Begoña G. Alén

Pormenor dunha páxina de 'Adeus amigos'.
star
Banda Deseñada: 'Adeus amigos', de Begoña García-Alén

"Era un barco ben pequeno…"

Begoña é unha autora cun estilo propio, que soborda os camiños máis usuais e transitados do cómic e busca nos límites da linguaxe.
Begonha1
star
Entrevistas

Begoña G. Alén: "Non penso no lector cando traballo, pero entendo que unha historia para ser completada necesita ser lida"

Begoña García-Alén gañou o Premio Castelao de BD do ano 2020 coa obra Adeus amigos na que conta o estraño caso da desaparición do artista Bas Jan Ader nos anos setenta. Vén de ver a luz recentemente, xunto coa gañadora do ano pasado. Logo de oito anos desde a publicación da súa primeira obra esta viguesa segue sorprendendo a público e crítica coa capacidade para conceptualizar, para experimentar coa linguaxe do medio e buscar novas vías discursivas, co seu estilo, minimalista e sintético e abandeirado na onda máis experimental da banda deseñada.