Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
Realizar, con datos tirados dunha enquisa e de entrevistas, un diagnóstico da situación profesional dos autores e autoras do país. É o obxectivo do ‘Libro Branco’ no que a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega está a traballar, que será o primeiro do seu xénero realizado na Galiza que se centra no “elo máis feble” da creación literaria. Un estudo que permitirá identificar as carencias e fortalezas do sector desde a perspectiva da autoría e axudar a representar a mesma, reivindicando os seus dereitos.
Será no marco da Feria Internacional del Libro del Eje Cafetero, unha das máis relevantes de Colombia, na cidade de Pereira.
Poucas pessoas enchem tão claramente de conteúdo a palavra intelectual como o brasileiro José Jackson Coelho Sampaio, reitor da Universidade Estadual do Ceará, renovador da psiquiatria no seu país, doutor honoris causa pela Universidade de Budapest, escritor e ele próprio tradutor da obra do poeta galego Cesáreo Sánchez Iglesias. A Universidade Estadual do Ceará outorgou a Cesáreo Sánchez Iglesias a medalha do mérito artístico Alberto Nepomuceno. Quem é responsável da introdução da obra do escritor de Dadín‑Irixo no universo cultural brasileiro é José Jackson Coelho Sampaio, a quem entrevistamos via correio electrónico.
Unha palestra sobre a poesía galega e un concerto de Uxía, entre as actividades do programa da Universidade Estatal
O poeta que publicou hai 41 anos Silencios e conversas de inverno -primeiro elo dunha longa cadea de títulos-, activista cultural e social, figura inevitábel da literatura contemporánea, recibe a vindeira semana a medalla de mérito artístico Alberto Nepomuceno da Universidade Estadual do Ceará do Brasil. “Sinto que é un recoñecemento á miña xeración”, di Cesáreo Sánchez Iglesias a Sermos Galiza, “e acéptoo con todo o pudor e toda a sincera humildade”.
A Alberto Nepomuceno (Fortaleza, 1864-Rio de Janeiro, 1920) correspóndelle, segundo os historiadores, a paternidade do nacionalismo na música académica brasileira. Tamén é o nome da medalla de mérito artístico da Universidade Estadual do Ceará, no Nordeste do Brasil, e que acaban de ser concedida ao poeta Cesáreo Sánchez Iglesias.
O territorio da cultura vive intres críticos. A transformación tecnolóxica, a desidia dalgunhas administracións a comezar pola Xunta, as dificultades para delimitar os seus lindes respecto do turismo ou, sobre todo, a precariedade laboral preocupan a diferentes axentes do sector. As proxeccións que realizan para o ano que empeza entornan, porén, un aire de resistente esperanza. Eis un extracto da información publicada no número 330 de Sermos Galiza.
A contradición é tamén un dos motores da poesía. Percibiuno Cesáreo Sánchez Iglesias (O Irixo, 1951) no Vietnam, o territorio do seu último libro de poemas: “Eu tiña vontade de falar daquel país e da súa historia. Mais, ao tempo, pensaba que era cruel falar da guerra nun lugar tan fermoso”. Decidiu asumir o paradoxo. As bolboretas do Mekong é o resultado, un extenso volume de memoria e crónica, de celebración e dó.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) congregou na mañá do sábado as súas socias e socios na Asemblea Xeral, en que aprobou recoñecer como Mestra e Mestre da Memoria Luz Fandiño e Manuel Pazos, así como ratificar Isabel-Clara Simó como Escritora Galega Universal e Xosé Ignacio Taibo como Escritor na súa Terra Letra-E. Entre as novidades, a AELG acordou celebrar un Parlamento de Escritoras e Escritores no outono.
O escritor Cesáreo Sánchez Iglesias recibe este sábado día 14 ás 12.30 no Pazo de Moldes, concello de Boborás, o Premio Losada Diéguez de Creación Literaria pola súa obra Caderno do Nilo (Xerais).
Cesáreo Sánchez Iglesias por Caderno do Nilo e Antón Cortizas por Tastarabás. Enciclopedia dos brinquedos tradicionais, son os gañadores da nova edición do Premio Antón Losada Díeguez, convocado polos Concellos de Boborás e O Carballiño.
"Cando comecei a escrita do Caderno do Mekong fíxeno como gratitude a un pobo que me axudou a ter conciencia antiimperialista e concretala na realidade da miña nación". Eis aquí a crónica