Camiño de Santiago

Antía Ameixeiras, co violín, e Sabela Caamaño, co acordeón cromático, nunha imaxe promocional do seu primeiro disco. (Foto: Leticia T. Blanco)
CULTURA

Comeza en Compostela o festival 'O que non se escribe'

A cita conta cun programa que tratará a experimentación arredor do patrimonio sonoro galego.  
Unha imaxe festiva tomada das nas ‘Crónicas de Núremberg’.
star
MEMORIA E HISTORIA

Hieronymus Münzer: Un alemán na Galiza do século XV

Cara ao ano 820 a historia da Galiza e a do mundo cristián mudaron para sempre. Por volta desa data, Teodomiro, entón bispo da humilde diocese de Iria, anunciaba ao mundo o que semellaba un insólito milagre, a aparición do sepulcro de Santiago ‘o Maior’, un dos doce apóstolos do relato bíblico. Desde entón, aquela terra chamada Compostela pasaría a se converter nun dos centros de peregrinación máis concorridos de todo mundo: era o inicio do que hoxe coñecemos como Camiño de Santiago.
Unha peregrina pasa por diante do Mosteiro de Samos, por onde transcorre o Camiño de Santiago francés (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
LINGUA

A VI Xornada de Onomástica decorrerá en Pontevedra o día 16

A VI Xornada de Onomástica profunda nos nomes dos lugares do Camiño de Santiago e pula por situar Galiza como "centro dos estudos toponímicos" en Europa.
EuropaPress_3981799_peregrina_alemana_acampada_cementerio_lugo
SOCIAL

Desaloxan unha peregrina alemá acampada nun cemiterio en Lugo para pasar a noite

O párroco da igrexa de San Lázaro foi o que deu a voz de alerta.
Recreación da poligonal e os aeroxeradores dos parques (Infografía: Nós Diario - Google Maps).
As turbinas situaríanse en Dozón, Lalín e Rodeiro

Greenalia tramita tres parques eólicos que atravesarían o Camiño de Santiago

Os parques eólicos Brisa, Céfiro e Galerna, que Greenalia está a tramitar a través do Miteco, situaríanse en medio do Camiño de Inverno e a Vía da Prata. Aliás, nos estudos de impacto ambiental consta a presenza de especies da avifauna vulnerábeis como a tartaraña cincenta, o miñato real ou a gatafornela.
Un peregrino nunha das etapas do Camiño. (Foto: Carlos Castro / Europa Press) #turismo #camiño #previsións #visitantes #covid19
SOCIAL

Posíbel surto da Covid no Camiño: oito peregrinas fican illadas tras un positivo e non teñen noticias do Sergas

Nin este "grupo burbulla" nin o albergue de Palas onde permanecen en corentena tiveron, máis de 12 horas despois, noticias do equipo de rastrexo da Xunta. Aliás, compartiron pavillón con outras 50 persoas que proseguiron o Camiño cara a Melide.
José Andrés
CADERNO DE VERÁN

Solidariedade desde a cociña: o famoso chef José Andrés promove a gastronomía galega

O cociñeiro José Andrés, a quen se lle acaba de conceder o día 1 de xullo o Premio Princesa de Asturias á Concordia a causa do seu importante labor humanitario, está realizar por terceira vez o camiño de Santiago. Ten previsto chegar á cidade de Compostela esta mesma fin de semana. A boa noticia sorprendeu  o chef á súa chegada a Galiza.

Desde a esquerda, Sergio González, David Regueiro, Alfonso Calvo e Pablo Castaño, os integrantes do cuarteto. (Foto: Fundación Vicente Risco)
O guitarrista David Regueiro publica novo disco

O camiño de Santiago leva ao jazz con pasos de música tradicional

O camiño de Santiago tamén pasa polo jazz. O guitarrista David Regueiro publica un disco no que as harmonías galegas se incrustan nas estruturas dun xénero capaz de absorbelo todo. 'O camiño' inspírase na música tradicional  sen perder a esencia jazzística dun cuarteto que explora novos camiños pola ruta da tradición. 

Ano Santo, Xacobeo, Macabeo

Suso_Lista_3
Suso Lista presenta a súa primeira novela, 'Como a roda no muíño'

Odisea do Camiño e da Costa da Morte

A finais de 2020 saía do prelo da Edicións Embora a cuarta obra narrativa de Suso Lista, Como a roda no muíño. Unha novela que relata algunhas das aventuras e desventuras de Ulises, fillo da emigración galega en Suíza que fai o Camiño de Santiago para chegar á súa particular Ítaca, a Costa da Morte.
Persoa en kayak.
DEPORTES

Galiza acollerá en 2021 o Campionato do Mundo de Carreiras de Aventuras

Inclúe unha combinación de ciclismo, 'trekking', kayak e barranquismo que se vencellará a distintos tramos do Camiño de Santiago. 
obradoiro_caminho_calderon
DEPORTES

Calderón e Obradoiro, unidos para promocionar o Camiño

O ex xogador da NBA é o protagonista dun documental, que foi presentado onte nas instalacións do clube compostelán. 
Actual formación de Luar na Lubre, unha das bandas máis emblemáticas do folk galego.
Cultura

A peregrinaxe musical de Luar na Lubre polo Camiño das Estrelas

Coa conciencia de cumprir unha "débeda pendente", Luar na Lubre dedica un álbum dobre ao Camiño de Santiago, 'Vieiras e vieiros', centrado nas historias das persoas que transitan a ruta xacobea.
Sara Villanueva no cabo Touriñán.
SOCIAL

Sara Villanueva convive coa esclerose múltiple e practica sendeirismo: "Nunca entenderon que quixese camiñar"

Aitor Novo, integrante de Aventeira, está a ver se resolve o misterio de "U-lo Xurxo?" (Imaxe: Nós Diario)
CULTURA

Aventeira crea "U-lo Xurxo", unha escape room en liña: "Queremos ofrecer entretemento en galego"

As socias de Aventeira están moi preocupadas… o seu amigo, Xurxo Crespo, estaba a facer o camiño de Santiago e quedara en visitalos… Mais nunca se puxo en contacto. O último que se sabe del é que andaba por Silleda na noite do 21 de febreiro... Agora precisan axuda para resolver o misterio: "U-lo Xurxo?". Ao estilo Escape Room, mais en galego e ambientado na Galiza, é este un xogo en liña que veñen de crear en Aventeira. Aténdenos Aitor Novo, socio desta cooperativa, para resolver a intriga
Miguel-Tain-01
CULTURA

Miguel Taín Guzmán, novo director da Cátedra do Camiño e as Peregrinacións

A responsabilidade principal do profesor de Historia da Arte da facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela será promover e organiza iniciativas que contribúan a faciliten a reflexión e o debate cultural e académico respecto da ruta xacobea
fotograma2
Andrés Castro estrea nova curta

Amizade e compañeirismo no Camiño de Santiago

Unha historia de amizade e compañeirismo coa Ruta Xacobea de fondo é o núcleo da nova curtametraxe de Andrés Castro (A Coruña, 1976), codirixida por María Fanjul. Atopando o Camiño estréase este 26 de setembro ás oito do serán no Teatro Principal de Pontevedra.
Ribadeo foto de Turismo.gal
SOCIAL

'Ribadeo, Camiño seguro': un espazo libre no Camiño do Norte de violencias machistas

O proxecto quer implicar cidadanía, administracións públicas e entidades privadas na importancia de xerar espazos que favorezan a prevención da violencia sexual nas rutas do Camiño de Santiago.

Xacobeo 2021
Plan estratéxico para 2021

A Xunta gastará “como mínimo” 247 millóns de euros no Xacobeo 2021

Alberto Núñez Feixoo pide ás galegas e galegos "dar o mellor de si" para que o Xacobeo sexa un punto de inflexión na historia. O presidente da Xunta apresentou o Plan Estratéxico do Xacobeo e afirmou que a celebración é unha grande oportunidade para amosar o potencial "relixioso, cultural e turístico", pero tamén "económico e social" da Galiza.

Fernando II
CULTURA

Espionaxe, amor e crime no camiño de Santiago

Se cadra o mundo non mudou tanto. Hoxe o camiño está tanto, ou máis, masificado do que na Idade Media. Como daquela hai roubos e asasinatos. E historias de amantes e de amor.