benestar

Rehabilitación dunha vivenda tradicional en Cea, na comarca do Carballiño (Foto: Dennys Martin).
star
Reportaxes

Quico Jorreto: Benestar

A vivenda é un dereito pero tamén é un pracer. Habitar é unha necesidade ao tempo que pode ser unha experiencia gozosa. Quico Jorreto deseña casas para vivir ben. Este arquitecto está especializado en construír fogares acolledores e espazosos, ao tempo que ten investigado as posibilidades de facer vivenda accesíbel para toda a sociedade.

Na procura de acubillo: cando a fuxida é a única opción

As persoas propietarias de mascotas deben ter durante toda a vida do animal un seguro de responsabilidade civil. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Sete preguntas e respostas sobre a nova Lei de benestar animal

O texto, entre outras cuestións, prohibe a venda de animais en tendas, o uso de animais en circos e beléns, a súa exhibición en zoos e novas obrigas para os donos e donas.
Cans de pastoreo acompañan un rabaño de cabras polo monte común de Borreiques, Guntín. (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
POLÍTICA

Apróbase a Lei de benestar animal sen cans de caza nin touros

O Goberno do Estado aprobou definitivamente a Lei de benestar animal que exclúe tanto cans de caza como os espectáculos taurinos e que centra os seus contidos nos animais de compañía: maltrato, abandono e sacrificio cero.
A normativa acompaña o Plan estratéxico para a aplicación no Estado español da Política Agraria Común (Foto: Chayakorn).
ECONOMÍA

Entra en vigor un novo decreto que regula o benestar animal nas granxas

A normativa impón valores de densidade de animais nas explotacións.

O gran xogo

Congreso dos deputados. (Foto: Congreso)
POLÍTICA

O Congreso aproba a lei de benestar animal que exclúe as touradas e os cans de caza

A norma de benestar animal obtivo os 174 votos a favor de PSOE, UP, ERC, EH-Bildu e CUP; a abstención de BNG, Teruel Existe e Compromís e 172 votos en contra do PP, Vox, Cs [que inicialmente anunciara a súa abstención], PNV, PdeCat, Junts per Cat, Máis País-Verdes Equo, UPN, Foro Asturias e PRC.
Activistas defensoras da Lei Trans celebran o avance do texto no Congreso, esta quinta feira. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
POLÍTICA

As leis trans, do aborto e de benestar animal avanzan no Congreso a pesar do intento de bloqueo das dereitas

"Cada vez que hai un avance social o PP votou 'non' e recorreu nos tribunais", reprochou a bancada socialista.
A residencia privada DomusVi de Outeiro de Rei foi intervida pola Xunta durante a pandemia (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
O investimento da Xunta da Galiza nos servizos sociais está por baixo dos niveis de 2009

O "malestar" do sistema de benestar en 8 datos

O sistema de benestar é un indicador básico para determinar a calidade democrática dunha sociedade. A Galiza presenta nesta materia algúns dos peores datos do conxunto estatal. Nós Diario analiza o funcionamento dos servizos de carácter básico após os 13 anos de Núñez Feixoo á fronte do Goberno galego.

Mobilización en Compostela en 2019 en defensa da Atención Primaria. (Foto: Europa Press).
O investimento sanitario en mínimos

Galiza á cola do Estado en investimento en Atención Primaria

O investimento en Atención Primaria da Xunta da Galiza sitúase en 182, 3 euros por habitante. Mentres no conxunto do Estado o diñeiro destinado a sufragar os servizos sanitarios non hospitalarios e especializados representa o 14,2% do gasto total en saúde, na Galiza esa cifra colócase en 11,9%. Así as cousas, o Goberno galego só supera en esforzo inversor en Atención Primaria ao Executivo madrileño e o das Illes Balears, ficando moi lonxe dos territorios de cabeza como Estremadura ou Castela-A Mancha. Os déficits na calidade asistencial teñen unha explicación clara
1,3
SOCIAL

O galego é o Goberno autonómico que menos diñeiro achega ao servizo de dependencia

As cifras achegadas no último informe da Asociación de Directores e Xerentes de Servizos Sociais do Estado volven pór en evidencia a precariedade dos servizos sociais na Galiza. Os datos deste relatorio inciden nos achegados nas  anteriores anualidades e certifican o nivel de subdesenvolvemento do sistema galego de benestar.

Os expedientes da dependencia acostuman rexistrar amplos atrasos no país. (Foto: Europa Press)
star
SOCIAL

O sistema galego de benestar, vítima dun investimento en mínimos que o sitúa á cola do Estado

A asociación de Directores e Xerentes de Servizos Sociais do Estado vén de ser a última entidade en erguer a voz de alarma sobre a situación do sistema galego de benestar. Así, no seu acabado de publicar informe de 2020 sitúa a Galiza nos postos de cola a nivel de Estado e avanza na dirección de anteriores traballos que advirten do deterioro dos servizos públicos no noso país. O modelo de atención ás persoas maiores, nomeadamente no referido á cobertura e xestión das prazas residenciais e ao funcionamento dos programas da dependencia, é o que máis preocupa.
Concentración do persoal do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar en San Lázaro (Foto: Europa Press).
TRABALLO

O persoal do Consorcio de Benestar clama pola estabilidade ante a convocatoria de oposicións

A Consellaría de Política Social cifra en 43% o seguimento da folga convocada por CNT. As e os empregados lamentan que na oferta de emprego público non se vaia ter en conta a experiencia nin a antigüidade.
[Imaxe: Cedida] Ánxela Franco
Ánxela Franco Pouso, deputada na Deputación da Coruña

“O BNG veu á Deputación para cambiala”

Desborda enerxía. Anuncia que, de comezar a citar os proxectos que impulsa desde a Área de Igualdade e Benestar Social da Deputación da Coruña que ela dirixe, precisaría dun tempo que excede esta entrevista. Ánxela Franco Pouso, concelleira do BNG en Porto do Son, defende que a área de servizos sociais é un investimento no máis urxente e necesario e critica que o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, “siga tratándoa como área de gasto”. Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 284.

unnamed-19
Acto do BNG e de Galiza Nova

Soberanía e benestar social para superar unha constitución esgotada

Con motivo do 6 de decembro, día en que se conmemora o aniversario da constitución española, o BNG desenvolveu un acto en que reivindicou o dereito de Galiza a decidir e en que equiparou soberanía con benestar social.

TRABALLO

Máis de mil sinaturas contra a precariedade no Consorcio de Igualdade e Benestar

Delegad@s da CIG e persoal concentráronse ás portas do organismo para defender a aplicación do convenio e o mantemento dos postos de traballo.

O COMITé DE EMPRESA ANUNCIA MOBILIZACIóNS

Denuncian condicións laborais “de escravitude” en centros de día e menores

O Comité de Empresa dos centros responsabilidade de Traballo e Benestar acusan a conselleira Beatriz Mato de impoñer unas condicións laborais “de escravitude e de crueldade física e psicolóxica”.

E ADVIRTE DA FALTA DE MATERIAL

A CIG denuncia “sobreexplotación” nos centros dependentes de Benestar

A Consellaría de Traballo e Benestar non cobre as vacacións do persoal de atención de directa e fai contratos en precario para o persoal das listaxes de substitución. Esta é a principal denuncia que fai a CIG en relación ás condicións de traballo nos centros dependentes de Benestar, onde escasean cueiros, toallas e mesmo sabas.

SOCIAL

O TSXG confirma a ‘’ilegalidade’’ das quendas de 1.300 traballadores da Consellería de Benestar

Este persoal laboral presta os seus servizos nunha ducia de centros da provincia da Coruña. A Xunta fixou quendas de 7 días de traballo seguidos ou a libranza dun único domingo ao mes.

2014-10-29 17.46.20
SOCIAL

O centro San Francisco exixe solucións á conselleira de Benestar

Centos de persoas concentráronse ás portas do Parlamento para demandar o mantemento do centro de atención especial.