Bildu

Intervención do nacionalista Néstor Rego desde a tribuna do Congreso. (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press)
LINGUA

A lingua galega chega oficialmente ao Congreso: Néstor Rego será o primeiro en usala

Na sesión plenaria desta terza feira na Cámara baixa o parlamentario do BNG falará en galego por primeira vez na historia sen ser interrompido pola Presidencia do Congreso. Rego, igual que os deputados e deputadas de ERC e Junts, empregará sempre a lingua propia do seu país, mentres PNV e EH Bildu avogan por compaxinar euskera e castelán. Algúns deputados do PSOE, como José Ramón Gómez Besteiro por parte da Galiza, anunciaron que tamén botarán man das linguas cooficiais, e o mesmo acontecerá con Sumar.
1561034262
Entrevista

Olaia Duarte (EH Bildu): "Hai que abordar con valentía a cuestión territorial"

Olaia Duarte (Beasain,1988) é concelleira de EH Bildu en Donostia e senadora desta formación. Hoxe participa no congreso organizado por Vía Galega en Compostela cunha palestra sobre o dereito de autodeterminación na UE.

Sesión constitutiva do Congreso dos deputados, o pasado 17 de agosto. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
LINGUA

Rexistrada a 'reforma exprés' que permitiría usar o galego no Congreso xa no debate de investidura de Feixoo

PSOE, Sumar, ERC, EH Bildu, PNV e BNG asinan unha proposición de lei conxunta para modificar o Regulamento do Congreso.
Vista xeral do hemiciclo do Congreso, o pasado 30 de agosto. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

A Mesa do Congreso resolverá hoxe a repartición de escanos no hemiciclo

O PP rexeitou a proposta do PSOE, pois pide todo o terzo dereito sen necesidade de compartilo con Vox. Os socialistas resérvanse o lado esquerdo e o centro, nomeadamente as posicións de maior visibilidade, serían para Sumar e as forzas soberanistas.
Felipe VI con Francina Armengol a pasada na primeira rolda de contactos (Foto: Casa do Rei).
INTERNACIONAL

Felipe VI inicia a rolda de contactos de cara á investidura do presidente do Goberno español

BNG, ERC, Bildu e Junts non recoñecen a autoridade política do Xefe do Estado e non acudirán.

Felipe VI con Francina Armengol a pasada na primeira rolda de contactos (Foto: Casa do Rei).
POLÍTICA

BNG, ERC, Bildu e Junts rexeitan acudir á rolda de contactos con Felipe VI

Tras a constitución das Cortes, a presidenta do Congreso, Francina Armengol, acudiu esta sexta feira á Zarzuela para informar o rei da sesión constitutiva e para lle proporcionar a lista de partidos que mostraran a súa disposición para participar na rolda de consultas.
O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, conversa co presidente do Goberno español, Pedro Sánchez (Foto: Alberto di Lolli / POOL).
23-X

As forzas de esquerda obterían maioría absoluta no Congreso nunha repetición electoral segundo un novo Electopanel

O PSOE, Sumar, Bildu, ERC e o BNG sumarían 176 escanos.
Enquisa 'flash' do CIS.
23-X

O CIS volve situar o PSOE en cabeza e eleva até 0,9% o voto ao BNG

Os socialistas lograrían o triunfo, segundo a enquisa 'flash' do CIS, con 32,2% dos sufraxios, 1,4 puntos por diante do PP. Sumar, con 14,9%, ficaría na terceira posición, e Vox caería á cuarta con 11,8%. O BNG medraría até case duplicar os apoios de 2019.
Arnaldo Otegi e Oriol Junqueras, en rolda de prensa. (Foto: David Zorrakino / Europa Press)
23-X

ERC e Bildu concorrerán xuntos nas eleccións ao Senado

Nacionalistas vascos e cataláns xa compartiran grupo na Cámara alta na última lexislatura.
Alberto Núñez Feixoo, a segunda feira en rolda de prensa en Madrid. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
star
INTERNACIONAL

O PP avanza no Estado español e Bildu supera o PNV

Até 11 comunidades autónomas estarán gobernadas polo Partido Popular a raíz dos comicios da fin de semana, en boa parte delas co apoio do ultraespañolismo de Vox. Mentres, as forzas soberanistas gañaron en votos e en edís nas eleccións municipais en Euskadi e en representantes en Catalunya.
Sen titulo
POLÍTICA

Euskal Herria: EH Bildu é a forza máis votada

Logra os mellores resultados da súa historia, perto de 370.000 votos.

Futuro

O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, durante unha intervención no Congreso (Foto: Carlos Luján / Europa Press).
POLÍTICA

BNG, ERC e Bildu levan ao Congreso a derrogación da reforma laboral de Mariano Raxoi

A iniciativa que se debaterá é unha lei articulada que pretende facer unha reforma integral do Estatuto dos Traballadores e non unha mera recomendación ao Executivo estatal.
Mikel Otero, deputado de EH Bildu no Parlamento vasco. (Foto: Josu Chavarri)
Entrevista

Mikel Otero (EH Bildu): "A eólica non pode avanzar en detrimento doutras actividades como a pesca"

O desenvolvemento da eólica mariña na Galiza, que actualmente concentra catro de cada dez megawatts tramitados a nivel estatal, así como a inminente aprobación dos plans de ordenación do espazo marítimo (POEM), segue a marcar estes días a axenda mediática. É por iso que Mikel Otero, deputado de EH Bildu no Parlamento vasco, conversa con 'Nós Diario' para esclarecer as propostas en materia de desenvolvemento enerxético da formación soberanista a teor dunha outra entrevista da que se fixo eco este xornal, que recolleu un extracto da mesma que facía alusión á Galiza e mais a súa costa atlántica. "Non rexeitamos a eólica mariña nin defendemos que Iberdrola vaia á Galiza a espoliar os seus recursos", apunta.
Á esquerda, un parque eólico mariño en Dinamarca; á dereita, o deputado de EH Bildu no Parlamento vasco Mikel Otero. (Fotos: Nós Diario | Europa Press)
POLÍTICA

Bildu rexeita a eólica mariña e cre que as enerxéticas vascas deben centrarse na Galiza

A formación soberanista vasca considera que a eólica mariña aínda precisa de estudos previos para "ver se entra no rango de rendibilidade" antes de se desenvolver.
Euskal Herria acolleu 128 mobilizacións polo Aberri Eguna 2021. Na imaxe, o acto desenvolvido no concello de Arrasate (Foto: Sortu)
INTERNACIONAL

EH Bildu celebra en Iruñea o Aberri Eguna reclamando "paz, democracia e soberanía"

Representantes de BNG, ERC, CUP, Junts per Cat, Esquerra Valenciana, Més Mallorca,  Més Menorca, Andecha Astur e Puyalón de  Cuchas participarán nos actos do Día da Patria.
O secretario xeral de  Sortu,  Arkaitz Rodríguez, durante a asemblea na que se fecha o terceiro Congreso do partido. (Foto: EP).
INTERNACIONAL

Arkaitz Rodríguez, reelixido secretario xeral de Sortu

A formación pide que "Euskal Herria sexa respectada como nación", e reclama o dereito para ter un "Estado decente", para o que avogar por "conformar unha fronte ampla soberanista e progresista".
De esquerda a dereita, Mireia Vehí (CUP), Néstor Rego (BNG), Laura Borràs (Junts), Gabriel Rufián (ERC) e Oskar Matute (EH Bildu), nunha imaxe de arquivo (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
POLÍTICA

Fronte común de BNG, ERC e Bildu contra a "decepcionante" reforma laboral

A portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, e o deputado Néstor Rego ofreceron esta segunda feira unha rolda de prensa co secretario xeral da CIG, Paulo Carril, na que criticaron a reforma de Yolanda Díaz porque "claudica ante a patronal" e "non derroga os aspectos máis lesivos".
sobernaismos
LINGUA

BNG, ERC e EH Bildu logran que se aprobe un fondo de 10,5 millóns para a produción audiovisual en galego, catalán e euskara

Entre 2009 e 2011 existía xa un fondo, a través do Ministerio de Cultura, que apoiaba estas producións mais o Partido Popular eliminouno en 2012.

As forzas soberanistas nunha comparecencia no Congreso. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

E van 13: nova petición do soberanismo galego, vasco e catalán para que o Congreso investigue Juan Carlos I

BNG, ERC, Junts,  PDeCAt, EH  Bildu, e a CUP contan co apoio nesta proposta de Más País e Compromís