Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
Xoán Carlos Domínguez Alberte é escritor e profesor de Lingua e Literatura. Preparou para Nós Diario o fascículo sobre Longa noite de pedra, o derradeiro do coleccionábel Aí vén o maio.
Este documento inédito foi dado a coñecer esta terza feira polo Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova. Após 85 anos do gran mitin que decorreu na localidade, o colectivo achega un documento no que aparecen recollidas as sinaturas de Celso Emilio Ferreiro como vicepresidente e Xosé Velo como presidente.
A Manuel Antonio; sempre no mar é un poema esquecido de Celso Emilio Ferreiro. Non se trata dun inédito, dado que se publicou o 24 de agosto de 1960 en La Noche, mais si descoñecido. Non aparece recollido na Poesía Galega Completa (Xerais, 2004) nin nos máis antigos tres tomos da Obra completa (Akal, 1978-1981). Exhumouno o crítico e ensaísta Xesús González Gómez.
O 15 de Maio de 1966 arredor de 250 persoas participan dun acto no Hotel Roma de Ourense para homenaxear Celso Emilio Ferreiro, que estaba a piques de embarcar camiño da emigración venezolana, e para protestar contra os obras de construción do encoro de Castrelo de Miño que remataría por expulsar das súas terras centos de labregas e labregos.