Caldo

Anaïs Barbier á esquerda, María Jorge, no centro, e Pedro Fariñas, á dereita, son Caldo. (Foto: Petra Porter)
star
CULTURA

Un Caldo con todos os ingredientes das novas músicas galegas

O novo traballo do trío Caldo incorpora novas sonoridades a unha proposta tradicional que xa triunfara co seu primeiro disco. 'Lugar A Ponte' ratifica unha tendencia da música galega á hibridación con outros estilos e contextos sonoros contemporáneos.