Bruxelas

Nadia Calviño intervén durante unha rolda de prensa (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
ECONOMÍA

Ministros e ministras da UE decidirán en Compostela se Nadia Calviño preside o Banco Europeo de Investimentos

Os ministros e as ministras de Economía e Finanzas dos Estados da Unión Europea reuniranse en setembro en Santiago de Compostela para votar quen asumirá a Presidencia desta institución.
Fernández e Von der Leyen asinan o acordo Arxentina-UE, esta segunda feira (Foto: Esteban Collazo / Presidencia Arxentina / DPA).
ECONOMÍA

A UE asina un acordo coa Arxentina coa intención de acceder ao litio e ao cobre

O tratado de libre comercio con Mercosur centra a cimeira UE-Celac.
Intervención da parlamentaria Ana Miranda diante do pleno da Eurocámara. (Foto: Philippe Buissin)
SOCIAL

Bruxelas rememorará o 10º aniversario do accidente do Alvia

A instancias do BNG, o Parlamento Europeo acollerá unha conferencia sobre seguridade ferroviaria.

Unha sucursal de Orange (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

A fusión de Orange é MásMóvil podería redundar en subas de prezo na telefonía

A operación inclúe á operadora galega R e pode ser parada por Bruxelas.
Conferencia 'Sobre eólica mariña: cara a un novo fracaso medioambiental?' o pasado maio no Parlamento Europeo. (Foto: Nós Diario)
star
Análise

Luces e sombras en Bruxelas arredor da eólica mariña

Torcuato Teixeira é avogado especialista en Dereito Pesqueiro.
Rolda de prensa de Plataforma per la Llengua. (Foto: VilaWeb)
Catalunya

A xustiza belga investiga a espionaxe na Plataforma per la Llengua con 'Pegasus' e 'Predator'

Unha peritaxe de varios teléfonos móbiles de membros da executiva demostrou o uso de 'Pegasus' e máis programas de espionaxe. Nalgúns casos a análise identificou o número de teléfono que os atacaba, de orixe española.
Dous mariñeiros recollen redes de pesca de arrastre (Foto: Os mares de baixura).
ECONOMÍA

Os Estados da UE queren incrementar a vixilancia sobre o sector pesqueiro

A normativa chega no contexto das protestas da frota comunitaria durante o mes de maio.
Ana Miranda, eurodeputada do BNG, xunto cos representantes do Frente Polisario na UE. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Ana Miranda reúnese co novo corpo diplomático do Frente Polisario para a Unión Europea

A eurodeputada nacionalista reiterou o compromiso do BNG coa histórica demanda de que o Sáhara Occidental xestione os seus recursos

Adega estivo presente en Bruxelas (Foto: Adega).
SOCIAL

Adega denuncia na Eurocámara o mal estado da Rede Natura 2000

Membros da Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) veñen de participar na audición que a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo para avaliar o estado de cumprimento da Directiva da Hábitats.
Un informe de Competencia reproba as prórrogas das concesións da Autoestrada do Atlántico a Audasa (Foto: John Keith / Adobe Stock)
ECONOMÍA

A concesionaria da AP-9 pedirá ao Estado 1.000 millóns de euros se Bruxelas declara ilegal o contrato

Segundo a información auditada, a empresa contaba cunha débeda financeira neta de 1.034 millóns de euros ao fechamento do exercicio 2022, polo que ese sería o importe mínimo que reclamaría ao Goberno estatal en concepto de compensación por calquera modificación no contrato vixente.
Posto da aduana con Xibraltar, Reino Unido (Foto: Nono Rico).
ECONOMÍA

Bruxelas quere gravar as importacións cuxo valor sexa inferior aos 150 euros

Até 65% dos paquetes que entran na UE están infravalorados.
Membros de ARVI durante a protesta onte no Porto de Vigo (Foto: Javier Vázquez / Europa Press).
ECONOMÍA

O sector pesqueiro protesta contra as políticas impostas por Bruxelas

A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) pediu esta terza feira  a dimisión do comisario europeo de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkevicius, ante as políticas de "destrución" levadas a cabo por Bruxelas co sector da pesca.
Fabricación de semicondutores (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

Bruxelas prepara unha lei de chips ante a falta de subministracións

A UE quere duplicar a produción de semicondutores.
Goretti Sanmartín e Ana Miranda, presentando esta cuarta feira o acto. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

O BNG organizará o 6 de xullo un acto en Bruxelas sobre "as leccións aprendidas" a raíz do accidente de Angrois

A formación nacionalista convida a asistir esta cuarta feira (19.30h) en Compostela á proxección do documental 'Frankenstein-04155', especialmente crítico co sinistro e "vetado" nas televisións públicas.
Traballadores descargan atún na lonxa de Burela (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
ECONOMÍA

Bruxelas defenderá o recorte das capturas de atún no océano Índico

A Comisión Europea advirte da situación dos bancos de túnidos no océano Índico.
Sala de prensa do grupo parlamentario do Partido Popular Europeo en Bruxelas. (Foto: Parlamento Europeo)
INTERNACIONAL

A Policía rexistra a sede do Partido Popular Europeo

O rexistro forma parte dunha investigación aberta en Alemaña contra un líder rexional da CDU, Mario Voigt, acusado dun presunto delito de corrupción.
En moitos casos, a proliferación de parques eólicos na Galiza, como este da Serra do Xistral, interfire coas actividades agrarias (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
star
ECONOMÍA

A Galiza xa cumpre co obxectivo de consumo renovábel que a Unión Europea marca para o ano 2030

As institucións da Unión Europea (UE) chegaron esta quinta feira a un acordo para que 42,5% do consumo de enerxía a nivel comunitario chegue a través de fontes de xeración renovábel no ano 2030, un obxectivo que a Galiza xa cumpre desde 2020. Até 46,2% da enerxía empregada no país no ano 2020 proviña de fontes de xeración renovábeis.
A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, e a presidenta do Banco Central Europeo, Christine Lagarde, esta sexta feira (Foto: Alexandros Michailidis / European / DPA).
star
ECONOMÍA

A caída de 15% do Deutsche Bank na apertura do día xera turbulencias na bolsa da UE

A caída de perto de 15% do Deutsche Bank esta sexta feira na apertura da bolsa activou todas as alarmas nunha xornada en que o sector bancario da Unión Europea (UE) experimentou fortes caídas de valor. A cimeira de xefes de Estado e de Goberno da UE viuse marcada por unha xornada de inestabilidade no sector bancario, e os líderes comunitarios apostaron por profundar na Unión Bancaria.
Á esquerda, o ministro español de Agricultura e Pesca, Luis Planas, durante un receso das reunións que mantivo esta segunda feira en Bruxelas.
star
ECONOMÍA

Os Estados da UE critican a "condena" á pesca de arrastre e piden a Bruxelas revisar as medidas

Ministros e ministras de Pesca dos Estados da Unión Europea defenderon esta segunda feira a necesidade de que Bruxelas acceda a desenvolver unha revisión das medidas de limitación das capturas coa participación dos Estados membros e do propio sector afectado. As delegacións ministeriais comunitarias coinciden na súa denuncia aos plans da Comisión Europea para limitar as capturas.
Protesta fronte a fábrica de Alu Ibérica, na Coruña, o pasado 14 de marzo. (Foto: Europa Press)
TRABALLO

A UE impulsa a recolocación do persoal de Alu Ibérica

Bruxelas propón 1,2 millóns de axudas.