Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
A RAG define “cagón” na súa primeira acepción como alguén “que caga moito ou moitas veces, en particular cando o fai por si”.
Nos últimos anos, a partir do enorme éxito da campaña Vivamos como galegos do Grupo Gadis, algunhas grandes empresas acolléronse con entusiasmo á estratexia publicitaria de vender identidade de país, na procura dun achegamento afectivo á cidadanía.
O profesor de Dereito Administrativo na UdC e especialista en lexislación cultural foi secretario xeral da Consellaría de Cultura no bipartito no tempo no que se aprobou unha paralización temporal dos dous edificios da Cidade da Cultura.
Non cómpre ser moi viaxados para calquera se decatar da crúa realidade que sofre o interior de Galiza: avellentamento e perda de poboación. Sobran adxectivos, xa que con ningún se pode expresar este drama.
Arnaldo Otegi cumpre este mes de outubro catro anos preso. Este sábado unha manifestación en Elgoibar, a súa vila natal, pedirá a súa liberdade. Unha petición que roza a unanimidade nunha sociedade tan heteroxénea politicamente como a vasca.
A escasos metros do esquelete do tren sinistrado esta cuarta feira, a imprensa nacional e internacional ateiga --xunto con turistas e veciñ@s-- a pequena aldea de Lamas de Abade, convertida na zona cero da 'traxedia de Angrois'. En Sermos Galiza desprazámonos até o lugar dos feitos e revivimos as primeiras horas do accidente con algún dos seus protagonistas
A entrevista do sociólogo portugués Boaventura de Sousa Santos é, xunto co debate piloto xa publicado na rede, un adianto do que será Galiza Ano Cero á volta do verán, cando comece a súa programación real composta de debates e entrevistas.
Que tempo é bo para comezar a ir aos festivais? Na Coruña e en San Xoán non hai idade e para comezar ben cedo, o 24 de xuño a cidade prepárase para a invasión de cativada na primeira edición do “San Xoán Pequeniño”. Un novo festival musical para público de cero en diante