Carvalho Calero

Ricardo Carvalho e Ramón Reimunde
CULTURA

Carvalho Calero em Lugo (1950-1965)

No ensaio Cautivério de Fingoi, publicado pela Deputación de Lugo em 2010, Ramom Reimunde investiga e interpreta os anos lucenses de Carvalho Calero entre 1950 e 1965, fundamental para a sua obra literária e científica.
Lugo
CULTURA

A etapa lucense de Ricardo Carvalho Calero (1950-1965)

Eis un percurso que conecta Ricardo Carvalho Calero coa cidade amurallada, un Lugo en plena transformación urbanística, desde a cerna do colexio Fingoi, após o drama da guerra civil española
Carvalho Calero no II Simpósio Internacional da Língua Galego-portuguesa
CULTURA

Carvalho no ativismo socio-cultural galego contemporáneo

Percurso pela cultura de base e don Ricardo
Carvalho e Piñeiro
CULTURA

Unha web para don Ricardo

Desde a Biblioteca Virtual Galega (BVG), ao carón do Grupo de investigación Lingüística e Literaria Galega (ILLA) e do Laboratorio de Bases de Datos (LBD) da Universidade da Coruña, levouse a cabo unha páxina web que permite achegármonos á traxectoria vital e á obra de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020
carvalho calero rianxo agal
CULTURA

Ricardo Carvalho Calero e a autonomía galega (1931-1936)

Carvalho Calero formou parte do equipo do Seminario de Estudos Galegos que elaborou o documento para sentar as bases dunha Galiza autónoma. A teorización arredor da autonomía estaba orfa dun texto que, sendo político, se construíse en estudos científicos. O resultado presentouse en maio de 1931. 
Melania Cruz.
Cultura

O Consello da Cultura edita a 'Farsa das zocas' de Carvalho Calero

Consta dunha edición facsímil e dunha lectura dramatizada
Carvalho Calero e X.M. Dobarro (1981)
CULTURA

“Aquel que fun e que non fun entóm”: Ferrolterra (1950-1990) (III)

En outubro de 1950 Carvalho Calero marchara de Ferrol a Lugo como conselleiro-delegado e profesor no “Fingoi, o mellor dos colexios posibles” (Ramón Reimonde (2010). En Lugo permaneceu até a súa incorporación en 1965 á docencia en Compostela, e nesta cidade residiu até o seu falecemento en marzo de 1990. 
carvalho calero
CULTURA

Carvalho Calero: “Aquel que fun e que non fun entóm”: Ferrolterra (1936-1950) (II)

Case rematada a campaña do Estatuto de Autonomía na que fora activísimo actor a prol do “Si”, Ricardo Carvalho marchou a Madrid o 26 de xuño do 1936 para opositar a profesor de instituto e alí estaba cando se produciu a sublevación militarfascista contra o lexítimo réxime republicano, que defendeu combatendo como miliciano e oficial. Na Galiza moitos camaradas e amigos de Carvalho Calero foron asasinados polos alzados, os máis encadeados, outros fuxiron ao exilio. Os que ficaron calaron para sobrevivir. 
Capa Sermos Galiza Día das Letras
CULTURA

Ultima oportunidade para adquirir o especial sobre Carvalho Calero

Hoxe é o derradeiro día no que poderás atopar nos quiosques, librerías ou gasolineiras do país o Sermos Galiza de 48 páxinas monográfico de Carvalho Calero máis o teu Nós Diario por só 3 euros.
carvalho_calero
CULTURA

Carvalho Calero inunda as redes con exposicións virtuais, lecturas e iniciativas cidadás

As medidas de seguridade obrigan a institucións e asociacións a buscar alternativas imaxinativas para homenaxear o intelectual neste 17 de Maio.

O escritor Victor Freixanes
Cultura

Víctor Freixanes: "É un erro reducir Carvalho á polémica ortográfica, iso oculta a montaña"

A para moitas agardada (e adiada) homenaxe a Ricardo Carvalho Calero chega co Día das Letras Galegas confinado e as celebracións movidas para 31 de outubro. Non son poucas as dúbidas que xorden, entre elas a posibilidade, reclamada por diferentes asociacións e para a que a propia Xunta aprecia argumentos, de prolongar o ano do autor a 2021. O presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, comenta con Nós Diario a figura do que foi mestre seu.
EuropaPress_3082493_ricardo_carvalho_calero
CULTURA

Semente divulga 'A Galiza', poema "inédito" de Carvalho Calero

"Ricardinho tem 15 anos quando o escreveu. O poema deixa ver umha influência rosaliana e que o seu galeguismo vem do seu Ferrol natal", sinalan desde a asociación educativa.

Carvalho Calero con Mugardos ao fondo
Carvalho Calero

“Aquel que fun e que non fun entóm”: Ferrolterra (1910-1936) (I)

Ricardo Carvalho Calero residíu en Ferrol apenas vinte e nove anos, de 1910 a 1926, de 1931 a 1936 e de 1941 a 1950, este último período ben espiñento. Os longos espazos de tempo lonxe da súa patria nativa debéronse aos seus estudos universitarios, á expatriación involuntaria a conta da sublevación facciosa de 1936 e á guerra subseguinte, á estadía no cárcere como preso político e, dende 1950, á docencia en Lugo e Compostela. Despois, RCC só visitou Ferrol por cuestións familiares, conferencias, homenaxes, e para, a proposta do BNG á corporación municipal, ser nomeado Fillo Predilecto Enxebre de Ferrol o 7 de xaneiro de 1990 na que foi a última viaxe da súa vida. Previamente, en decembro do 1981 e por man da ferrolá SC Medulio, recibira a primeira homenaxe cando xubilado como catedrático. Noutras entregas seguirá indo, coas súas palabras, o seu Ferrol de 1941 en diante. 
Ricardo Carvalho Calero
LINGUA

Á venda con 'Nós Diario', o especial sobre Carvalho Calero. 80 páxinas por só 3 euros

 O monográfico 'Vivir con autenticidade', de 48 páxinas a cor, nunha coidada edición, publícase este sábado, día 16 de maio, Nós Diario. Un total de 80 páxinas por só 3 euros.


 

María Vázquez e Títo Asorey no proxecto para festexar as Letras Galegas do Consello da Cultura Galega. Atrás, a fotógrafa que traballa con elas.
Cultura

O Día das Letras Galegas máis virtual

O 17 de maio de 2020 vai ser o Día da Letras Galegas máis virtual. Nós Diario ofrece unha recompilación de actos e celebracións que, en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, veremos na rede esta fin de semana.  

Ricardo Carvalho Calero
CULTURA

'Vivir con autenticidade', 48 páxinas de especial sobre Carvalho Calero, con 'Nós Diario'

A publicación sobre o homenaxeado no Día das Letras Galegas, de 48 páxinas a cor, estará á venda nos quiosques e puntos habituais, alén da loxa, con 'Nós Diario' este sábado 16 de maio. Un total de 80 páxinas, entre o diario e o Sermos Galiza especial, por tan só 3 euros. Lembra que podes subscribirte nesta ligazón.
A FALA. Uxía coa colaboración de Tanxugueiras e Faia.
LINGUA

A FALA. Uxía coa colaboración de Tanxugueiras e Faia.

Queremos Galego pon nas redes este vídeo para animar de cara a este domingo, 17 de maio, Día das letras galegas. Audio baseado no concerto gravado ao vivo na Casa-Museo de Manuel María o 6 de outubro de 2015, recollido no disco Uxía canta a Manuel María (Fundación Manuel María, 2016), ao que se engadiron en maio de 2020 os coros, arpa e baixo eléctrico.
Xoán Costa, coautor da revista de pasatempos en galego. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Xoán Costa: "Carvalho Calero é unha personalidade central do século XX galego"

Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza S.A e coordinador da publicación especial de Sermos Galiza dedicada á figura de Carvalho Calero, reflexiona sobre a figura do homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020 e sobre os contidos do monográfico de 48 páxinas a cor, nunha coidada edición, que acompañará este sábado, día 16 de maio, Nós Diario. Un total de 80 páxinas por só 3 euros.
amigos
CULTURA

Os versos musicados de Carvalho Calero

A poesía de Carvalho Calero conta con adaptacións musicais aos máis diversos estilos. Ofrecemos un repaso polos seus versos a ritmo de jazz, punk, bossa ou pop, mentres observamos con impaciencia as novas versións que axiña han chegar. 
PGL
CULTURA

Mostras, unidades didácticas e un portal web para homenaxear Carvalho Calero

AGAL e Consellaría de Cultura anunciaron os proxectos divulgativos da figura, vida, obra e traxectoria de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado pola Real Academia Galega (RAG) con motivo do Día das Letras Galegas.