clima

Praia do Vao, en Vigo. (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press)
SOCIAL

O mes de xullo foi "extremadamente cálido" e "moi seco", con 66% menos de precipitacións

As temperaturas máximas foron, de media, 3,9 graos superiores ao habitual na Galiza nesta altura do ano, mentres as mínimas ficaron tamén 1,5 graos por riba da media dos últimos anos.

'Salvar nossos oceanos. Proteger o nosso futuro'

O lume de Melón foi estabilizado na tarde desta quinta feira. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
SOCIAL

Oito incendios activos en diferentes puntos do país arrasan máis de 400 hectáreas nas últimas horas

Os perto de 6.000 raios que caeron sobre a Galiza desde a tarde da quinta feira orixinaron estes lumes, aseguran desde a Consellaría do Medio Rural.
Ourense segue a liderar as temperaturas extremas. Na imaxe, unha muller refrescándose esta quinta feira nun parque do municipio. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
SOCIAL

Ourense pulveriza a marca da terza feira e alcanza os 44 graos

Activada a alerta vermella na cunca do río Miño polas temperaturas extremas que continuarán, cando menos, até a segunda feira.
Terrazas baleiras en Ourense por mor da calor extrema, que segue sen remitir. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
SOCIAL

A calor non dá tregua e os termómetros volven superar a barreira dos 40 graos

Vigo rexistrou a noite máis cálida das dúas últimas décadas, cunha temperatura mínima de 29 graos centígrados.
Non é aconsellábel visitar as praias nas horas de máxima calor. (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press)
SOCIAL

Seis consellos prácticos e sinxelos para combater as altas temperaturas

Unha axeitada hidratación e eludir o sol nas horas de máxima calor son as principais recomendacións das persoas expertas.
Os termómetros achéganse estes días aos 40 graos centígrados en boa parte do país. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A alerta máxima pola vaga de calor esténdese ao conxunto da Galiza até a sexta feira

O Goberno galego vén de decretar a medida ante a chegada dunha masa de ar cálida de orixe norteafricana.
Unha praia de Marín, o pasado 5 de xuño (Foto: Beatriz Ciscar / Europa Press).
SOCIAL

A Galiza esquiva as temperaturas máis extremas da vaga de calor pero alcanzará nalgúns puntos os 36 graos

Hai alerta amarela por fenómenos costeiros na costa noroeste do país.
Os lóstregos protagonizaron as última horas. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Máis de 1.400 lóstregos caeron na Galiza en 24 horas

As altas temperaturas e os raios de sol foron aproveitados por moitas persoas nalgunhas zonas do litoral galego para visitar as praias, ficando sorprendidas pola rápida transformación meteorolóxica cara á chuvia e a tempestade.
Fortes refachos de vento e ondadas na Coruña, o pasado 8 de xaneiro (Foto: M. Dylan / Europa Press).
SOCIAL

Toda a costa galega, en alerta amarela por refachos de vento e forte ondada

As temperaturas baixan e oscilarán entre os 3 graos de mínima de Lugo e os 14 de máxima de Vigo e Ourense.
O ano pasado foi cálido no seu conxunto, aínda que con bastantes contrastes cada mes. (Foto: Bea Císcar / Europa Press)
SOCIAL

A Galiza rexistra temperaturas medias por encima do habitual por noveno ano consecutivo

Segundo os datos de precipitacións recollidos nas estacións meteorolóxicas máis representativas do país, nos últimos 12 meses o volume de choivas inscritas foi menor do esperado, polo que 2021 debe considerarse, tamén, un ano seco.
As rúas de Vigo, iluminadas por mor do Nadal, o pasado decembro. (Foto: Arxina)
SOCIAL

Decembro de 2021, o terceiro máis cálido dos últimos 40 anos

A Galiza rexistrou un mes de decembro "normal" no que atinxe ás precipitacións, e "moi cálido" no que respecta aos termómetros, cunha temperatura media que se situou 2,1ºC por riba do esperado. Esta anomalía converteu o decembro de 2021 no terceiro máis cálido da serie histórica de referencia, con rexistros desde 1981.

Cume do Clima: Unha lavagem de cara?

A natureza como actor político

Glasgow

g20 roma Borja Puig De La Bellacasa-min
INTERNACIONAL

G-20 promete esforzos para cumprir a meta de 1,5 graos mais sen compromisos

Establece destinar 100.000 millóns de dólares anuais aos países en desenvolvemento para axudar na “transición verde”

Desasosego

O cambio climático alimenta eventos extremos como incendios, secas ou innundacións, cada vez máis frecuentes (Foto: Antonio Gálvez López).
SOCIAL

O Movemento Galego polo Clima advirte: "O Planeta non atura máis crecemento"

A crise climática é "a maior ameaza que afronta a humanidade", afirma a ONU nun informe recente que teima na situación dramática que arrastra o Planeta desde hai décadas. As consecuencias son irreversíbeis mais non deben impedir unha actuación sostida para limitar o cambio climático e o seu impacto na saúde humana e ambiental.
capa producir
star
Caderno 'Producir'

Crise climática (I). Non debemos seguir crecendo

O 31 de outubro comezarán en Glasgow as sesións da 26ª Conferencia da ONU sobre mudanza climática. As deliberacións desenvolveranse sobre o pano de fondo do sexto relatorio do Panel Intergobernamental sobre Mudanzas Climáticas (siglas inglesas, IPCC). Elaborado por 234 expertas de 66 países despois de consultar máis de 14 mil artigos e investigacións, asinado por 195 Estados, condensa a evidencia científica máis robusta. O relatorio confirma que a temperatura media global aumentou, como consecuencia da emisión de gases de efecto invernadoiro, máis de 1 grao sobre a previa á revolución industrial, que o incremento é superior nos continentes que nos océanos, e que máis que se duplica no Ártico.

As armadillas da economía, ou o balanzo dos taberneiros