Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
O pioneiro da produción Víctor Ruppén, as fitas galardoadas nos últimos Mestre Mateo e o documental etnográfico serán os eixes da programación coa que o Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI) na Coruña celebra a semana do Día das Letras.
Existen máis imaxes en movemento da vella Galiza das que parece. O Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI) vén de dispoñibilizar na súa nova páxina web un mangado de históricas pezas audiovisuais rescatadas pola propia filmoteca. Entre elas, imaxes de Castelao en Bos Aires, rexistradas entre 1940 e o seu pasamento.
É un dos cineastas fundamentais da contemporaneidade. Enormemente influente e, ao tempo, radical e voluntariamente marxinal, o francés Jean-Luc Godard (París, 1930) leva axitando as pantallas desde que en 1959 dirixiu À bout de souffle. A filmoteca galega dedícalle agora un pequeno ciclo a propósito do filme inédito Grandeza e decadencia dun pequeno comercio de cinema.
A filmoteca pública, é dicir, o Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI) da Coruña, inicia mañá un ciclo de filmes dedicados á época en que se escribiu o pergamiño Vindel. “Cinema de temática medieval”, defíneno. Comeza esta terza feira, ás seis da tarde, coa proxección dun título pouco coñecido de John Huston: Un paseo polo amor e a morte (1969).
En maio e xuño o CGAI programará 'Cine portugués: novas olladas', comisariado polo cineasta galego Miguel Castelo, inclúe seis títulos de destacados realizadores do momento
CIG avanza que estuda presentar unha demanda contra a RPT pola que se despide un traballador.
Logo da polémica polo proceso de desmantelamento que está a sufrir o CGAI, agora vimos de saber que o CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea), dependente tamén da Consellaría de Cultura e Educación, está a preparar a amortización de dúas prazas máis, o que supón a guinda a un proceso de recortes que supuxo nos últimos 8 anos unha redución de 11 traballadores no principal centro de arte contemporánea de Galiza.
O ciclo de cinema This is Now: film and video after punk propón unha ollada ás formas de expresión revolucionarias que xurdiron a comezos dos oitenta no Reino Unido, cuxa influencia desafiante se rastrexa na produción audiovisual contemporánea.
A Asociación de Actrices e Actores de Galicia, Asociación de Guionistas de Galicia, da Asociación de Directores e Realizadores de Galicia, o Observatorio Audiovisual de Galicia, AGAPI e a Academia Galega do Audiovisual veñen de publicar un comunicado conxunto no que cualifican de “grave” o desmantelamento do CGAI.
Alertan de que a Xunta procura un “feche encuberto”, o que “constitúe unha grave ameaza para a memoria histórica da Galiza e para a subsistencia do sector audiovisual galego”.