Bierzo

20191130-libro-Anexos-BRAG-1
CULTURA

A RAG publica as cartas de Fernández Morales

O volume, que leva por título Cartas e composiciois autógrafas de Antonio Fernández Morales a Mariano Cubí, recolle a correspondencia do pioneiro do Rexurdimento. 
bierzo3
LINGUA

Tres anos consecutivos de aumento do alumnado de galego no Bierzo

O número de crianzas e persoas mozas que estudan este idioma nesa zona supera as 1.100. O ensino do galego esténdese a novos centros de ensino.

Vista panorámica de Santalla do Bierzo (Imaxe: Wikipedia).
Twitter

Así falan no Bierzo

O modelo de contas de twitter «Así falamos en...» ten unha nova adhesión: o Bierzo. A comarca leonesa xa ten un novo espazo na rede para difusión do galego propio da zona.
[Imaxe: Xabier Lago Mestre] Pintada no Bierzo
Lingua

Fala Ceibe esixe ás formacións políticas que defendan o galego no Bierzo

O colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo presentou as súas demandas lingüísticas ás formacións políticas perante a cita electoral do 26 de maio. Emprazan ademais os partidos políticos a rachar “coas dinámicas históricas antigalegas”.

guerr irmandiñ debux
HISTORIA

Os irmandiños bercianos

Pescudamos na revolta irmandiña nos territorios estremeiros do Bierzo da man de Javier Lago Mestre, licenciado en Historia Moderna pola Universidade de Salamanca, que vén de participar no ciclo de conferencias “Economia, História e Realidade Social” organizada pola Asociación Cultural O Facho da Coruña. Eis un extracto do texto, publicado no número 332 de Sermos Galiza.

bierzo3
LINGUA

Máis de 1.100 alumnos de galego no Bierzo e Sanabria

Son 121 máis que no curso anterior. Hai 19 centros de ensino onde se imparte o noso idioma

pacomacias
FRANCISCO MACÍAS, EDITOR

"Non sei por que a cultura galega renunciou a un autor como Fernández Morales"

Edicións Positivas vén de publicar 'Ensayos poéticos en dialecto berciano', un dos primeiros libros en galego do Rexurdimento, asinado por un comandante do exército español, Antonio Fernández Morales, que naceu hai 200 anos en Astorga, aínda que se criou en Cacabelos. Unha xoia aínda por descubrir que agora por fin podemos atopar nas librarías. Falamos co director da editorial, Francisco Macías, un berciano que tamén se une á reivindicación deste autor esquecido pola cultura oficial. 

fdezmorales
BICENTENARIO DO AUTOR DE 'ENSAYOS POÉTICOS EN IDIOMA BERCIANO'

O Bierzo reivindica a Fernández Morales como figura do Rexurdimento

Este sábado 17 de xuño, mentres a RAG elixe o futuro -ou a futura- homenaxeada, no Bierzo réndenlle homenaxe a Antonio Fernández Morales, un autor esquecido a este lado da raia de quen se cumpren este ano 200 anos do seu nacemento. 

Galego no Bierzo_Xunta
LINGUA

Propoñen o berciano Antonio Fernández e Morales para as Letras 2017

Distintos colectivos sociais e culturais promoven a candidatura do escritor co obxectivo de pular polo(re)coñecemento da lingua galega no Bierzo.

LINGUA

O Parlamento insta a Xunta a abrir un diálogo para garantir o ensino do galego no Bierzo

A proposta foi presentada polo BNG e conseguíu o apoio de todos os grupos nunha emenda 'in voce'.

bierzo3
UNHA PROFESORA E UN ALUMNO EXPLICAN A SITUACIóN

O galego en perigo de extinción nas aulas do Bierzo

“Pode ser a morte para o galego” sinala a profesora de Vilafranca Mª Xosé Taibo. “Quen queira estudar galego será discriminado”, explica o alumno Daniel Bernardo Vivero. Achegámonos da súa man ao que pode significar na práctica a reforma que a Junta de Castilla y León anuncia para o vindeiro curso. 

bierzo3
LINGUA

Política Lingüística comprométese co BNG a garantir o estudo de galego no Bierzo

A deputada Ana Pontón transladou ao director xeral as queixas de colectivos sociais e culturais, así como do profesorado, a respeito de que a Junta non está a cumprir o convenio asinado coa Xunta. 

bierzo3
LINGUA

O Bierzo: 31.200 razóns para que non lles corten a lingua

Falar no idioma galego é a expresión máxima dos vínculos históricos e culturais que partillan Galiza e as comarcas do Bierzo e Sanabria. Porén, do outro lado do Telón de Grelos, o recoñecemento desta lingua está na corda bamba.

Imaxe de Bierzo Ceibe
Galiza

Reclámanlle á Xunta que actúe ante a supresión de aulas de galego no Bierzo

A Junta de Castela e León está a suprimir aulas de galego no Bierzo, incumprindo o convenio asinado coa Xunta de Galiza para a promoción da lingua na comarca. Tanto a Academia Galega como o Consello Escolar do IES de Cacabelos -un dos afectados- diríxense ao goberno galego para que faga cumprir o acordo subscrito polas dúas institucións. 

Crecida Sil
Galiza

Un rebentón nunha canle de Endesa no Bierzo provoca unha preocupante crecida no Sil

O río xa anegou terreos dedicados ao cultivo e está próximo a chegar ás vivendas ao seu paso por Valdeorras e terras de Quiroga. A rotura das infraestructuras de Endesa en Toreno (León) e as intensas chuvias, que non son retidas nos montes queimados no verán, provocaron unha rápida crecida.