cogomelos

Alejandro Mínguez co seu libro 'No pais dos cogumelos'. (Foto: Nós Diario)
Entrevista

Alejandro Mínguez, micólogo: "Na Galiza hai máis de 3.000 especies de cogomelos"

Alejandro Mínguez é un dos poucos galegos titulados en micoloxía. Herdou de seu pai a súa paixón polos cogomelos e leva toda a vida dedicándose á divulgación. Agora vén de presentar con Âncora Editora, en Portugal, a versión lusa do seu libro 'No pais dos cogumelos', que xa esgotou todos os exemplares da súa primeira edición.
O investigador Javier Pereira-Espinel, que fai a súa tese de doutoramento neste tema, recollendo cogomelos na zona estudada (Foto: Nós Diario).
star
ECONOMÍA

A rendibilidade dos piñeirais aumenta con cogomelos

O grupo operativo Cogomelos+, formado por membros da USC e a empresa Servitec, analizou durante dous anos a produtividade de fungos comestíbeis nunha comunidade de montes. O resultado presentarase en 2024 mais adiantan que é positivo, asegurando unha recollida de 75 kg/ha cada ano. 
Paxillus involutus (Foto: Alejandro Mínguez).
star
Reportaxes

Media ducia de cogomelos que pasaron de ser comestibles a tóxicos

A Galiza é terra de cogomelos. A humidade e a temperatura suave de outono e primavera propician a aparición de especies en distintos hábitats, malia que cogomelos, haber, hainos todo o ano, comestibles e tóxicos. Cada vez hai máis afeccionados, máis actividades formativas, saídas... Pero tamén todos os anos hai ingresos hospitalarios por intoxicacións causados por falta de formación e ausencia de precaución. A divulgación micolóxica galega, iniciada en 1961, aínda ten moitos capítulos por escribir, malia o avance nesta materia, e restan accións en formación regrada e micoturismo. 
Cogomelos de verán nun cesto. (Foto: Alejandro Mínguez)
SOCIAL

Os cogomelos que chegan coas treboadas

Que non chove a gusto de todos é certo. Mentres produtores de viño e froita miran ao ceo con incerteza e medo por se as chuvias poden anegar campos e derramar a produción, as persoas afeccionadas aos cogomelos esperan treboadas continuas como as que aconteceron nos primeiros compases do verán.
Exemplares de 'Clitocybe nebularis'.
star
Reportaxes

Micoturismo na Galiza. Unha materia pendente

Galiza é un pais rico en cogomelos silvestres malia o seu pasado micófobo. O papel da Igrexa foi determinante para que os froitos dalgúns fungos fosen definidos como “Pan do demo” e foran rexeitados, o que levou á inexistencia de cogomelos nos receitarios e a non telos como unha alternativa económica. O micoturismo é unha realidade en zonas próximas como Castela e León, pero na Galiza non arrinca, entre outras cuestións pola falta de profesionalización e de formación. Algo que podería empezar a cambiar.
Detalles do último 'Sermos Galiza' de 2022.
CULTURA

O turismo de cogomelos, a debate no último 'Sermos Galiza' do ano

Neste número do semanario entrevistamos tamén o director de cinema Néstor Suleiman.
Boletus do grupo edulis.
star
Reportaxes

Chega a tempada forte de cogomelos tras un seco verán

A Galiza vai rompendo coa súa micofobia corenta anos despois da publicación do primeiro libro de divulgación e tras sesenta anos de cursos e actividades de formación. Estamos nun ano de seca que augura unha mala tempada silvestre, agravada polo cambio climático, o abandono do rural e a man do home que provoca incendios e protagoniza recollidas indiscriminadas. Os cogomelos son unha riqueza natural que se deben protexer e recoller seguindo a normativa vixente e boas prácticas.
Extractos dos artigos do Sermos deste sábado. (Fotos: Nós Diario)
CULTURA

Grande Amore, a turistificación e os cogomelos, protagonistas do 'Sermos Galiza' desta semana

Como cada semana, Sermos Galiza trae as mellores pezas xornalísticas para amenizar a fin de semana e aprender. Bule este sábado ao teu quiosque ou fai subscritor de Nós Diario para desfrutar dun novo número do semanario!
Cogomelos (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Cogomelos: do monte ao prato con coidado

O monte é nesta época unha explosión de fungos. Níscaros, cogordos, sendeiriñas, champiñóns e andoas, os cogomelos máis empregados na cociña, son a tentación de quen percorre os sendeiros coa navalla e cesto na man. Na Galiza coñécense máis de 2.000 eumicetos, dos cales arredor dunhas 200 especies son comestíbeis. Unha ducia poden resultar mortais se se inxeren, outra media ducia son tóxicas, sen chegar a provocaren a morte de quen as come, e algo máis de 30, causan problemas menores.
O cultivo de Beatriz Rey realízase en troncos de castiñeiro que se aproveitaron da poda (Siltake)
ECONOMÍA

Beatriz Rey, bioquímica: "Todos os fungos fan que o noso organismo se enfronte mellor ás infeccións"

EuropaPress_3365074_setas
SOCIAL

Queres probar xa os cogomelos? Aquí tes as chaves para recollelos pola túa conta

A Xunta da Galiza ten unha serie de normas e recomendacións que sempre é preciso recordar cando comeza a tempada micolóxica. Se non atendes a estas oito regras podes enfrontarte a unha sanción.

Equipa de MycoGaliza Plantae, creadora de Mycokey (MycoGaliza)
Entrevistamos Andrés Cordeiro, socio fundador de MycoGaliza Plantae

“A nosa aplicación axuda a introducir conceptos biolóxicos ás persoas de a pé”

A aplicación de identificación de cogomelos Mycokey Galiza xa está dispoñíbel para descargar, de balde e en galego. Sermos Galiza conversa con Andrés Cordeiro, socio fundador de MycoGaliza Plantae, a empresa que se agocha tras esta ferramenta que parte dun forte compromiso pola sustentabilidade e o futuro do noso monte.
Cogomelos
CULTURA

Un feixe de libros para coñecer e cociñar cogomelos

A afección de ir ao monte por eles aumenta ano a ano. Agroman por toda parte e cada vez están máis na moda. Procuramos un feixe de libros para coñecelos e cociñalos. Estamos no tempo dos cogomelos. Tres con receitas e dúas guías, unha biblioteca esencial para se achegar aos froitos do monte.