Berrogüetto

384 entrevista
star
Entrevistas

Guadi Galego: Sempre diversa

Desde os comezos no universo folk de Berrogüetto, pasando por proxectos máis íntimos, o nome de Guadi Galego estaba chamado a se converter en referente innegábel da música galega. O seu percurso en solitario abriu unha fuxida das etiquetas na procura da diversidade como principio absoluto. Con Immersion, un traballo no que a cantante se revisa a si mesma en varias linguas, leva a outro nivel ese ideal co que actualmente se identifica. Coa advertencia de que "podería mudar en calquera momento". Porque a vida, ademais de diversa, é unha aprendizaxe constante.
391 Música
star
Música

Vinte anos de Viaxe por Urticaria

Camiñamos cara a un escenario descoñecido. Músicas e músicos nas súas casas confinados, desde onde lanzamos ao mundo aquelas cancións nas que puxemos a alma toda. Non hai outra forma de comunicar, de seguir adiante traballando no que nos "levanta a paletilla". 
 
GUADI GALEGO_IMMERSION promo2 ©Carlos Abal
Caderno de Verán

Guadi Galego: "O novo disco, máis fresco, sairá en decembro"

Guadi Galego comezou a súa traxectoria musical en 1997 coa banda Berrogüetto, desde entón formou parte de proxectos coma Espido, Nordestin@s ou aCadaCanto. No 2009 sacou ao mercado o seu primeiro disco 'Benzón' ao que seguiron 3 traballos máis e un disco recompilatorio, 'Inmersión', co que xira neste 2020 polo que recibiu o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado.
.
GAñAN TAMéN ANTóN PULIDO, LOIS PATIñO, YOLANDA CASTAÑO E O GRUPO CUEVAS

Freixeiro Mato, X. M. Lema e Berrogüetto acadan os Premios da Crítica

Xosé Ramón Freixeiro Mato, Xosé María Lema, Berrogüetto, o ciclo Poetas Di(n)versos, Antón Pulido, Lois Patiño e o Grupo Cuevas son os Premios da Crítica 2014. 

Berrogüetto
CULTURA

A xira de despedida de Berrogüetto xa ten datas

Comezará o 1 de xuño en Ourense e levará a banda de folque a todas as cidades do país. Berrogüetto anunciou a súa disolución hai dous meses por mor da situación que atravesa a música do país. 

Berrogüetto

O pasado martes unha amiga xornalista chamábame dende a redacción do medio no que traballa para lerme o comunicado de Berrogüetto no que anunciaban a súa disolución logo de dezaoito anos de traballo musical. A nova, malísima para os que nos declaramos admiradores e fans absolutos, tirou de cen millóns de recordos e de lembranzas fermosas que quedarán para sempre comigo.

Berrogüetto
CULTURA

Os adeuses cruzados de Berrogüetto

A noticia correu veloz e con música. Nada máis se coñecer a disolución de Berrogüetto, as redes sociais facíanse eco da despedida. Os propios membros do grupo lembraban os 18 anos compartidos e despedíanse dos compañeiros. A rede axudaba a cruzar os "até logo". 

Uxia
CULTURA

Uxía, Berrogüetto e Carlos Núñez, no Celtic Connections de Escocia

Tres nomes de referencia da música galega participarán a semana próxima no Celtic Connections de Glasgow. Uxía, Berrogüetto e Carlos Núñez asistirán ao que está considerado como o máis relevante festival de música celta europeo.

cartaz da nova xira de Berrogüetto
CULTURA

Berrogüetto de andar por casa

Será o próximo día 22 no Teatro Colon da Coruña. Berrogüetto comeza unha singular xira de seis concertos, a primeira en formato acústico na súa historia de 17 anos. Unha “Xira de andar por casa” moi propia para o ambiente familiar do Nadal.