Ceuta

Tanques blindados do Exército español na praia do Tarajal, mentres devolven sen proceso xudicial as persoas que entran en Ceuta. (Foto: Antonio Sempere / Europa Press)
INTERNACIONAL

Son Ceuta e Melilla "unha afronta á integridade marroquí"? As palabras dunha ex ministra do PSOE reavivan a tensión nas dúas cidades

Tanto o PSOE de Ceuta como o de Melilla acusaron María Antonia Trujillo de facer declaracións “falsas e inaceptábeis”.
A delegada do Goberno español en Ceuta, Salvadora Mateos. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

"As amas do fogar estamos desexando que volvan as mozas": a delegada do Goberno español en Ceuta sobre o peche da fronteira con Marrocos

"Dígocho comezando por min que estar traballando aquí pola mañá e estar de limpeza pola tarde, a verdade é que costa", afirmou a delegada de Goberno na pasada sexta feira, durante a realización dunha rolda de prensa.

Depende

Fechadas sen dereitos

Migrantes intentando cruzar onte a Ceuta. (Foto: Antonio Sempere / Europa Press)
INTERNACIONAL

Para a Avogacía do Estado a cobertura legal da repatriación de menores non acompañados de Ceuta foi "axeitada e suficiente”

A Avogacía do Estado xustifica as deportacións na situación de Ceuta, e responsabiliza a Cidade Autónoma da legalidade das repatriacións forzosas.

Menores marroquís chegan ao xulgado de Ceuta a presentar un 'habeas corpus' esta semana. (Foto: Antonio Sempere / Europa Press)
INTERNACIONAL

Interior nega ser responsábel da deportación de menores

Ben que o ministro de Interior, Fernando Grande-Marlaska, defendeu en medios de comunicación a deportación de menores non acompañados a Marrocos, o Ministerio defende na Audiencia Nacional que a responsabilidade é de Ceuta, antes de que a Audiencia rexeitara suspender as repatriacións.
Unha furgoneta con menores non acompañados sendo deportados a segunda feira a Marrocos. (Foto: Antonio Sempere / Europa Press)
INTERNACIONAL

Freo a repatriación forzosa de menores marroquís en Ceuta

Un tribunal de Ceuta frea a polémica repatriación forzosa de menores marroquís non acompañados, mentres a Audiencia Nacional solicita información ao Ministerio de Interior para avaliar a legalidade das deportacións, que para a Fiscalía e as ONG son claramente ilegais e contrarias á lexislación.
Furgoneta en Ceuta con menores sendo enviados a Marrocos esta segunda feira. (Foto: Antonio Sempere / Europa Press)
INTERNACIONAL

Critican a repatriación forzosa de menores cara a Marrocos

A devolución forzosa de menores non acompañados de Ceuta a Marrocos que comezou a pasada sexta feira está despertando críticas en contra do Ministerio de Interior procedentes tanto desde as ONG como desde o seo do Goberno do Estado, nun proceso do que non foi alertada a Fiscalía Xeral estatal.
Menores en Ceuta tras a crise migratoria de mediados de maio. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

A UE condena Marrocos por usar menores na crise de Ceuta

A Eurocámara condenou nunha resolución o abuso dos dereitos humanos polo réxime de Marrocos, rexeitando o uso de menores por parte de Rabat na fronteira con Ceuta para chantaxear España en prol da súa axenda co Sáhara. Desde a esquerda e o soberanismo criticaron a complicidade da UE e España con Rabat.

Chantagem

Vultos na area

O mellor de cada casa

Carmen Calvo durante a súa intervención no Congreso, entre Pedro Sánchez e Yolanda Díaz. (Foto: R.Rubio.POOL / Europa Press)
INTERNACIONAL

Calvo rexeita implicar o rei con Marrocos e di que non mudou a postura ao redor do Sáhara

A vicepresidenta primeira do Goberno español, Carmen Calvo, defendeu esta sexta feira que o obxectivo do Executivo agora é restituír a relación con Marrocos tras o que denominou "asalto" á fronteira en Ceuta, mais rexeitou que vaian implicar o rei para iso, ao tratarse dunha cuestión "política" que non se corresponde coas súas funcións.

Persoal sanitario atende menores en Ceuta (Foto: Antonio Sempere / Europa Press)
POLÍTICA

Galiza acollerá 20 menores de Ceuta mais Feixoo quéixase da repartición

O presidente galego, Alberto Núñez Feixoo, queixouse dos criterios de repartición: "Imos ter os mesmos que a Comunidade de Madrid", aseverou.

E ao día seguinte, o valado da vergoña seguía alí

Militares do Exército español vixiando onte o valado que separa Ceuta de Marrocos. (Foto: Antonio Sempere / Europa Press)
INTERNACIONAL

Remite a situación en Ceuta, con 5.600 persoas expulsadas

O abandono da fronteira por parte da Policía marroquí en resposta á atención hospitalaria en Logroño do líder da Fronte Polisario, Brahim Ghalicon, provocou que 8.000 persoas migrantes accederan a Ceuta. Ao tempo que as expulsan sen proceso xudicial, o Estado e a UE néganse a responsabilizar a Marrocos.
Feixoo na rolda de prensa para informar das medidas sanitarias. (Foto: Xunta da Galiza)
POLÍTICA

Feixoo di que o de Ceuta é "a factura" que España paga polo "efecto chamada" do Goberno estatal

Carga contra a política migratoria "errada" do Executivo español.
ceuta migración Antonio Sempere Europa Press
SOCIAL

Foro Galego de Inmigración ve "ilegais" as devolucións en quente e critica o despregamento do exército en Ceuta

Esta entidade remarcou que a "militarización da fronteira sur" representa "un feito inédito" en relación ao tratamento da migración no Estado.

Tanques blindados do Exército español na praia do Tarajal, mentres devolven sen proceso xudicial as persoas que entran en Ceuta. (Foto: Antonio Sempere / Europa Press)
INTERNACIONAL

Marrocos forza unha crise migratoria

O Goberno de Pedro Sánchez mobiliza o Exército español en Ceuta para controlar unha crise migratoria provocada por Marrocos en represalia a atención hospitalaria en Logroño do líder do Fronte Polisario.

Avalancha