Carlos Callón

Vero Rilo, Nuria Vil  e Mónica de Nut, protagonistas de 'Indóciles'.
CULTURA

A Galiza prepárase para celebrar o Día de Rosalía: todos os actos e homenaxes no 187 aniversario do nacemento da poeta

A conmemoración do Día de Rosalía pretendía, no seu momento, festexar a literatura e o libro galego, pero a cidadanía ampliou o seu alcance nunha mestura de homenaxe, reivindicación, impulso transformador e orgullo de pertencer a unha cultura. O 23 de febreiro, aniversario do nacemento da poeta, é xa unha data grande no calendario galego, na que a sociedade recoñécese e festexa a súa identidade, sempre resiliente ante todas as agresións.
irmandades_fala_ccg
LINGUA

14 de febreiro de 1918, a primeira campaña electoral onde se usou o galego: disparos, malleiras e insultos contra galegofalantes

A Estrada, Ourense ou Ferrol foron tres das localidades onde o uso do galego nos mitins ese ano xerou unha violenta reacción en contra: desde a Garda Civil ordenando disolver os eventos até amezas con coitelos a oradores, pasado por malleiras a participantes. Cóntao Carlos Callón en 'O libro negro da lingua galega'.

Carlos Callón. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Carlos Callón redactará o Manifesto da AELG deste ano

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) propón á cidadanía, como vén facendo desde o ano  2010, que se agasalle cun libro en galego e cunha flor ás amizades e persoas queridas
Carlos Callón é un dos galardoados. (Foto: Arxina)
CULTURA

Os Premios Barbantia da Cultura recoñecen Carlos Callón e Xosé Luís Veiras Manteiga

Tamén será distinguido o Centro Arqueolóxico do Barbanza.

USC
LINGUA

113 anos da primeira manifestación convocada polo galego

Foi en Compostela, en 5 de decembro de 1910, convocada por estudantes da universidade.

Os Premios da Crítica entregáronse este sábado. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Estas son as gañadoras dos Premios da Crítica de 2023

Berta Dávila, Carlos Callón, Agrupación Astronómica Ío, As Tanxugueiras, Teresa Táboas, Teatro Ensalle, Pepe Coira e Estrelas no Camiño foron as persoas e colectivos que recibiron os galardóns das diferentes categorías.
Aperta de Isabel Peralta (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

“Aperta - Homenaxe á concordia”, a escultura que lembrará Plácido Betanzos no paseo marítimo da súa Palmeira

A peza foi inaugurada este sábado, 11 de xuño, nun emotivo acto.

Asistentes ao Santo Amaro en Lisboa o ano pasado (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

O Santo Amaro volve reunir este domingo a comunidade atlántica

A Coruña, Vigo e Lisboa lembran o sabio navegante con actos, encontros e romarías. O seu culto continúa vivo malia non estar no santoral oficial da Igrexa Católica.
Carlos Callón é un dos galardoados. (Foto: Arxina)
LINGUA

Carlos Callón impartirá no Brasil un ciclo de conferencias sobre a represión do galego

O autor presentará en tres universidades brasileiras 'O libro negro da lingua galega' e falará de "como foi, e como continúa a ser, a represión por razón de lingua no lugar do mundo onde naceu o galego-portugués".
CULTURA

GALERÍA | Presentación da última obra de Carlos Callón, 'O libro negro da lingua galega'

Carlos Callón, autor de 'O libro negro da lingua galega', guiou na tarde desta quinta feira un roteiro polas rúas de Compostela. (Foto: Arxina)
'O libro negro da lingua galega'

Un cilicio durante medio día por cada palabra en galego que "escapase" no seminario

Carlos Callón presentou esta quinta feira, na praza de Cervantes de Compostela, a súa obra 'O libro negro da lingua galega', que fai un percorrido por cincocentos anos de persecución e silenciamento do galego.
Carlos Callón en Compostela, diante da libraría Couceiro (Foto Arxina).
CULTURA

Carlos Callón presenta en Compostela 'O libro negro da lingua galega'

O profesor de Lingua Galega e Literatura e na actualidade docente de Xeografía e Historia en Lisboa presentou en rolda de prensa o seu último traballo. Nel recolle exemplos da represión que padeceu a lingua galega desde 1543.  

A volta de Amaro Navegante

Carlos Callón - Marcelo Vegi-min
CULTURA

Carlos Callón: "Entendín que o libro podía contribuír a falarmos das nosas fraxilidades e limitacións”

Logo de deixar atrás un período complexo, A abertura da boca fecha unha etapa na poesía de Carlos Callón. Centrado agora na cidade de Lisboa e no xénero ensaístico, o escritor vén de presentar en Compostela o seu último libro de poemas.  
Callón Portugal
LINGUA

Larpeiro, axiña, enxebre ou año: as palabras do galego que ‘abraian’ os presentadores portugueses

O presidente de honra da Mesa, Carlos Callón, participa no programa ‘Esta manhã’ da TVi para exemplificar as ligazóns entre galego e portugués . Vídeo no interior.

callon
crítica literaria

Inscricións: a ollada do asasino, por Serxio Abalo

carlos callón
CULTURA

Callón inscribe a perda no seu segundo libro de poemas

A poesía di o que non se sabe dicir. Explora áreas devastadas e censa ausencias. Enfronta o ser humano coa súa propia finitude. Intenta. Á pregunta de como rexistrar a perda procura respostas Inscricións (Galaxia, 2019), o segundo libro de Carlos Callón. “O que inscrebo / ten máis vida que quen o escrebe”, afirma un poema.
 

callon
CULTURA

Carlos Callón e Chévere, premios Careón e Mácara na Mostra de Teatro Amador de Palas

Plácido Betanzos: in memoriam

Este sábado 2 de xuño faleceu Plácido Betanzos, aos 65 anos. Profesor, escritor e político, foi concelleiro do BNG en Ribeira de 1992 a 2002 e candidato á alcaldía por esta formación en 1995 e 1999. Publicamos a seguir unhas liñas redixidas por Carlos Callón na súa memoria.

callon
Entrevistamos Carlos Callón

“A cuestión da homosexualidade está presente nos inicios do amor cortés”

Carlos Callón regresa á investigación sobre a homosexualidade na Idade Media con importantes achados de novos textos no trobadorismo galego que falan de homosexualidade e lesbianismo. Publicouno na súa tese de doutoramento, titulada As relacións sexoafectivas intermasculinas e interfemininas no trobadorismo galego e dirixida por Pilar García Negro e Manuel Ferreiro, que foi presentada e aprobada coa máxima nota o pasado 21 de xullo na Universidade da Coruña. Entrevistámolo no Sermos Galiza 257.