candorcas

A embarcación Salvamar 'Regulus', de Salvamento Marítimo (Foto: Salvamento Marítimo).
SOCIAL

Remolcada unha embarcación con catro tripulantes tras sufrir danos por unha interacción con candorcas

Segundo confirmaron fontes de Salvamento Marítimo, os tripulantes deron a alarma este sábado.
O biólogo da Coordinadora pera o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) Alfredo López. (Foto: Arxina)
SOCIAL

O Cemma nega a presenza de candorcas máis ao sur do Salnés

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, vinculou esta cuarta feira a presenza de candorcas na costa galega. Desde o Cemma critican a aplicación da Xunta para avistamentos.
Candorcas avistadas na ría de Arousa (Foto: Pablo Covelo / CEMMA).
Agora

A Xunta vincula a presenza de candorcas na costa coa busca de alimentos

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, vinculou a presenza de candorcas na costa galega coa procura de alimentos, tras a identificación doutros dous exemplares na ría de Arousa. Así o manifestou, a preguntas dos xornalistas, con motivo da inauguración dunha exposición na Autoridade Portuaria da Coruña. Por outra parte, en materia de seguridade, lembrou que a Xunta puxo en marcha unha app para que os navegantes poidan comprobar "por onde se están movendo as candorcas e facilitar que poidan variar o rumbo". "Tamén os navegantes poden informar da súa localización", dixo en relación ás candorcas o conselleiro.

Gael e Prior, este domingo na ría de Arousa. (Foto: Pablo Covelo / Cemma)
SOCIAL

Gael e Prior: ‘domingueiros’ na ría de Arousa

O  Grupo de investigación internacional Orca Atlántica-GTOA  identificou os dous exemplares de candorcas que entraron na Ría de Arousa

Unha femia de golfiño común adulta rescatada con vida en Taragoña, Rianxo. (Foto: Protección Civil Rianxo).
SOCIAL

As varadas multiplícanse por cinco no verán

Só no mes de xullo os equipos de rescate da rede galega de varadas, que coordina a Cemma en colaboración con grupos de intervención local, asistiron máis de 80 animais mariños en areais de todo o litoral, nomeadamente cetáceos, unha cifra que supera por cinco a cota media da última década.
Un exemplar de candorca. (Foto: Miteco)
Agora

Portugal prohibe ás embarcacións turísticas achegarse a grupos de candorcas

O Instituto da Conservação da Natureza e das Florestas de Portugal prohibiu desde esta terza feira ás embarcacións turísticas que se acheguen a grupos de candorcas co fin de evitar consecuencias graves após as interaccións rexistradas desde 2020 entre os cetáceos e os buques na costa da Galiza, Portugal e o estreito de Xibraltar. Só o pasado ano o Grupo de Traballo Candorca Atlántica detectou 207 interaccións nestas zonas.
Un exemplar de candorca. (Foto: Miteco)
Agora

Primeiro incidente de candorcas cun veleiro na Galiza este verán

As candorcas tiveron o primeiro incidente cun veleiro en augas da Galiza este verán, despois de protagonizar decenas de interaccións no período estival de 2022. A aplicación Orcinus, impulsada pola Xunta da Galiza e o Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI) do Grove (O Salnés) recolle que a pasada cuarta feira, 5 de xullo, produciuse un incidente do veleiro de oito pés Delfina con tres candorcas ao noroeste da illa de Sálvora (Pontevedra). Precisamente, durante a pasada cuarta feira houbo outras dúas obsrevacións máis de candorcas máis ao sur nas rías Baixas. No que ía de verán tan só se produciran estas observacións ao sur de Lisboa, sen constancia aínda en augas galegas. 

Candorcas

Un exemplar de candorca. (Foto: Miteco)
SOCIAL

O Estado impulsa a marcaxe de candorcas para minimizar a interacción coas embarcacións na costa galega

A Candorca é un mamífero mariño de hábitos sociais, intelixente, que se encontra presente de forma regular nas augas de xurisdición española, desde o Estreito de Xibraltar e as costas Atlánticas do Golfo de Cádiz e Galiza, até o Mar Cantábrico, onde atopa hábitats esenciais para a súa alimentación.
Ilustracións de portada de dúas edicións de 'Moby Dick', de Hernan Melville (Foto: Nós Diario).
star
Análise

Candorcas

O escritor Xavier Queipo analiza para 'Nós Diario' as candorcas.

orcas_pixabay-skeeze
SOCIAL

A ciencia procura respostas ás "excepcionais" interaccións de candorcas con embarcacións

Desde o 10 de agosto, Cemma contabilizou 29 interaccións desta especie ameazada con embarcacións nas costas galegas.
orcas_pixabay-skeeze
SOCIAL

As candorcas 'atacan' de madrugada un veleiro a 2,5 millas da Coruña

O 'Swiss Lady', procedente de Ribadeo, emitiu unha alerta cando navegaba ao nor-noroeste da Torre de Hércules, no que é o terceiro incidente desta semana.