caza

Integrantes do Tribunal de Xustiza de África Oriental, encargado de xulgar o caso sobre os masai. (Foto: Tribunal de Xustiza de África Oriental)
INTERNACIONAL

Os masai loitan por non ser expulsados para abrir unha reserva de caza de luxo en Tanzania

As localidades do pobo masai que o Executivo tanzano quere converter nunha área de caza xestionada por unha empresa privada emiratí recorren unha polémica sentenza que, na práctica, avala as intencións gobernamentais de botalos de  Loliondo e Ngorongoro para fomentar a caza de luxo e o turismo no país.
#caza #cazador #disparo (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A caza tamén contamina: 25 toneladas de chumbo vertidas no monte cada ano

Este compoñente "altamente contaminante" está permitido en zonas protexidas como parques naturais ou reservas da biosfera, e tarda en desaparecer dos ecosistemas "entre 100 e 300 anos".
O rei emérito, coa chaqueta do Bribón, este domingo, en Sanxenxo. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
INTERNACIONAL

O rei emérito, investigado de novo por Facenda

A Axencia Tributaria pregunta polos gastos de cazarías entre 2014 e 2018, cando xa abdicara do seu cargo e por tanto non gozaba de inviolabilidade. Porén, Juan Carlos I acusa Moncloa de abrir "unha nova fronte" para "pór trabas" ao seu regreso ao Estado español.
Federación Española de Caza
SOCIAL

Licenzas de caza para menores? Animalistas advirten á Xunta do incumprimento da Lei da infancia

A proposta saíu a colación na última xuntanza do Comité Galego de Caza e desde a Fundación Franz Weber lembran que a Lei do menor estabelece que é un deber de todo rapaz e rapaza "respectar os animais", alén de que diversos estudos "demostran a vinculación da exposición á violencia co desenvolvemento de problemas de saúde mental".

Manada de lobos. (Foto: Carlos Castro / Europa Press
)
SOCIAL

Ecoloxistas aplauden o avance na prohibición de cazar o lobo mais sinalan que queda "camiño por recorrer"

A Xunta recorrerá a decisión do Goberno estatal de prohibir a caza do lobo.
Xabaril femia xunto aos seus xabatos nun refuxio (Imaxe: Adega).
SOCIAL

A Xunta permite batidas de xabaril sen límite de exemplares en perto de 200 concellos a partir desta sexta feira

A medida provisional afecta a 29 comarcas e estará en vigor até o 27 de febreiro de 2022.
Algúns territorios opóñense á protección do lobo ibérico. (Foto: Xunta de Castela e León)
SOCIAL

Os Gobernos de Galiza, Asturies, Cantabria e Castela e León acordan ir ao Supremo pola caza do lobo

A conselleira galega de Medio Ambiente dixo que “"non se pode protexer en exceso unha especie en prexuízo doutras".

 

Manda de lobos ibéricos, animal que vén de ser incluído na Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
'Nós Diario' analiza con persoas expertas na materia a idoneidade da prohibición da súa caza

A declaración do lobo como especie protexida abre un debate no rural

O lobo será declarado oficialmente unha especie silvestre protexida nas vindeiras datas, a pesar da forte oposición de, entre outros gobernos territoriais, o galego. Analizamos esta medida da man dos diferentes actores sociais afectados.
caza
SOCIAL

Sete persoas mortas e 47 feridas na Galiza en 9 meses por disparos durante a caza

Son cifras oficiais do Ministerio de Interior.

Tecor societario na Pobra de Trives (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Ecoloxistas critican as axudas da Xunta aos cazadores para actuar nos Tecor

O Goberno galego financiará labores de roza, sementeira e construción de tobeiras nos Tecor ao sector da caza, a fin de recuperar as poboacións de perdices rubias e coellos de monte. Ecoloxistas en Acción oponse a estas subvencións por non resolveren os problemas da fauna da Galiza.
O lobo (dereita) é unha das especies emblemáticas da biodiversidade galega
star
Reportaxes

A caza en tempos de pandemia

Considerar a caza para controlar danos na agricultura como actividade esencial, en plena pandemia, é unha decisión cando menos controvertida. Martiño Nercellas Méndez, biólogo e vogal de biodiversidade da asociación ecoloxista Adega, analiza as evidencias científicas do uso da actividade cinexética para controlar a biodiversidade e as problemáticas concretas na Galiza, que se move entre os peores indicadores de protección da natureza do Estado.
A Xunta xustifica as excepcións ás restricións para os cazadores no aumento da poboación de especies como o xabarín. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

O ecoloxismo considera "incomprensíbeis e inxustos" os privilexios da caza na pandemia

As entidades censuran que se permita a mobilidade malia as restricións existentes para a maioría da poboación.
caza
SOCIAL

Piden á Xunta que non permita a libre circulación de cazadores durante a pandemia

“Supón un risco para a saúde pública, para a seguridade viaria e para os usuarios do monte e o rural galego”, afirma Ecoloxistas en Acción.

Lobo  Ana Retamero  WWF
POLÍTICA

A Xunta censura por carta o Estado polo aumento da protección do lobo ibérico

O Goberno galego opina que incluír a especie na listaxe do réxime de protección especial sería unha decisión "claramente contraria aos intereses" das comunidades do norte do Douro, onde hai importantes poboacións destes animais que causan danos ao sector gandeiro.
Xabaril femia xunto aos seus xabatos nun refuxio (Imaxe: Adega).
SOCIAL

A caza, dubidosa aliada no control do xabaril

Na fin de semana comezou o período hábil para a captura do corzo e do xabaril. No segundo caso, este estenderase por decisión da Consellaría de Medio Rural "ante a sobreabundacia da especie". Unha sobreabundacia difícil de dirmir, xa que a Xunta carece dun rexistro desta especie. A maiores, o biólogo Xabier Vázquez Pumariño explica a Nós Diario que a caza do porco bravo pode contribuír precisamente ao incremento de exemplares.
caza
SOCIAL

Caza e pesca e locais de máis de 400 metros, na fase 1

O Ministerio de Sanidade tamén avanzou que permitirá a apertura dos centros de día ou que se valore a prestación do servizo doutra forma.

2020051320401718880
SOCIAL

Control animal a golpe de avistamento

A autorización excepcional de certa actividade cinexética co pretexto do control das especies salvaxes bate cos argumentos das organizacións ecoloxistas, que ven no aval da Xunta aos argumentos do sector cinexético unha concesión inxustificada a esta actividade nun momento de parálise da súa actividade. 
xabaril
SOCIAL

Adega desminte "descontrois" na fauna salvaxe e reclama a fin das excepcións á caza

O colectivo asegura que o confinamento da poboación non tivo repercusións no comportamento da fauna salvaxe e negan que a actividade cinexética sexa a solución para o control da mesma. Acusan a Xunta e mais ao sector de difundir un discurso de "medo" respecto a determinadas especies coma o xabaril.
2020032012453971494
SOCIAL

Colectivos ecoloxistas reclaman a restrición total da caza na corentena

Ecoloxistas en Acción e o Pacma denuncian que as medidas instauradas pola Xunta para o control do coronavirus, que inclúen o confinamento da poboación, deixan abertas certas excepcionalidades, como é o suposto de "control cinexético", que permiten actividades de caza.
 

Lagoa Begonte
En Begonte

Destrución de hábitats protexidos da Rede Natura na Terra Cha para caza

O colectivo ‘Terra Cha Sostíbel’ presentou unha denuncia polas rozas mecanizadas nas Lagoas de Fontefría e do Chao (Begonte), humidais protexidos, e actividade cinexética na área.