caixa b

María Dolores de Cospedal, ex secretaria xeral do PP, e o ex comisario José Manuel Villarejo. (Fotos: Carlos Luján e Jesús Hellín / Europa Press)
'Caixa B' do PP

Cospedal pediu a Villarejo que impedise a publicación dos 'papeis de Bárcenas'

O ex comisario afirma que pediu a varios xornalistas, entre eles Eduardo Inda, que non difundisen unha listaxe do ex tesoureiro do PP, Luís Bárcenas, na que aparecía "o presi", en referencia ao ex presidente Mariano Raxoi.
Imaxe recente da sede estatal do PP, na rúa Xénova de Madrid. (Foto: Ricardo Rubio / Europa Press / Pool / AFP7)
INTERNACIONAL

A UDEF di que o PP pagou en negro parte da reforma da sede

A declaración dos policías da Unidade de Delincuencia Fiscal e Económica que investigaron a reforma da sede do PP detallaron como a formación política estatal pagou cos cartos da caixa B parte das reformas de 6 das 7 plantas da súa sede na rúa Xénova (Madrid).
Pleno do Parlamento galego
POLÍTICA

O PP rexeita investigar a súa caixa B

O financiamento irregular dos populares galegos volve ao Parlamento
Feixoo
POLÍTICA

Piden investigar os vínculos do PP galego coa Caixa B

O BNG pedirá no próximo pleno do Parlamento a creación dunha comisión de investigación sobre o "financiamento irregular" do PP galego, mentres que o PSdeG presentará unha moción para "rexeitar calquera forma de corrupción" e para que se asuman "responsabilidades políticas" derivadas de "causas xudiciais". Nese pleno comparecerá o conselleiro de Sanidade e, previsibelmente, sairá adiante unha reforma da lei galega de violencia de xénero, a proposta do BNG, para recoñecer vítimas da violencia vicaria e considerar esta como violencia machista.

Mariano Raxoi e Alberto Núñez Feixoo, nunha imaxe de arquivo (Foto: Europa Press)
star
POLÍTICA

1,2 millóns de euros saíron da Galiza á caixa B do PP

A Audiencia Nacional, que xulga o pagamento das obras da sede estatal do PP con cartos da caixa B do partido -segundo a acusación- acurrala de novo a formación de Pablo Casado mais tamén o Partido Popular galego (PPdeG) por moito que a causa se sitúe sobre o icónico edificio da madrileña rúa Xénova. Precisamente, as últimas confesións do ex tesoureiro do partido, Luis Bárcenas, inciden en que a orixe e o baleirado da contabilidade en negro dos populares está na Galiza, no PPdeG e, máis concretamente, en Pontevedra, berce político do ex presidente do Goberno español Mariano Raxoi, cuxa "honorabilidade" continúa a defender con insistencia o titular da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo.
Núñez Feixoo na sesión de control ao Goberno na Cámara galega (Foto: Arxina)
star
POLÍTICA

Feixoo elude as preguntas sobre a caixa B do PP galego

O presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, deixou sen responder as preguntas que lle realizaron no Parlamento Ana Pontón (BNG) e Gonzalo Caballero (PSdeG) sobre a confesión de Luis Bárcenas na Audiencia Nacional, que desvela a existencia da Caixa B do PP galego e uns movementos irregulares en 2010 que terían acontecido cando Feixoo xa era presidente do PP galego e da Xunta. “É un 'culebrón' contra o PP”, aseverou o mandatario galego. 
O ex presidente do Goberno español, Mariano Raxoi. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

Raxoi nega ter triturado documentos da caixa B

Mariano Raxoi declara na Audiencia Nacional sobre a contabilidade B do PP e di que é "falso de toda falsidade" que sexa  o "M.R." que aparece nas anotación de Luis Bárcenas, así como todo o que se lle imputa neses documentos, tanto ás siglas "M.R." como á súa persoa. 

José María Aznar e o presidente del PP, Pablo Casado. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

Denuncian que Aznar autorizou pagos da caixa B do Partido Popular

A medida que avanza o xuízo polo pago en diñeiro negro de parte das obras da sede do Partido Popular en Madrid, máis antigos cargos públicos da formación recoñecen ter recibido fondos de xeito irregular que coinciden coas anotacións manuscritas de Luís Bárcenas na presunta contabilidade B do PP entre 1990 e 2008

De entroidos e coresmas

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, no Parlamento galego nunha imaxe de arquivo.
POLÍTICA

Feixoo terá que responder no Parlamento pola ‘caixa B’ do PP

BNG e PSdeG preguntarán ao presidente por este tema no próximo pleno

Ana Pastor, Mariano Raxoi, Alberto Núñez Feixoo, Pablo Casado e Alfonso Rueda nun acto de campaña en Pontevedra nas pasadas eleccións galegas. (Foto: PP / Europa Press)
star
POLÍTICA

Xuízo pola caixa 'b': As contas do PP de Pontevedra, no albo

O xuízo polos presuntos pagos en negro das obras da sede do PP da madrileña rúa de Génova está evidenciando a nova estratexia de defensa de Luis Bárcenas. O sentido das súas declaracións preocupa nas filas dos populares galegos. O antigo xerente da formación, Cristóbal Páez, e o propio Bárcenas afirmaron na Audiencia Nacional que o último ingreso rexistrado na caixa B do partido do que tiveron coñecemento procedeu da organización pontevedresa e formalizouse en 2010. BNG e PSdeG pediron ao PP explicacións.
Imaxe de arquivo de Bárcenas xunto á Audiencia Nacional. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
INTERNACIONAL

Bárcenas: “Rajoy destruíu papeis da caixa B sen saber que tiña unha copia”

O ex tesoureiro del Partido Popular, que está na cadea, someterase a un novo xuízo na Audiencia Nacional en cinco días.
Jorge Fernández Díaz_Ministerio de Interior
INTERNACIONAL

O Goberno español do PP gastou 500.000 euros dos fondos reservados para protexerse do caso da súa caixa b

A cadea Ser accedeu a información clasificada como secreta polo Executivo e que, afirman, revela que o Ministerio de Interior de Jorge Fernández Díaz destinou esa cantidade entre 2013 e 2015 á policía política, para espiar Bárcenas e destruír probas que comprometesen o PP no caso.

canal isabel ii
Un empresario relata como financiaba ilegalmente o PP

"Eu axudo o partido en xeral para que el me axude en xeral"

A gravación dunha conversa entre o empresario Rafael Palencia e o ex director xeral do Canal Isabel II de Madrid Ildefonso de Miguel vén de revelar os métodos cos que o Partido Popular xeraba a súa caixa B. A Cadena Ser difundiu esta mañá os fragmentos de audio en que Palencia explica como entregaba periodicamente 35.000 euros na sede da organización. Recollíannos Álvaro Lapuerta ou Luis Bárcenas.