Cándida Otero

Filippo Prosperi. Embarque de tropas para Cuba, 1886. (Arquivo Vítor Vaqueiro)
star
Reportaxes

Prósperi e Otero. Cando Vigo era en branco e negro

A obra Facedores de imaxes. Fotografía e sociedade en Vigo. 1870-1915 (Galaxia, 2022) condensa entre as súas páxinas o relato en forma de crónica dunha parella -Filippo Prósperi e Cándida Otero- pioneira na fotografía da cidade olívica. O seu autor, Vítor Vaqueiro (Vigo, 1948), realizou un laborioso traballo de case dez anos de investigación achegando imaxes inéditas e documentación coa intención de difundir un legado que quedou agochado tras a sombra da traxectoria doutro gran fotógrafo: Pacheco.  
Filippo Prosperi. Embarque de tropas para Cuba, 1886. (Arquivo Vítor Vaqueiro)
CULTURA

Pioneiros da fotografía esquecidos

Os seus nomes apenas son coñecidos e da súa obra apenas sobrevivíu unha pequena mostra, mais Filippo Prosperi e Cándida Otero foron nomes ilustres da fotografía na Galiza no último terzo do século XIX. Vítor Vaqueiro recupera a súa historia no seu libro Facedores de imaxes (Galaxia).