Blue Star

2020030711260619367
SOCIAL

O rescate do 'Blue Star' supuxo un gasto de 1,2 millóns, que deberá asumir a aseguradora

As tarefas de rescate do buque ' Blue  Star', que encallou a noite do 22 de novembro pasado na costa de Ares, levadas a cabo por Salvamento Marítimo tiveron un custo de 1,2 millóns de euros, segundo informou o Goberno central en contestacións por escrito a preguntas do BNG no Congreso.

 

blue star ipantallazo tvg
SOCIAL

O buque 'Blue Star' non se reparará en Navantia Ferrol e trasladarase a Turquía

Alí será despezado. O barco non se reparará polo elevado custo dese traballo.

O 'Blue Star' nas instalacións de Navantia. (Europa Press)
ECONOMÍA

O 'Blue Star' xa está nun dique de Navantia para a súa reparación

O barco trasladouse esta madrugada desde Curuxeiras ás instalacións do estaleiro público.
blue star ipantallazo tvg
SOCIAL

O ‘Blue Star’ volve navegar

Logran desencallar o quimiqueiro após 18 días varado en Ares. O buque navega cara ao porto de Ferrol para unha inspección.

blue star (Iago Varela)
SOCIAL

O ‘Blue Star’ non se move

O segundo intento en doce horas de desencallar o buque tamén fracasa.

blue star
SOCIAL

Fracasa o novo intento de desencallar o Blue Star

Logrou desprazar a popa uns 8 metros mais sen lograr tirar o buque de onde permanece varado desde 22 de novembro

Remolcadora Union Princess no porto de Ferrol (José R. Montero)
SOCIAL

En marcha os preparativos para o resgate do Blue Star

A empresa holandesa contratada polo armador do Blue Star, SMIT Salvage, e a compañía local Ardentia Marine continúan cos preparativos para retiraren o quimiqueiro, xa sen combustíbel, da costa galega.

Néstor Rego, esta semana no Congreso. (BNG)
POLÍTICA

O BNG e o PSOE intercambian propostas e adían a reunión até a semana próxima

O deputado nacionalista Néstor Rego rexistra no Congreso unha serie de preguntas ao Goberno sobre o protocolo seguido no accidente do Blue Star e avanza que o BNG presentará unha proposición de lei para a transferencia das competencias de Salvamento Marítimo a Galiza.

Trasbase de carburantes e aceites do Blue Star (Julio Iglesias)
SOCIAL

Finalizan os traballos de extracción do combustíbel do Blue Star

O proceso de retirada de carburantes do buque varado na ría de Ares rematou na tarde desta segunda feira, 2 de decembro. Pouco antes, produciuse unha vertedura no mar.

Julio Iglesias Europa Press
SOCIAL

A extracción do combustíbel do Blue Star provoca unha vertedura

Rompeu unha das mangueiras que levaban o fuel e gasóleo de popa a proa. Como resultado deste incidente, produciuse un vertido de "catro metros cadrados sobre o mar, despregándose inmediatamente barreiras", segundo detallou o alcalde de Ares, Julio Iglesias.

F_1_temaPrimeira
SOCIAL

O Blue Star esperta do fondo do mar a pantasma do Prestige

Está Galiza mellor preparada hoxe que en 2002  para evitar e afrontar unha catástrofe marítima? Unha pregunta para a que procuramos resposta neste nº do semanario Sermos Galiza, o 374.
nuncamais
Accidente marítimo

O baleirado do 'Blue Star' comeza este sábado tras adiarse máis unha vez

A plataforma Nunca Máis manifestouse en Ares a pasada sexta feira cando se cumpre unha semana do encallamento do quimiqueiro na ría de Ares, onde alí permanece cunha carga de 100 toneladas de combustíbel no seu interior.

Manifestación de Nunca Máis en Compostela o 04/05/2003
SOCIAL

Nunca Máis chama a mobilizarse: “O Blue Star evidencia a indefensión da costa galega”

Convoca unha concentración en Ares esta sexta feira, ás 20:00 horas, na Praza do Concello. Cualifica de “escandalosa” a falla de información, critica as “decisión tardías e contraditorias” e pide a transferencia a Galiza das competencias en seguridade marítima.

Blue Star (Iago varela)
POLÍTICA

O BNG critica os días transcorridos sen retirar o combustíbel do ‘Blue Star’ e avanza que requirirá responsabilidades

En Marea esixe que o armador do 'Blue Star' asuma todos os gastos da rescate do barco.
blue star ria de ares (Iago Varela)
SOCIAL

O 'Blue Star', en mans da empresa que afundiu o Prestige

O Blue Star continuará sine die na Ría de Ares-Betanzos. A falta de medios e a incapacidade do goberno do Estado para facer fronte á situación, levou a navieira propietaria do buque a poñer en mans da empresa que remolcou o Prestige, o rescate da embarcación, que garda nas súas adegas máis de cen toneladas de combustíbel. Mentres tanto, aumenta a preocupación entre a veciñanza.

O quimiqueiro segue embarrancado (Iago Varela)
SOCIAL

A conselleira de Medio Ambiente confía en que “non haxa contaminación” no desvaramento do ‘Blue Star’

Ángeles Vázquez confía en que o barco sexa desembarrancado “o antes posíbel”.

 

O Blue Star na costa da ría de Ares (Iago Varela)
POLÍTICA

O Goberno español di agora que é “unha prioridade” retirar o combustíbel do 'Blue Star'

Javier Losada, subdelegado do Goberno na Galiza, admitiu na Radio Galega que o buque ten a bordo 45 toneladas de fuel e 60 de gasóleo.
O Blue Star na costa da ría de Ares (Iago Varela)
SOCIAL

Suspenden o rescate do 'Blue Star' ao contratar o armador unha compañía holandesa

SMIT Salvage farase cargo de retirar o buque. Antes deberá presentar un plan de salvamento que terá que aprobar Capitanía Marítima.
Intento de sacar o 'Blue Star' coa pleamar (Iago Varela)
SOCIAL

Novo fracaso de Salvamento marítimo para rescatar o 'Blue Star'

O quimiqueiro continúa na costa de Ares á espera dun novo intento que terá lugar ás 14 horas.
O quimiqueiro segue embarrancado (Iago Varela)
SOCIAL

Fracasa o primeiro intento de sacar o buque 'Blue Star' da costa

O quimiqueiro deberá agardar até a noite deste sábado para o domingo para un segundo intento.