Carla Subirana

Nuria Prims e Thais García en 'Sica'.  (Foto: Mario Llorca)
CULTURA

'Sica', denuncia ecolóxica e social na Costa da Morte

Sica, a película dirixida pola directora catalá Carla Subirana e rodada na Costa da Morte, chega esta sexta feira ás salas da Galiza e de todo o Estado en versión orixinal galega, despois do seu paso polos festivais de Berlín e Málaga e da súa preestrea en Carballo no día de onte. O filme, que tamén terá un pase esta sexta no Festival de Cans, supón o debut na ficción de Subirana.