Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
O Tribunal desestimou o recurso de casación presentado pola Xunta.
Hai unhas semanas saíu a noticia de que a Xunta realizará os exames CELGA no mes de abril e isto é unha vergoña
É moito máis ca un conflito laboral. A profesionalización do sistema de formación de adult@s non será posíbel sen o recoñecemento de dereitos laborais ao profesorado. Abordámolo neste A Fondo, disponíbel xa na nosa loxa.
O conselleiro, Román Rodríguez, accedeu após o encerramento de representantes docentes e da CIG-Ensino nas dependencias de Política Lingüística.
O profesorado Celga despedido con sentenza favorábel do TSXG será readmitido como persoal non fixo discontinuo pola Consellaría de Educación segundo lle foi comunicado á CIG-Ensino
A CIG-Ensino entrevistouse con Román Rodríguez. Para a central sindical, "constátase que o novo conselleiro vai ter unha política seguidista", afirmou Anxo Louzao.
Os afectados lamentan a ‘’calada por resposta’’ de Román Rodríguez e interprétana como un exemplo do ‘’desinterese’’ dom departamento pola problemática.
O tribunal dálle a razón á CIG-Ensino ao desestimar o recurso presentado pola Consellaría de Educación.
Até 26 sentenzas declaran a nulidade ou improcedencia do despedimento d@s docentes após exixiren condicións laborais dignas.
O persoal docente dos cursos de galego debe ser re-admitido, segundo ditaminan sucesivas sentenzas xudiciais ás que o goberno galego xa presentou recurso no TSXG.
A pesar de que as inspeccións de traballo e os tribunais do social declararan nulos os despedimentos do profesorado dos CELGA, a Consellaría de Educación continúa coa súa política de despedimentos, segundo denuncia a CIG-Ensino
O Xulgado do Social nº3 de Compostela admite a demanda presentada pola CIG-Ensino e sinala o "propósito atentatorio dos dereitos fundamentais" que supuxo o despedimento d@s docentes por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
A CIG-Ensino fará entrega esta terza feira, no rexisto da Xunta, das sinaturas recollidas por toda Galiza en apoio ao persoal docente despedido pola Consellaría de Educación.
Cando hoxe se abran ás 8:45 as portas das Escolas de Idiomas para unha nova convocatoria dos Celga, non poderei reprimir unha sensación de nostalxia e tristura. O primeiro porque tiven a sorte e o privilexio de facer parte, ata o ano pasado, do (excelente) equipo que puxo a andar o proxecto. A ilusión e experiencia acumulada noutras lides fixo que case en tempo récord se montase unha proba cunha facturación técnica (deseño da proba, procedementos e instrumentos de avaliación...), que en nada envexaba aos outros sistemas de certificación de linguas, cuxas dotacións de recursos humanos, materiais e económicos eran considerablemente superiores.
Ana Pontón e Cosme Pombo plantaron o responsábel de Política Lingüística, Valentín García, como protesta polo conflito do Celga.