calidade democrática

Exames de ABAU en Compostela (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
SOCIAL

Suspenso da UE á Xunta en calidade dos servizos públicos e imparcialidade

Suspenso da Administración galega en calidade de servizos, en imparcialidade e en corrupción. Tres campos nos que a Xunta da Galiza obtén resultados por debaixo da media da Unión Europea (UE) cando en 2009 a valoración superaba a media. Son algúns dos resultados que deita o Índice Europeo de Calidade do Goberno, que recompila as opinións de máis de 129.000 enquisados nun total de 208 rexións que fan parte dos 27 Estados da Unión Europea.