CGAC

20210212_151018
Formou parte da mostra 'Museo (do ermitán) Man'

A réplica da casa de Man vai para Camelle

O Centro Galego de Arte Contempórane (CGAC) cede ao Museo de Camelle a réplica da casa de Manfred Gnädinger, o alemán ou Man de Camelle, á galería da vila bautizada co nome do artista.
Antón Patiño (Foto: Cora Patiño).
star
Entrevistas

Antón Patiño: O infinito na ollada

Antón Patiño (Monforte de Lemos, 1957) é non só un dos artistas máis brillantes e recoñecidos da arte galega actual, senón tamén un dos que con máis insistencia reflexiona sobre o feito artístico e sobre o papel da imaxe na identidade dun pobo. Logo dun adiamento obrigado pola irrupción da pandemia da COVID-19, vén de inaugurarse no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Compostela a súa exposición Caosmos, na que, case ao modo dunha antolóxica persoal, confronta obras de mocidade e de madurez para propor un diagnóstico sobre a sociedade do risco e a modernidade do caos na que estamos inmersos.
'Pièce distinguèe nº 45' (Foto: Nós Diario).
star
Arte

O Manual de uso de La Ribot en Compostela

M anual de uso, a exposición de La Ribot (Madrid, 1962) que presenta o CGAC, desenvolve un percorrido polos traballos da artista dos últimos 20 anos. 
'Rostro-labirinto' (2007). (Foto: Antón Patiño).
star
Arte

Antón Patiño, pintura para dar sentido ao mundo

Máis que unha antolóxica Caosmos, a mostra dedicada polo Centro Galego de Arte Contemporánea ao pintor Antón Patiño (Monforte, 1957) semella a plasmación dun elaborado diálogo entre o artista e o comisario Alberto Ruiz de Samaniego, que acaba por crear unha tonalidade que paira polas distintas salas do museo e que ofrece unha imaxe global da traxectoria artística e intelectual do pintor.
O obra do artista parte dunha meditación sobre o medio natural. (Foto: Nós Diario).
star
Arte

Man de Camelle: o mundo é un xardín á beira do mar

Recuperada unha (relativa) normalidade expositiva achegámonos a unha mostra ben singular, a dedicada a Manfred Gnädinger (Radolfzell, 1936 - Camariñas, 2002), Man de Camelle, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).
392 Arte
star
Arte

As crebas de Francesc Torres

O CGAC presenta unha mostra individual de Francesc Torres (Barcelona, 1948), un creador amplamente recoñecido como un dos referentes históricos da instalación multimedia, membro da primeira xeración de instaladores xurdida no contexto artístico norteamericano na primeira metade dos anos setenta.
 
384 Arte
star
Arte

Da paisaxe como dominio da natureza

A obra de Christian Villamide (Lugo, 1966) chama a atención pola linguaxe plástica e visual multidisciplinar, mais sempre estas formas están rexidas na súa concreción por unha vontade e unha análise conceptual. 
Baixada desde a Porta da Pena cara á nova portada valleinclanesca. (Foto: Nós Diario).
star
Arquitectura

Portas e camiños

Odispositivo de chegada ao conxunto de Bonaval, coa construción do Centro Galego de Arte Contemporánea como remate do novo parque, é unha das aproximacións espacialmente máis complexas e ricas da nosa arquitectura.
CULTURA

Cando a partitura é unha obra de arte gráfica

Suelen Estar Quartet interpretará ‘Treatise’, de Cornelius Cardew, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).
CGAC,_Santiago_de_Compostela_Cropped
Arte Contemporánea

Sorpresa e escepticismo ante a apertura das novas sedes do CGAC

O sector da arte acolle con sorpresa e escepticismo os anuncios das delegacións do Centro Galego de Arte Contemporánea en Vigo e Lugo. Sen responder ás demandas do eido, a iniciativa é contemplada como unha manobra electoral.
Román Rodríguez, conselleiro de Turismo, e Corina Porro, delegada territorial da Xunta en Vigo, na rolda de prensa
CULTURA

A Xunta promove dúas delegacións do CGAC en Vigo e Lugo

cgac
CULTURA

Creadoras galegas no CGAC do primeiro trimestre de 2019

O Centro Galego de Arte Contemporánea avanzou a súa programación para o primeiro trimestre de 2019. Estará protagonizada polas creadoras galegas: Loreto Martínez Troncoso e Ángela de la Cruz presentarán cadansúa exposición individual. Unha retrospectiva do belga René Heyvaert completa as mostras anunciadas.
 

CGAC,_Santiago_de_Compostela_Cropped
Fai 25 anos

O CGAC busca autonomía

O Centro Galego de Arte Contemporánea fai 25 anos de vida. As súas dependencias, deseñadas por Álvaro Siza na Compostela monumental, acollen a única colección pública dedicada á cuestión. Pero a pedagoxía e a autonomía son materias pendentes.

cgac
O CGAC celebra os seus 25 anos

Un cuarto de século de arte contemporánea

A obra de raíz surrealista de Maruxa Mallo inaugurou, hai agora 25 anos, o Centro Galego de Arte Contemporánea en Santiago de Compostela. O museo, instalado nun edificio deseñado polo arquitecto portugués Álvaro Siza, axiña virou en referente nacional da modernidade artística. A derradeira fin de semana de setembro celebra un cuarto de século con música, cinema ou danza.
 

quintanamartelo
MANUEL QUINTANA MARTELO, PRESIDENTE DA ACADEMIA DE BELAS ARTES

“Neste país o primeiro que cae é a cultura”

Pintor e presidente da Academia Galega de Belas Artes, Quintana Martelo lamenta a situación no CGAC, que está a preparar a eliminación de dous novos postos de traballo, dentro dunha política de recortes que supuxo nos últimos 8 anos unha redución de 11 traballadores no principal centro de arte contemporánea de Galiza.  

cgac
MÁIS RECORTES NA CONSELLARÍA DE CULTURA

O CGAC segue o camiño do CGAI ao eliminar dúas novas prazas

Logo da polémica polo proceso de desmantelamento que está a sufrir o CGAI, agora vimos de saber que o CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea), dependente tamén da Consellaría de Cultura e Educación, está a preparar a amortización de dúas prazas máis, o que supón a guinda a un proceso de recortes que supuxo nos últimos 8 anos unha redución de 11 traballadores no principal centro de arte contemporánea de Galiza. 

socias-cgac
CULTURA

Seis exposicións para un ano de CGAC

O novo director do CGAC vén de presentar a súa primeira programación: mostras individuais de Antoni Socías, Marisa González, Berta Cáccamo e da austríaca Eva Lootz e dúas colectivas: unha de artistas galegos contemporáneos e outra de fondos do propio centro. 

olmo
CULTURA

Cultura presenta Santiago Olmo como novo director do CGAC

A Consellaría de Cultura presentou esta quinta feira a Santiago Olmo como novo director do CGAC, sen responder ás alegacións do proceso de selección. 

cgac
CULTURA

O CGAC continúa sen director e prolonga as exposicións até setembro

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) continúa sen ter nomeado novo director, despois de que o convulso proceso se saldase con Santiago Olmo como candidato máis puntuado, alegacións dos dous finalistas e a dimisión da presidenta e unha vocal do Padroado. Sen programación, veñen de anunciar a prórroga de case tres meses das mostras que se pechaban esta semana.     

POLÍTICA

Piden anular o proceso de selección do novo director do CGAC

O BNG reclama cunha Proposición non de lei iniciar de novo a escolla de maneira "limpa e transparente".