Cee

xKneQjGumtLgCvF-800x450-noPad
A Xunta non garante a apertura ao público

Véndese castelo en Cee, declarado BIC, por 6 millóns

O Castelo do Príncipe, na parroquia de Ameixenda, en Cee, está en venda. O seu actual propietario, un magnate de La Rioja, véndeo por 6 millóns de euros. Malia ser declarado Ben de Interese Cultural (BIC), permanece fechado ao público e a Xunta de Galiza non garante as visitas mínimas ao mes que marca a lei. A Plataforma en Defensa do Castelo do Príncipe e mais o BNG reclaman a apertura do inmoble, cuxa construción encetou en 1740, e que se garanta a súa conservación.

2016 -12-09 FusiladosFranquismoOperariosFabricaCee01
A CIG lembra a loita de clases

80 anos dos asasinatos e da represión franquista en Cee

Punta Herminia, na Coruña, foi o escenario en que o 9 de decembro de 1936, ás 7h, se producían os fusilamentos que acababan coa vida de oito sindicalistas da Fábrica de Brens e veciños de Cee ou da comarca. A CIG apela a “resarcir a memoria dos que deron a vida polo pobo, pois son os verdadeiros mártires da liberdade”.

Concentración de Ferroatlántica en Cee
TRABALLO

Traballadores de Ferroatlántica fecharanse no Concello de Cee contra a venda das hidroeléctricas

A partir da segunda feira, 21, dará comezo un peche no Casa consistorial e haberá concentracións diarias.

Cee
REGULAMENTO DO GALEGO

O edil do PSOE en Cee, contra “la tediosa copulación de los ciudadanos y ciudadanas”

Modesto Rivas, concelleiro do PSOE en Cee, coñecido pola súa postura contraria ao regulamento de impulso da lingua galega, tamén critica o uso da linguaxe non sexista que trataba de implantar esta normativa municipal.

Cee
Pola súa postura contra o galego

Máis de 200 persoas piden a dimisión do concelleiro do PSOE de Cee

Máis de 200 persoas concentráronse na mañá do domingo diante do Concello de Cee en defensa do galego e pola dimisión do concelleiro do PSOE de Cee, Modesto Rivas, polas súa postura contraria á lingua.

SOCIAL

O edil do PSOE de Cee opina que o galego “no es la lengua de Galicia”

“Por su bien, dejemos ya al gallego en paz”. Así finalizou o edil do PSOE, Modesto Rivas, a súa polémica intervención no último pleno de Cee, no que se debateu a ordenanza de impulso do galego no concello.

Cee Pleno
PP, PSOE E CS VOTARON EN CONTRA

O Concello de Cee volverá presentar o regulamento do galego cun informe xurídico

Os votos a favor de IxC, grupo de goberno, e do BNG non foron suficientes para aprobar en Cee o regulamento de impulso social ao galego, que terá que volver levar a pleno acompañado dun informe xurídico.

DENUNCIA A MNL

O PSdeG négase a apoiar o regulamento para o impulso social da lingua galega de Cee

A Mesa Pola Normalización Lingüística solicita á dirección galega do PsdeG que desautorice o seu grupo municipal nese concello. Galicia Bilingüe anunciara que recorrería a ordenanza de seren aprobada.