Baile

11222048_369111609945393_861418014428907935_o
CULTURA

Galiza, o país das mil foliadas: estas son as que non podes perder

A música tradicional é un punto de unión e de comunidade para a sociedade galega. Os sons das pandeiretas e das gaitas nas foliadas enchen todos os recunchos da Galiza, facendo que as rúas e as prazas do territorio galego sexan unha gran festa. Mais, cantas foliadas hai no país? Aquí tes algunhas delas.

Bailadoras e bailadoras en 'Ceibe'. (Foto: Aigi Boga)
star
Reportaxes

'Ceibe': a danza liberadora de Fran Sieira

Danza para explorar os grandes temas sociais e expresar as inquedanzas persoais. Fran Sieira fusiona o baile tradicional co contemporáneo e convida o público a compartir historias e emocións nunha experiencia única. Mentres artistas como Mondra ou Tanxugueiras triunfan levando o tradicional á vangarda coa música, Sieira destaca na danza. A pesar de ser unha disciplina con menos popularidade, o seu traballo mostra de que forma a danza pode estar ao servizo dos grandes temas que preocupan e achegar valor cultural. Fran Sieira é un exemplo de como a tradición pode inspirar a arte contemporánea e é un dos grandes protagonistas deste doce momento que vive a cultura galega.
Dores André está considerada unha das dez mellores bailarinas do mundo. (Foto:  Kuyler Ballett Zuerich)
star
Entrevistas

Dores André, a arte necesaria

Dores André (Vigo, 1985) é considerada polos máis prestixiosos nomes da coreografía como unha das dez mellores bailarinas do mundo, pero ter logrado as máis altas cotas de poder non lle afasta eses pés en punta do chan: Mantén os desexos de aprender e a modestia de outorgarlle á sorte un papel no seu éxito, malia que sendo aínda unha nena tivo que afastarse do fogar para formarse e chegar a ser a primeira bailarina do ballet de San Francisco. A súa espiña: non ter actuado nunca na Galiza onde, di, a cultura non ten apoio institucional dabondo.
Hernández, Sutil, Díaz, Ferreiro e Fridman, esta segunda feira en Narón. (Foto: Nova Galega de Danza)
CULTURA

Nova Galega de Danza celebra 20 anos co espectáculo 'Berro'

A primeira actuación terá lugar o vindeiro 30 de setembro.
xabier maceiras
CULTURA

Xabier Maceiras: "Nos 50 había máis salas de bailes na Coruña que en Barcelona ou Madrid"

O escritor, historiador e documentalista Xabier Maceiras está a presentar o seu novo libro,Os bailes dos avós. Músicas e salóns da Laracha de antano. O libro está prologado por Xabier Díaz, que residiu varios anos en Laracha.