un consumo sostíbel

Un estudo mostra a inquietude polo cambio climático.
Comercio en Santiago de Compostela (Foto: Nós Diario).
star
ECONOMÍA

O pequeno comercio arrastra perdas desde a chegada da pandemia

Rematada a pandemia, as súas consecuencias económicas aínda están a ser estudadas. Neste sentido, o Consello Económico e Social vén de analizar nun informe o impacto que tivo a Covid-19, a nivel galego, con datos dos diferentes sectores. Un dos máis castigados foi o terciario, que aínda padece os efectos da crise.
A finais de 2024 estará operativa unha nova superficie comercial, o Breogán Park, na Coruña, de 60.000 metros cadrados. (Foto: Breogán Park)
SOCIAL

Os centros comerciais ocupan un millón de metros cadrados na Galiza

As áreas e centros comerciais existentes na Galiza suman por volta de un millón de metros cadrados. Vigo e A Coruña lideran a presenza dun modelo de negocio que tamén se estende fóra das cidades galegas e con consecuencias sobre o comercio local ou a propia vida de barrios e vilas.
Comercio anunciando 
o seu feche en Compostela (Foto: Nós Diario).
star
ECONOMÍA

O comercio galego perde músculo e trata de defenderse da actual crise

Os datos do Réxime Especial de Traballadoras e Traballadores Autónomos (RETA) publicados este mes amosan que a Galiza perdeu nun ano 1.512 persoas que cotizaban no sector do comercio. A pandemia e a crise empeoraron a situación dun ramo que suma eivas propias ás procedentes das novas formas de consumo. Nos últimos anos, ademais, introducíronse fórmulas como as feiras 'outlet' con venda de grandes lotes de produtos como se fosen rebaixas.